PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS

A CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA VEN DE PUBLICAR A RESOLUCIÓN PROVISIONAL DO PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES PARA O CURSO 2011-2012.

O C.R.A. DE RIANXO APARECE SELECCIONADO NESTA RESOLUCIÓN COMO CENTRO A INTEGRARSE NO PLAN DE MELLORA PARA O VINDEIRO CURSO ESCOLAR.

NORABOA A TODAS AS AMIGAS E AMIGOS DE DANIEL!!!

ANIMACIÓN LECTORA

NA BIBLIOTECA DO C.R.A. DE RIANXO ESTANSE A DESENVOLVER DISTINTAS SESIÓNS DE ANIMACIÓN Á LECTURA DIRIXIDAS ÁS FAMILIAS DOS NOSOS ALUMNOS.

DESTA VOLTA, DANIEL QUIXO ABRIR A SÚA BIBLIOTECA ÓS PRIMEIROS RESPONSABLES DA INTRODUCIÓN DOS NOSOS PEQUENOS NO MUNDO LECTOR.


DANIEL SÁBECHE MOI BEN O QUE FAI...!

ver

O pracer da lectura

TEATRO

A A.N.P.A. "IRMÁNS ÍNSUA" DO CRA DE RIANXO VEN DE CONVIDAR A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA A UNHA DOBLE SESIÓN DE TEATRO NO AUDITORIO MUNICIPAL.

POR UNHA BANDA, A DESTERNILLANTE REPRESENTACIÓN DE " OS SETE MAGNÍFICOS MÁIS UN " (QUE VEÑEN SENDO DOUS...).

POR OUTRA, A MOSTRA DO TRABALLO REALIZADO NO OBRADOIRO DE TEATRO PROMOVIDO POLA ASOCIACIÓN DE PAIS E NO QUE PARTICIPAN NENOS DA VACARIZA, PAZO, CAPELA, CRUCEIRO...(E QUE VEÑEN SENDO MÁIS DE SETE ...)

FOI UNHA MAÑÁ BEN TEATREIRA !!!


CONVIVENCIA

O VENRES 3 DE XUÑO AS ESCOLAS DE OUTEIRO E CUVIDE RECIBIRON A UN GRUPO DE ALUMNOS, ALUMNAS  E MESTRAS DA ESCOLA DE AGUIÑO (RIBEIRA)

NA XORNADA DE CONVIVENCIA QUE COMPARTIRON HOUBO TEMPO PARA O XOGO, A APRENDIZAXE, O PASEO E A BOA ALIMENTACIÓN .

*

 O XOVES DÍA 2,  OS ALUMNOS E ALUMNAS DAS ESCOLAS DE CAPELA, OUTEIRO, CRUCEIRO E CUVIDE QUE VAN CAMBIAR DE CENTRO NO VINDEIRO CURSO ESCOLAR, COMPARTIRON UNHA XORNADA DE CONVIVENCIA CO ALUMNADO E PROFESORADO DO C.E.P. BREA SEGADE (TARAGOÑA).

OS ALUMNOS DE VACARIZA, QUINTÁNS, RAÑÓ, ABUÍN E PAZO REALIZARON TAMÉN UN ENCONTRO COS FUTUROS COMPAÑEIROS E PROFESORES DO C.E.I.P. CASTELAO (RIANXO) O VENRES 3 DE XUÑO

*

Ver

Rianxo e Aguiño

PIRAGÜÍSMO

OS ALUMNOS DE PRIMARIA DO CRA DESPRAZÁRONSE O PASADO MÉRCORES 1 DE XUÑO ATA O VECIÑO CONCELLO DE VALGA PARA REALIZAR UNHA ACTIVIDADE DE INICIACIÓN Ó PIRAGÜÍSMO.

CONSULTADE ESTA NOVA EN...

Vogando

Piragüísmo

Practicando o piragüísmo

Educación física

GRANXA ESCOLA

0 24 DE MAIO TÓDALAS ESCOLAS DO CRA REALIZAMOS UNHA EXCURSIÓN Á "GRANXA ESCOLA BERGANDO", EN NEGREIRA.
FOI UNHA INTENSA XORNADA CHEA DE ACTIVIDADES: A  COCIÑA,  A HORTA, A EQUITACIÓN, OS ANIMAIS E OS XOGOS, ENTRE  OUTROS, TIVÉRONNOS BEN  OCUPADOS E CONTENTOS TODO O DÍA...

ver

Excursión á granxa. Escola de Cruceiro

Granxa Escola Bergando. Escola de Capela

Vamos de excursión á granxa escola. Escola de Rañó

Un día na granxa escola. Escola de Pazo

CARREIRA DAS LETRAS

UN ANO MÁIS ( E XA VAN UNHA CHEA DELES ! ),  FAMILIAS, ALUMNOS E PROFESORES  DO C.R.A DE RIANXO XUNTÁRONSE NA ÁREA RECREATIVA DE CAMPO MANEIRO ( TARAGOÑA ) CO ALUMNADO E PROFESORADO DE 1º, 2º E 3º DE EDUCACIÓN PRIMARIA DO C.E.P. " BREA SEGADE " PARA CELEBRAR AS LETRAS GALEGAS.
O DEPORTE, A CULTURA, A ALIMENTACIÓN SAUDABLE E A CONFRATERNIZACIÓN FORON OS INGREDIENTES BÁSICOS DESTA FERMOSA XORNADA.

ver
Carreira das Letras galegas

Festexamos as nosas letras

A nosa carreira ...

Carreira das letras

CRÍAS DE ÁGUIA IMPERIAL

NO PARQUE NACIONAL DE CABAÑEROS ( CASTELA- A MANCHA), ACABAN DE NACER TRES CRÍAS DE ÁGUIA IMPERIAL.
SE PICAS NESTE ENLACE PODERÁS CONECTAR CUNHA WEBCAM QUE AMOSA AS IMAXES EN DIRECTO DO NIÑO

http://82.98.163.12/aguilaimperial/webcamcabaneros.php

AGASALLO DE DANIEL

DANIEL VEN DE DEIXARNOS ESTES DÍAS NA SÚA BIBLIOTECA, NA NOSA BIBLIOTECA, UN AGASALLO PARA CADA ESCOLA.

GUSTOUNOS REENCONTRARNOS, Ó ABRIR O PAQUETE, CON "LA FÁBRICA DE NUBES" E " CHOVE NOS VERSOS"
.
GUSTOUNOS DESCUBRIR TAMÉN " O MAGO GOMA".
POIS SI QUE É UN AGASALLO BEN AXEITADO PARA ESTE MES DAS LETRAS...!

GRAZAS, DANIEL!!!

RECOLLIDA DE ALIMENTOS

A ONG SOLIDARIEDADE GALEGA CO POBO SAHARAUI EXPRÉSANOS A SÚA GRATITUDE POLA RESPOSTA DADA EN RIANXO Á CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ALIMENTOS PARA OS REFUXIADOS SAHARAUIS.

OS ALIMENTOS FORON RECOLLIDOS EN DISTINTAS ESCOLAS DO CRA DE RIANXO E EN VARIOS SUPERMERCADOS DO CONCELLO.

Distribuir contido