ACUARIO DE CORUÑA

CONVIDADAS POR VOZ NATURA, O MARTES 13 DE ABRIL TÓDALA ESCOLAS DO C.R.A. DESPRAZARÉMONOS ATA A CIDADE DA CORUÑA PARA VISITAR A "CASA DOS PEIXES"

ALÍ PODEREMOS COÑECER E SAUDAR A GASTÓN, O TIBURÓN TOURO, ÁS FOCAS, ÁS MEDUSAS E ÓS CENTOS DE PEIXES E DOUTRAS ESPECIES MARIÑAS QUE VIVEN NOS SEUS ACUARIOS.

O PORTAL DO C.R.A. VALORADO POR ESTUDANTES DA UNIVERSIDADE

Navegando pola Internet pódense atopar distintos blogues de estudantes da Universidade de Santiago de Compostela no que fan un análise e valoración do noso portal en comparación cos sitios web doutros centros educativos.

A valoración de todos eles é moi positiva e estimulante.

A pesar de ter sido elaborados no anterior trimestre escolar, agora que estamos outra vez en tempo de cualificacións, imos adoptar os comentarios destas estudantes como un boletín de notas que levaremos nestas vacacións para casa.

E podemos sentirnos satisfeitos!

Blogue de Cristina Rey

Blogue de Carmen Rodríguez

Blogue de Laura Quiza

LUME !!

Non hai moito tempo había un bosque vello e fermoso onde vivían moitos animais.
Un día algo pasou que fixo ladrar ao can... "


 

O XOVES 18, A COMPAÑÍA DE TEATRO BABALUVA PORÁ EN ESCENA PARA TÓDOLOS ALUMNOS DO C.R.A. DE RIANXO  UNHA OBRA DE TEATRO BASEADA NO CONTO " LUME " DA EDITORIAL XERAIS.

POLIDEPORTIVO

Durante esta semana e a semana vindeira realizaranse as sesións trimestrais de psicomotricidade no Polideportivo Municipal de Rianxo.

O alumnado do C.R.A. complementará esta actividade cunha visita á  Aula Activa do Mar.

Para ver novas relacionadas con esta, preme aquí

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

   
8 de marzo na Escola de Cruceiro
   

CONCERTO

DKD Dúo, formado polos mozos rianxeiros Iago Hermo (Piano) e Antón Alcalde (Percusións) inaugura os concertos do Ciclo de Música de Cámara 2010 organizados pola Escola de Música de Rianxo.

O concerto de DKD Dúo terá lugar o domingo 7 de marzo ás 19:30 no Auditorio de Rianxo. 

AMIGAS E AMIGOS DE DANIEL

MEUS AMIGOS, MIÑAS AMIGAS:

SEI QUE LEVADES TRABALLADO MOITO NOS VOSOS CADERNOS DA BIBLIOTECA!!

SEI DOS CONTOS QUE VOS FIXERON RIR, E DOS QUE VOS ASUSTARON, DOS QUE VOS EMOCIONARON E DOS QUE VOS SORPRENDERON...

SEI ISTO POLO QUE ME CONTAN AS VOSAS MESTRAS E MÁIS POLO QUE VEXO NESTE, O NOSO PORTAL.

PERO CHEGOU XA O MOMENTO DE QUE AS PORTAS DA NOSA BIBLIOTECA EN ASADOS VOLVAN ABRIR PARA QUE SEXADES VÓS, COS VOSOS CARNÉS E CADERNOS, QUEN POIDADES CONTÁRNOLO...

...E NÓS ESCOITARÉMOSVOS.

E , UNHA VEZ MÁIS, TODOS XUNTOS DESCUBRIREMOS A MAXIA DOS CONTOS.  

(COMO XA LLE PASOU A NOSA PROFESORA E AMIGA ADRIANA.

 MIRADE, MIRADE AQUÍ ...) 

UNHA APERTA DO VOSO AMIGO

DANIEL 

AULA DE MÚSICA E BIBLIOTECA

DURANTE A PRIMEIRA SEMANA DO MES DE MARZO, TÓDALAS ESCOLAS DO C.R.A. DESPLAZARANSE Á SEDE DO CENTRO ( EN ATALAIA, ASADOS ) PARA REALIZAR AS SESIÓNS TRIMESTRAIS DE MÚSICA E BIBLIOTECA.

SUSPENSIÓN DA SAÍDA A SANTIAGO

Seguindo indicacións da Consellería de Educación, procedeuse á suspensión da saída dos alumnos e alumnas de primaria a Santiago.  

As previsións facilitadas pola Dirección Xeral de Emerxencia e Interior anuncian para os vindeiros días 24 e 25 fenómenos meteorológicos adversos.

 Con base nas previsións expostas, dende a Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, cursaron, entre outras, a seguinte instrución:

Quedan suspendidas todas as actividades ao aire libre nos centros docentes de ensino non universitario no período indicado na referenciada alerta por fenómenos meteorológicos adversos

MUSEO DO POBO GALEGO E CGAC.

 

O MÉRCORES 24 DE FEBREIRO OS ALUMNOS E ALUMNAS DE PRIMARIA DAS ESCOLAS DO C.R.A. FARÁN UNHA VISITA DIDÁCTICA Ó MUSEO DO POBO GALEGO E O CENTRO GALEGO DE ARTE CONTEMPORÁNEO, ÁMBOLOS DOUS UBICADOS EN SANTIAGO DE COMPOSTELA

Distribuir contido