O TORIBIÑO MANDA

EN TEMPO DE ENTROIDO...

MANDA O TORIBIÑO!!!

O LUNS, TRAER Á ESCOLA ALGO NO PESCOZO!!!

O MARTES, TER ALGO NA CARA...

 O MÉRCORES, ALGO NA CABEZA...

O XOVES, PARA IR INDO, TODO O QUE LEVABAMOS ...

E ZAPATOS DISTINTOS!!!

E O VENRES...A CORRER O ENTROIDO!!!

MIRA AS NOVAS DO ENTROIDO NA ESCOLA DE

Pazo

Cruceiro

Capela

Fotos da festa en Vacariza

Fotografías tomadas polo alumno Anxo Domínguez Cervera (Escola de Abuin)

 

COÑECEMENTO DA CONTORNA

María José Fungueiriño, axente de emprego e desenvolvemento local do concello, realizou o martes 22 de febreiro ante o profesorado do CRA unha interesante exposición sobre a situación socioeconómica de Rianxo.
Esta charla enmárcase dentro das sesións de coñecemento da contorna realizadas nas reunións de coordenación do profesorado do centro. 
 

EDUCACIÓN NUTRICIONAL

Durante os día 15, 16 e 17 de febreiro, e dentro do programa de "Educación para a saúde" que se está a desenvolver este curso no noso centro, a psicóloga Aurea Brea, a pedagoga Marta Montero e a técnica superior en educación infantil Nuria Romero, realizaron talleres nas distintas escolas co obxecto de reforzar a educación nutricional temperá e desenvolver un programa de prevención primaria dos desordes alimenticios.

Podedes observar o desenvolvemento desta actividade nas escolas de:

RAÑÓ

ABUÍN

ALBUM DE FOTOS

AXUDAS POR FILLOS/AS MENORES

 

Na sección PAIS/NAIS deste portal, no apartado de novas publícase información sobre a convocatoria de axudas por fillos menores que convoca a Consellería de Traballo e Benestar.

DÍA DOS HUMIDAIS

UNHA NOVA CELEBRACIÓN DA NATUREZA:

O DÍA DOS HUMIDAIS.

COMO NOS LEMBRA VOZ NATURA, EN GALICIA TEMOS CINCO ESPAZOS PROTEXIDOS E MÁIS DE 1.000 HUMIDAIS IMPORTANTES RECOLLIDOS NO REXISTRO DE HUMIDAIS GALEGOS.

DOUS DELES PERTENCEN Á NOSA CONTORNA:

PONTE BELUSO E O ESTEIRO DO ULLA.

 

DÍA DA CANDELORIA

Despois do Día da Paz, recibimos a Candeloria con toda a alegría e amor da natureza.

"Tanto que din que o meu amor
quere algún día ser esa flor
o meu segredo hei de coidar
para te saber a ti namorar".

♣ 

Escoitade a Faltriqueira cantar esta estrofa en:

http://www.ghastaspista.com/lfaltriq.htm#4

A Candeloria na escola de:

CRUCEIRO

PAZO

POLA PAZ

O DÍA 30 DE XANEIRO LÉMBRANOS QUE A PAZ A TEMOS QUE PROCURAR TAMÉN O RESTO DOS DÍAS DO ANO.

PARA AVANZAR NESTA PROCURA, ACHEGAMOS DENDE ESTA NOVA DISTINTAS PROPOSTAS PARA TRABALLAR NA ESCOLA E NA CASA...

UN ACHEGAMENTO Á DIFICIL VIDA DOS REFUXIADOS SAHARAUIS...

 

 

 

ÁS VECES, Á SOLUCIÓN ÓS PROBLEMAS É MÁIS SINXELA DO QUE PODE PARECER...

NA ESCOLA DE OUTEIRO ELABORARON A SÚA PROPIA PRESENTACIÓN DA ANTERIOR HISTORIA:

" Por cuatro esquinitas de nada "

DENDE A ESCOLA DE RAÑÓ CHÉGANOS A PROPOSTA DE XOGAR Á PAZ NA REDE...

http://www.edu.xunta.gal/centros/crarianxo/node/948

 

LIBROS POLA PAZ

A PAZ NAS ESCOLAS

Escola de Capela

Pazo infantil

Pazo primaria. Pazo primaria

Escola de Rañó

Escola de Cruceiro

 

 

FESTIVAL DE NADAL

O MÉRCORES 22 DE DECEMBRO, O CRA DE RIANXO PORÁ FIN Ó PRIMEIRO TRIMESTRE DESTE CURSO COA CELEBRACIÓN NO AUDITORIO MUNICIPAL DO FESTIVAL DE NADAL 2010.

PODEDES CONSULTAR O PROGRAMA NO DOCUMENTO ADXUNTO 

O POLIÑO FEO

NA MAÑÁ DO LUNS 13 DE DECEMBRO AS ESCOLAS DO CRA TRASLADAMONOS ATA O AUDITORIO DE RIANXO PARA ASISTIR A REPRESENTACIÓN DE "O POLIÑO FEO", ESPECTÁCULO DE LUZ NEGRA CON MÚSICA EN DIRECTO, A CARGO DA COMPAÑÍA VIRAVOLTA TÍTERES

O poliño feo. Escola de Capela

O poliño feo. Escola de Cruceiro

Distribuir contido