CONTOS PARA OS REFUXIADOS SAHARAUIS

MEUS AMIGOS, MIÑAS AMIGAS:
HAI UNS DÍAS  REALICEI UNHA VIAXE MOI ESPECIAL.

NALGUNHA DAS NOSAS ESCOLAS OS NENOS TIÑANME FALADO DOS REFUXIADOS SAHARAUIS E DO SEU DESEXO DE TER CONTOS COMO OS QUE TEMOS NÓS NAS NOSAS BIBLIOTECAS.

EU PUIDEN SABER QUE UN AUTOBÚS COMEZOU HAI CATRO ANOS A PERCORRER ALGÚNS DOS CAMPAMENTOS ONDE HABITAN TRASLADANDO UNHA FERMOSA BIBLIOTECA SOBRE RODAS E QUE MESMO SE PUIDO INAUGURAR ESTE CURSO UNHA  BIBLIOTECA  FIXA, DAS QUE ESTÁN SEMPRE NO MESMO SITIO,  AGARDANDO POR QUEN ESTÁ DISPOSTO A DESCUBRIR O TESOURO QUE AGOCHA NO SEU INTERIOR.

ANIMADO POLO QUE ME DIXESTES E O QUE FUN DESCUBRINDO, DECIDÍN EMPRENDER UNHA VIAXE ATA OS CAMPAMENTOS QUE OS REFUXIADOS LEVANTARON NA HAMMADA ALXERIANA E LEVARLLE ATA AS SÚAS ESCOLAS UN ANAQUIÑO DA NOSA BIBLIOTECA E UN SAÚDO DE TODOS NÓS,
OS AMIGOS E AMIGAS DE DANIEL


POLIDEPORTIVO

OS DÍAS 6, 7 E 8 DE MARZO REALIZARANSE UNHAS NOVAS SESIÓNS DE PSICOMOTRICIDADE NO POLIDEPORTIVO MUNICIPAL DE RIANXO.

ESTA ACTIVIDADE COMPLEMENTARASE CUNHA BREVE VISITA GUIADA ÁS INSTALACIÓNS DO CONCELLO.
*
ver a nova en

DEPARTAMENTO DE EDUCACIÓN FÍSICA

ESCOLA DE RAÑÓ

ESCOLA DE PAZO


UNHA ÁRBORE POR ROSALÍA

O DÍA 24 DE FEBREIRO, DISTINTAS ESCOLAS DO CRA PARTICIPARON, XUNTO Ó ALUMNADO DO CEP XOSÉ Mª BREA SEGADE, NUNHA XORNADA DE PLANTACIÓN DE CASTIÑEIROS NA ÁREA RECREATIVA DE CAMPO MANEIRO, EN TARAGOÑA.

A  ACTIVIDADE, ORGANIZADA POLA ASOCIACIÓN ANTROSPINOS COA COLABORACIÓN DO CONCELLO DE RIANXO E DISTINTOS AXENTES FORESTAIS DA XUNTA DE GALICIA, SERVIU TAMÉN PARA HOMENAXEAR A ROSALÍA DE CASTRO NO ANO NO QUE SE CUMPREN 175 ANOS DO SEU NACEMENTO.

MANDA O TORIBIÑO

EN TEMPO DE ENTROIDO...

O TORIBIÑO MANDA !!!

O LUNS TRAER VESTIDA ROUPA AZUL

O MARTES, ALGO CUBRINDO A CABEZA

O MÉRCORES, POÑER ALGO NA CARA.

O XOVES, VESTIR UNHA PRENDA ANTIGA

E O VENRES...

IR CORRER O ENTROIDO Á ESCOLA DE ABUÍN !!!

*

ver as novas do Entroido na

ESCOLA DE CAPELA

ESCOLA DE ABUÍN

ESCOLA DE PAZO :
NOVA 1, NOVA 2, NOVA 3, NOVA 4

ESCOLA DE RAÑÓ

ESCOLA DE CRUCEIRO

DANIEL

MEUS AMIGOS, MIÑAS AMIGAS...

ESTES DÍA RECIBIMOS A CARTA DUNS CONTADORES DE CONTOS!!!

SOUBERON DA NOSA BIBLIOTECA E O LUNS 13 VIÑERON, DENDE A SÚA FÁBRICA DE SOÑOS,  FACER UNHA VIAXE FANTÁSTICA CON NÓS.

DIXERON QUE NON PRECISABAMOS  NIN COCHES NIN BARCO NIN AVIÓN, PERO EU PREPAREI A MIÑA DORNA, PORQUE NOS CONTARON UN MAR DE HISTORIAS...

A VISITA Á BIBLIOTECA DA

ESCOLA DE CAPELA

ESCOLA DE ABUÍN

ESCOLA DO PAZO

ESCOLA DE CRUCEIRO

ALIMENTACIÓN SAUDABLE

O 6 e 7de febreiro persoal da Asociación ABAGAL (Asociación de Bulimia e Anorexia de Galicia) visitaron novamente as aulas do C.R.A. de Rianxo para desenvolver cos nenos e nenas sesións formativas sobre a importancia da inxesta de produtos procedentes do mar nunha alimentación saudable.

*

Ver a actividade desenvolvida na

Escola de Abuín ( Alumnos de Rañó e Abuín)

DÍA DOS HUMIDAIS

O 2 de febreiro celébrase o Día Mundial dos Humidais.
A Asociación para a defensa ecolóxica de Galicia ( ADEGA) lémbranos dende a súa páxina web que os humidais contribúen á nosa saúde e benestar, controlando inundacións e repoñendo os acuíferos. Estabilizan costas e protexen ás cidades e vilas contra as treboadas, reteñen e exportan sedimentos e nutrientes, depuran auga e son grandes reservorios de biodiversidade.
Na nosa contorna inmediata destacan os humidais do esteiro do río Ulla, o esteiro do Té  e Ponte Beluso

*
ver
As cigoñas dos humidais
( Escola de Rañó )

DÍA DA CANDELORIA

O DÍA 2 DE FEBREIRO RECIBIMOS NAS ESCOLAS Á CANDELORIA, E CON ELA AVENTAMOS A CHEGADA DA PRIMAVERA...

" CANDO A CANDELORIA CHORA,
MEDIO INVERNO VAI FÓRA.
QUE CHORE QUE DEIXE DE CHORAR,
MEDIO INVERNO ESTÁ POR PASAR"
*

ver a Candeloria en

Escola de Rañó

Escola de Cruceiro


ÁRBORES DA PAZ

O 30 DE XANEIRO CELEBRAMOS NOVAMENTE O DÍA ESCOLAR POLA PAZ.
 DENDE O C.R.A. PROPOÑEMOS ADICARLLE UNHA ESPECIAL LEMBRANZA A WANGARI MAATHAI, A MULLER ÁRBORE, PREMIO NOBEL DA PAZ NO ANO 2004, FALECIDA O PASADO MES DE SETEMBRO.
NAS ESCOLAS COÑECEREMOS MELLOR A MAATHAI A PARTIR DO CONTO "WANGARI Y LOS ÁRBOLES DE LA PAZ", DA AUTORA JEANETTE WINTER, AGASALLO DO CLUB DE AMIGAS E AMIGOS DE DANIEL.
*
ver as novas da Paz nas escolas

CONTACONTOS PARA A PAZ ( Abuín)

WANGARI E AS ÁRBORES DA PAZ ( Abuín)

AS ÁRBORES DA PAZ (Rañó)

A MULLER ÁRBORE ( Cruceiro)

EU SON O COLIBRÍ ( Cruceiro)

AS FLORES DA PAZ ( Rañó )

PEACE ( Idioma estranxeiro)

CONTOS SOLIDARIOS

O 25 e 26 de xaneiro recibimos nas escolas do C.R.A. de Rianxo a visita do Atrapacontos de " Contos solidarios".
  O proxecto Contos Solidarios naceu no ano 2000 da man da ONGD chantadina Bicis pola Paz, conta coa financiación de "Cooperación Galega" (Xunta de Galicia), e ten coma obxectivo concienciar  sobre a necesidade dun compromiso solidario coa xustiza e a liberdade.
*
Ver a visita do Atrapacontos na

Escola de Cruceiro

Escola de Pazo

Escola de Abuín

Escola de Rañó

Distribuir contido