DÍA DO LIBRO

" Fermoso este libro web dedicado a Novoneyra ..." di Antonio García Teijeiro do libro "Para que eu soñe " creado no pasado curso escolar nas aulas do CRA de Rianxo.
Este curso, para celebrar o Día Mundial do Libro, querémosvos convidar a reler os distintos libros web creados no noso centro nos derradeiros cinco anos

LIBRO DA AUGA

PARA QUE EU SOÑE

LIBRO DE RIANXO

O GATO CEGATO

FRORIÑAS DOS BALADOS

POLIDEPORTIVO

DURANTE A PRIMEIRA SEMANA DE ABRIL AS DISTINTAS ESCOLAS DO C.R.. REALIZARON A SESIÓN SEMANAL DE PSICOMOTRICIDADE NO POLIDEPORTIVO DE RIANXO.

AS SESIÓNS FORON COMPLEMENTADAS CON ACTIVIDADES SOBRE A AUGA NA AULA ACTIVA DO MAR

A HORA DO PLANETA

ESTE SÁBADO, DÍA 26 DE MARZO, DE 20:30 A 21:30 HORAS, CELÉBRASE A HORA DO PLANETA.
DURANTE ESA HORA, MILES DE PERSOAS, EMPRESAS E ORGANISMOS DE TODO O MUNDO APAGARÁN AS SÚAS LUCES, FACENDO UN CHAMAMENTO A UN USO MÁIS SOSTIBLE DA ENERXÍA EN BENEFICIO DA NATUREZA E  DE TODOS NÓS.
O SÁBADO 26 APAGA A LUZ, ENCENDE O PLANETA!!

CONCERTO DIDÁCTICO

VARIOS MEMBROS DA ESCOLA DE MÚSICA DE RIANXO ESTÁN REALIZANDO NAS NOSAS AULAS O CONCERTO DIDÁCTICO " A FRAUTISTA DE HAMELIN".

A OBRA, DE COMPOSICIÓN PROPIA, ESTÁ DIRIXIDA A TODA A COMUNIDADE ESCOLAR: MESTRES, ALUMNOS E FAMILIAS
*
CONSULTADE ESTA NOVA NA

Escola do Pazo

Escola de Cruceiro

Escola de Rañó

Escola de Capela

DÍA MUNDIAL DA AUGA

EN 1992, A ORGANIZACIÓN DAS NACIÓNS UNIDAS DECLAROU O 22 DE MARZO DÍA MUNDIAL DA AUGA.

Ó REDOR DESTA DATA CONVÍDASE ÓS PAÍSES A REALIZAR ACTIVIDADES RELACIONADAS COA CONSERVACIÓN DA AUGA.

NÓS, DENDE O NOSO CENTRO, FACEMOS EXTENSIVA ESTE CONVITE A TODOS OS MEMBROS DA NOSA COMUNIDADE EDUCATIVA E ANIMÁMOLOS A LER O NOSO LIBRO WEB DESTE CURSO :

O LIBRO DA AUGA

MÚSICA ACUÁTICA

A PRINCIPIOS DO SÉCULO XVIII ( XA VAN ALÁ 300 ANOS ), GEORG FRIEDRICH HAENDEL COMPUXO UNHA MÚSICA ESPECIAL.

O REI DE INGLATERRA QUERÍA ESCOITAR UN CONCERTO MENTRAS NAVEGABA POLO RÍO TÁMESIS E, COMO DAQUELA A MÚSICA NON SE PODÍA GRAVAR, HAENDEL COMPUXO TRES SUITES DE MÚSICA ACUÁTICA  PARA QUE CINCUENTA MÚSICOS A INTERPRETASEN NUNHA BARCA QUE NAVEGABA A CARÓN DA DO REI.

RUBÉN, O NOSO PROFESOR DE MÚSICA, PRESENTOUNOS A HAENDEL E A SÚA MÚSICA ACUÁTICA NAS SESIÓNS QUE REALIZAMOS DURANTE A PASADA SEMANA EN ASADOS.

CON ESTA HISTORIA, REMONTÁMONOS A AQUELA ÉPOCA E POIDEMOS SENTIRNOS MÚSICOS NA BARCAZA OU DANZANTES NUN SALÓN REAL.

Concerto da Escola de musica de Rianxo

19/03/2011 12:00
23/03/2011 12:00

Os días 22 e 23 de marzo terán lugar os concertos de alumnos da Escola de Musica de Rianxo co seguinte calendario e horario

MARTES 22: 9:30 a 10:30, Quintáns e Vacariza., 11:00 a 12:00 Abuin e Rañó, 12:30 a 13:30 Pazo.

MÉRCORES 23: 9:30 a 10:30 Capela, 11:00 a 12:00 Cruceiro, 12:30 a 13:30 Cuvide e Outeiro

AUGAS FALADAS E ESCRITAS

MEUS AMIGOS, MIÑAS AMIGAS

SEI QUE A AUGA LEVA FORMANDO PARTE DA  VIDA DO NOSO CRA DENDE HAI XA MOITOS MESES.

OS TRABALLOS EXPOSTOS NO LIBRO DA AUGA, OS DISFRACES DE ENTROIDO, OS LIBROS SOLICITADOS EN PRÉSTAMO NA NOSA BIBLIOTECA, A VISITA DE JOSÉ MARÍA AS NOSAS ESCOLAS...TODO VAI FLUÍNDO POLO REGUEIRO DESTA AUGA QUE NOS ENCHOUPA NESTE CURSO...

E ESTE REGUEIRO, MANSO E CONSTANTE, ARRÁSTRANOS NOVAMENTE DURANTE ESTA SEMANA Á NOSA BIBLIOTECA DE ASADOS PARA DESCUBRIR NOVAS AUGAS ESCRITAS E FALADAS.

ALÍ NOS VEMOS...

O VOSO AMIGO,

DANIEL


Consulta as novas da escola de Rañó
O DÍA MUNDIAL DA POESÍA

GOZANDO COA MÚSICA E COS CONTOS

 a nova de Cruceiro
REINA BATATA

e a nova de Capela
AULA DE MÚSICA E BIBLIOTECA

MESTRE DA PALABRA

José María Rodríguez é mestre da palabra.  Gústalle investigar sobre os nomes das cousas: faloupa, segurella, trabe, bailadora, reducio, canle, pendón, pabón, proia... 

É mestre da auga e dos seus usos, dos muiños, do millo. 

É mestre de poesías, algunhas escritas por él.

E como ademais foi mestre de nenos e nenas, estes días estanos a visitar nas nosas escolas para acompañarnos no descubrimento dos nomes das cousas, da auga e dos muíños, da poesía...

Consulta a visita de José María á escola de Rañó

Distribuir contido