PICASSO
O VENRES 28 DE OUTUBRO, O CRA DE RIANXO REALIZOU UNHA VISITA Á EXPOSICIÓN " PABLO PICASSO. SUITE VOLLARD".
A COLECCIÓN, QUE VISITAMOS NA COMPOSTELÁ CASA GRANDE DO POZO, CONSTA DE CEN GRAVADOS REALIZADOS POR PICASSO ENTRE 1930 E 1936 POR ENCARGO DO MARCHANTE DE ARTE AMBROISE VOLLARD
**
Consultar novas relacionadas en
- APIs de Blogue
SEMANA EUROPEA DO TIBURÓN
Gastón, o tiburón touro do Aquarium Finisterrae ( A Coruña)
Máis de 100 organizacións conservacionistas, científicas e recreativas de toda Europa (entre as que se atopa o Aquarium Finisterrae da Coruña) desenvolven estes días a quinta edición da Semana Europea do Tiburón.
Coas actividades programadas en torno a esta semana preténdese facernos descubrir o papel que os tiburóns xogan para a conservación dos nosos mares e o perigo en que se atopan debido á sobreexplotación pesqueira.
- APIs de Blogue
RIANXO DIVULGA
MONITORES DE " RIANXO DIVULGA" TRASLADÁRONSE ATA AS ESCOLAS DO C.R.A. CO FIN DE DESENVOLVER SESIÓNS PREPARATORIAS ÁS VISITAS QUE SE REALIZARÁN A DIFERENTES ENTIDADES RIANXEIRAS VINCULADAS CO MUNDO DO MAR .
O PROXECTO DE DIVULGACIÓN DO SECTOR PESQUEIRO "RIANXO DIVULGA", PROMOVIDO POLA CONFRARÍA DE RIANXO, PRETENDE DAR A COÑECER AS LABORES DIARIAS DA XENTE DO MAR E OS RECURSOS QUE O MEDIO MARIÑO NOS OFRECE CO FIN DE ENSINAR A VALORAR O QUE TEMOS E PODER CONTRIBUÍR A SÚA PRESEERVACIÓN.
consulta esta nova na
- APIs de Blogue
DOAZÓN DE EXEMPLARES DE "CADRO ARTÍSTICO AIRIÑOS, 1933-2008"
Xesús Santos Suarez, escritor, investigador, animador cultural, e home de teatro, achegouse á sede do C.R.A. para falar da publicación do libro "Cadro artístico AIRIÑOS, 1933-2008"
En conversa amena, moi entrañable e cercana, achegou ao profesorado do C.R.A. de Rianxo, as peripecias e aventuras desta Agrupación Teatral, a máis antiga de Galiza actualmente activa. Falou sobre os comezos da actividade do Teatro Airiños, vinculada á formación e promoción cultural da parroquia de Asados, falou da vinculación desta empresa cultural co galeguismo, falou de múltiples peripecias vinculadas cos anos da dictadura.
Lembrou ós vinculos do traballo do Teatro Airiños con Rafael Dieste, Faustino Rey Romero, e os Irmáns Ínsua, curmáns de Castelao.
Lembrou a importante vinculación dos mestres e mestras coa labor de espallamento cultural e de valoración do galego.
Agradecemos a Xesús Santos a amabilidade de achegarse ata a sede do C.R.A. de Rianxo, para compartir as súas experiencias e as súas anécdotas, cheas de vida e de optimismo.
Agradecemos tamén ao Grupo de Teatro Airiños a xenerosidade que ten ao agasallar diversos exemplares do libro para as Escolas do C.R.A. de Rianxo.
- APIs de Blogue
PLAN DE CONSUMO DE FROITAS NAS ESCOLAS
O CRA de Rianxo, continuando co programa de Educación para a Saúde iniciado no pasado curso escolar. puxo en marcha nesta semana o "Plan de Consumo de froitas nas escolas" (*)
As tendas de alimentación cercanas ás escolas son, na maioría dos casos, as encargadas de subministrar diariamente a froita a consumir, co que participan activamente na campaña para promover o consumo destes alimentos e contribúen a promoción de hábitos saudables.
ver
Semana da froita en Pazo primaria
(*) O "Plan de Consumo de froitas nas escolas" desenvólvese coa axuda financieira da Comunidade Europea.
- APIs de Blogue
CONCERTO DIDÁCTICO
A BANDA DA ESCOLA DE MÚSICA DE RIANXO REALIZARÁ, OS DÍAS 19 E 20 DE SETEMBRO, O CONCERTO DIDÁCTICO "AS MÚSICAS DO CINEMA INFANTIL", DIRIXIDO A TODOS OS CENTROS DE ENSINO DO CONCELLO.
O C.R.A. DE RIANXO ASISTIRÁ Á PRIMEIRA SESIÓN DO LUNS 19.
*
Consulta esta nova en
- APIs de Blogue
INICIO DO NOVO CURSO ESCOLAR
O XOVES DÍA 1 DE SETEMBRO INICIASE O CURSO ESCOLAR 2011-2012.
ESTE MESMO DÍA O PROFESORADO ADSCRITO Ó C.R.A REALIZARÁ A SÚA PRIMEIRA REUNIÓN DE COORDENACIÓN NA SEDE DO CENTRO ÁS 10 DA MAÑÁ.
AS ACTIVIDADES LECTIVAS COMEZARÁN O LUNS 12.
*
PARA CONSULTAR O CALENDARIO ESCOLAR PREMER NESTE ENLACE
- APIs de Blogue
PLAN DE CONSUMO DE FROITAS NAS ESCOLAS
Co fin de promover o consumo de froitas e verduras na poboación escolar, a Unión Europea acordou en 2009 cofinanciar cos Estados membros interesados a distribución destes produtos en centros escolares para promover o consumo e contribuir á promoción de hábitos saudables, a disminución da obesidade e enfermidades asociadas.
O CRA de Rianxo participará durante o curso 2011-2012 no Plan de Consumo de froitas continuando tamén desta forma o programa de Educación para a Saúde iniciado no pasado curso escolar.
- APIs de Blogue
GRATUIDADE LIBROS DE TEXTO RECOLLIDA DE VALES
Xa están a disposición das familias os vales correspondentes ás axudas para os libros de texto.
Pódense recoller na Sede deo C.R.A. en Atalaia Asados os seguintes días e horas:
MÉRCORES 6 DE XULLO DE 11:00 A 13:00
XOVES 7 DE XULLO DE 11:00 A 13:00
VENRES 8 DE XULLO DE 11:00 A 13:00
Para aclaracións chamar ao '981-863305.
*
Consulta os libros de texto que se empregarán nas distintas aulas de primaria do C.R.A en
- APIs de Blogue
ANPA IRMÁNS INSUA EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO
O vindeiro sábado 16 de xullo, terá lugar a excursión de fin de curso que cada ano organiza a ANPA IRMÁNS ÍNSUA.
Un ano máis será ao parque acuatico de Cerceda.
A saida será as 9:00
Prezo por persoa:
Socios máis un acompañante irán gratis
Non socios: nenos/as ata 12 anos: 10 euros, adultos 15 euros.
CONTACTAR CON: Luisa '635 627 081 ou con algún membro da directiva da ANPA
- APIs de Blogue
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 76
- 77
- 78
- 79
- 80
- 81
- 82
- 83
- 84
- …
- seguinte ›
- última »