BABAR, O ELEFANTIÑO

O XOVES DÍA 4 DE DECEMBRO OS  NENOS E NENAS DE INFANTIL   DE TÓDALAS ESCOLAS DO C.R.A. IREDES AO AUDITORIO DE SANTIAGO A  VER E ESCOITAR "BABAR".                       

CANTO ME ALEGRA!

ESPERO VER NESTAS PÁXINAS  UN BÓ FEIXE DE NOTICIAS E DEBUXOS SOBRE ESTE ELEGANTE ELEFANTIÑO!

E SE QUEREDES SEGUIR GOZANDO DE BABAR TODO O ANO PEDÍDELLE AS VOSAS PROFES QUE VOS LEVEN EN PRÉSTAMO DA BIBLIOTECA DE ASADOS  O FERMOSO CONTO

 " HISTORIA DE BABAR EL ELEFANTITO "

DO AUTOR FRANCÉS JEAN DE BRUNHOFF, PUBLICADO POLA EDITORIAL ALFAGUARA. PARA OS VOSOS COMPAÑEIROS MÁIS PEQUERRECHOS PODÉDESLLES PEDIR TAMÉN ALGÚN DOS TÍTULOS DA COLECCIÓN BABAR  PUBLICADOS EN GALEGO POLA EDITORIAL BEASCOA.

ESPERO RECIBIR PRONTO NOVAS VOSAS.

UNHA APERTA.

DANIEL. 

( CASE ME ESQUEZO! TENDES XA NAS ESCOLAS OS CARNÉS DO NOSO CLUB DE LECTORES? E OS CADERNOS DE TRABALLO ? CONTÁDEME, CONTÁDEME!)

DANIEL

   
EU SON DANIEL.
   
FAI TEMPO XA QUE ESTOU NAVEGANDO CON VÓS POR ESTAS SORPRENDENTES PÁXINAS QUE IDES ELABORANDO DÍA A DÍA.
   
REPARÁRADES EN MIN?
   
ESTOU AQUÍ, NA BEIRA DEREITA, NO RECUNCHO DA BIBLIOTECA
E É QUE A MÍN, COMA A VÓS, SEINO, APASIÓNAME OS LIBROS, OS QUE CONTAN HISTORIAS E OS QUE FALAN DO MUNDO E OS SEUS TEATROS.
   

ENTEREIME HAI UNS DÍAS, LENDO UNHA DESTAS PÁXINAS, QUE HABEDES VIR A ASADOS ( A PROFESORA DE MÚSICA TENVOS PREPARADA UNHA BOA ! ) E PENSEI QUE QUIZAIS QUIXERADES PASAR A SAUDARME.
   
EU ESTAREI NA BIBLIOTECA, NA NOVA BIBLIOTECA, E PARA MIN SERÁ UN PRACER ACOMPAÑARVOS. CONTO CON VÓS.
   
DANIEL

XA CHEGOU O SAN MARTIÑO

 
   
AI ! PORQUIÑO PEQUENIÑO.
XA CHEGOU O SAN MARTIÑO!
   
IMOS ESCONDER O PORQUIÑO DA ESCOLA PARA QUE NON FAGAN CHOURIZOS CON EL. Irene e todos nos 

CORRE CORRE,CABACIÑA

NESTE TEMPO DE CABAZOS, CABAZAS E CABACIÑAS NON TEMOS MELLOR RECOMENDACIÓN DENDE A BIBLIOTECA QUE PROPOÑERVOS A LECTURA DO CONTO TRADICIONAL PORTUGUÉS RECOLLIDO POLA EDITORIAL OQO NO SEU LIBRO:

" CORRE CORRE, CABACIÑA "

DISFRUTADE DA SÚA LECTURA E CONTÁDENOS SE POLA NOITE SOÑADES CON CABAZAS FALADORAS...!

NOITE DE CABAZOS

   
" SON O CABAZO DO SAMAÍN.
SE NON TES MEDO...
MIRA PRA MIN !!"
( ESCOLA DO CRUCEIRO )
   
O MEU AVO CONTOUNOS  QUE  CANDO ERA PEQUENO POÑIA CABAZAS POLOS MUROS CANDO ERA DE NOITE E METIAN MOITO MEDO. Irene
O AVO DE PAULA  E IVAN TAMEN NOS CONTOU O DOS CABAZOS. ANDREA
NA ESCOLA FACEMOS  CABAZOS PARA ASUSTAR AS MAMAS OS  PAPAS E OS AVOS.JORGE
NA MIÑA CASA IMOS POÑER CABAZAS.SILVIA

ONDIÑAS VEÑEN E VAN...

NA FESTA DA GUADALUPE HABIA MOITAS BENGALAS NO CAMPO DE ARRIBA E NO DE ABAIXO.

OS NENOS E AS NENAS FUMOS AS COLCHONETAS , O DRAGON E OS COCHITOS.

NA ESCOLA CANTAMOS A RIANXEIRA:

ONDIÑAS  VEÑEN  E VAN......!!!!!

JORGE, RUBEN, DESI, IRENE, ANDREA E  TODOS NOS

 

O PRIMEIRO DÍA

11 de setembro de 2.008. Hoxe na Escola de Outeiro, como nas demais escolas do C.R.A. e nos demais colexios de Rianxo e de Galicia, comezou o curso  escolar 2.008-09.

Achegáronse á escola por primeira vez, Ruth, Miguel e Nicolás, e tamén estiveron, Marcos, Paula, Gloria, Miguel e Carla.

A profesora Carla, falou cos papás e coas mamás e lembroulles as normas de funcionamento da Escola.

Despois sentamos onda a colchoneta, lembramos os nosos nomes e logo miramos  a escola e todas as cousas que ten: os baños, os colgadores, as estanterías, as mesas e os recunchos.

Tamén nos ensinou varios cadros que debuxamos e titulamos: axudámonos, atendemos, levantamos a man para avisar, escoitamos.

O debuxo que está arriba deste texto representa o cadro "Axudámonos".

En Rianxo a 11 de setembro de 2.008

Tobías Betanzos Rego

 

 

 

O curso 2008-09 comeza

O día 11 de Setembro  comeza o curso escolar 2008-09. Dende o día 1 de Setembro o profesorado do C.R.A. tense reunido para preparar o inicio do Curso Escolar  en cada unha das escolas C.R.A. de Rianxo.

Ao claustro incorpóranse 10 profesoras novas, e ao centro 37 alumnos e alumnas novaS.

A todos e a todas e as familias dámosvos a benvida, e desexamos que o curso que comeza constitua unha experiencia fermosa, plena e compartida para todos e todas.

O PROFESORADO DO C.R.A. DE RIANXO

Distribuir contido