O PRIMEIRO DÍA
11 de setembro de 2.008. Hoxe na Escola de Outeiro, como nas demais escolas do C.R.A. e nos demais colexios de Rianxo e de Galicia, comezou o curso escolar 2.008-09.
Achegáronse á escola por primeira vez, Ruth, Miguel e Nicolás, e tamén estiveron, Marcos, Paula, Gloria, Miguel e Carla.
A profesora Carla, falou cos papás e coas mamás e lembroulles as normas de funcionamento da Escola.
Despois sentamos onda a colchoneta, lembramos os nosos nomes e logo miramos a escola e todas as cousas que ten: os baños, os colgadores, as estanterías, as mesas e os recunchos.
Tamén nos ensinou varios cadros que debuxamos e titulamos: axudámonos, atendemos, levantamos a man para avisar, escoitamos.
O debuxo que está arriba deste texto representa o cadro "Axudámonos".
En Rianxo a 11 de setembro de 2.008
Tobías Betanzos Rego
- APIs de Blogue
Que cadro tan fermoso!
Este cadro reflicte perfectamente un dos obxectivos que se persegue en toda actividade educativa: intentar que a escola sexa un espacio de cooperación, disfrute e unión. BO CURSO A TODOS E A TODAS!!!!!! Carla de Outeiro.