CONCERTO DIDÁCTICO DE JAZZ

A ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA DE RIANXO ESTÁ A OFERTAR UNS CONCERTOS DIDÁCTICOS PARA ACERCAR O JAZZ  ÓS CENTROS DE ENSINO DO CONCELLO.
O CRA DE RIANXO PARTICIPOU NA SESIÓN CELEBRADA O 17 DE SETEMBRO

CURSO ESCOLAR 2012-2013

O día 1 de setembro comeza o novo curso académico 2012-2013.
O luns día 3, o profesorado incorporarase a primeira hora ás escolas e a partir das 11:00 celebrará a primeira reunión de coordenación do curso.
Como se recolle no calendario escolar aprobado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación universitaria, as actividades lectivas iniciaranse nas aulas do CRA de Rianxo o mércores 12.

http://www.edu.xunta.es/web/calendarioescolar

EXCURSIÓN DA ANPA

A ASOCIACIÓN DE NAIS E PAIS  "IRMÁNS ÍNSUA", DO CRA DE RIANXO, ORGANIZA PARA O VINDEIRO 7 DE XULLO, A PARTIR DAS 9:00H., UNHA EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO Ó ZOO DE VIGO E Á PRAIA DE SAMIL.

 A ACTIVIDADE, GRATUÍTA PARA OS SOCIOS, TERÁ UN PREZO DE 15 EUROS POR ADULTO E DE 12 POR NENO PARA AS FAMILIAS QUE NON SEXAN SOCIAS DA ANPA.
A DATA LÍMITE PARA REALIZAR A INSCRIPCIÓN É O 2 DE XULLO.


FAMILIAS DO ALUMNADO DE NOVO INGRESO

O CRA DE RIANXO REALIZOU O XOVES 21 DE XUÑO UNHA REUNIÓN DE BENVIDA PARA TODAS AS FAMILIAS DO ALUMNADO QUE SE INCORPORARÁ Ó NOSO CENTRO NO VINDEIRO CURSO ESCOLAR 2012-2013.

O ENCONTRO REALIZOUSE NA SEDE DO CRA, EN ATALAIA, ASADOS, ÁS 19 HORAS

LER EN FAMILIA

A BIBLIOTECA "AMIGAS E AMIGOS DE DANIEL" REALIZOU O XOVES 14 DE XUÑO NA BIBLIOTECA DO CRA, EN ATALAIA, ASADOS, A SESIÓN DE ANIMACIÓN E FORMACIÓN LECTORA
"LER EN FAMILIA"

NA SESIÓN, DIRIXIDA ÁS FAMILIAS DO ALUMNADO, CONTOUSE COA ASISTENCIA DE NAIS DO CRA DE DODRO, PROMOTORAS DO CLUB DE LECTURA  "LeCRAS"


ILLA DE SÁLVORA

O DÍA 13 DE XUÑO AS ESCOLAS DO CRA REALIZARÁN UNHA SAÍDA Á ILLA DE SÁLVORA E COÑECERÁN UN DOS ESPAZOS DO PARQUE NACIONAL MARÍTIMO TERRESTRE DAS ILLAS ATLÁNTICAS DE GALICIA.
*
consulta a información do
PARQUE NACIONAL
*
ver a nova da saída en

ESCOLA DE CAPELA

ESCOLA DE PAZO: IMAXES e DEBUXOS

ver tamén na
Escola de Cruceiro:

A SEREA DE SÁLVORA

O HOME DE SAGRES

PLAN DE EMERXENCIAS

OS DÍAS 4, 5 E 6 DE XUÑO RECIBIMOS UN CURSO MÁIS NAS NOSAS ESCOLAS A VISITA DOS BOMBEIROS E POIDEMOS RECORDAR E PRACTICAR AS NORMAS DE ACTUACIÓN EN CASO DE PERIGO E SERTIRNOS POR UN MOMENTO PARTE DUN EQUIPO DE SALVAMENTO

ver a visita en

ESCOLA DE CRUCEIRO

ESCOLA DE PAZO

ESCOLA DE ABUÍN

ESCOLA DE CAPELA

PIRAGÜÍSMO

O MARTES 5 DE XUÑO, DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE, O ALUMNADO DE PRIMARIA REALIZOU NAS MARXES DO RÍO ULLA ACTIVIDADES DE SENDEIRISMO E PIRAGÜÍSMO EN COLABORACIÓN CO CLUB DEPORTIVO  "AS TORRES" DE CATOIRA.

visualiza a nova en

ESCOLA DE PAZO

DEPARTAMENTO DE EDUCACIÓN FÍSICA

XORNADA SAUDABLE EN FAMILIA

O SÁBADO 2 DE XUÑO O CRA DE RIANXO, A TRAVÉS DO SEU DEPARTAMENTO DE EDUCACIÓN FÍSICA, ORGANIZOU EN COLABORACIÓN CO CLUB DE PIRAGÜÍSMO DE CATOIRA UNHA XORNADA FAMILIAR DE ACTIVIDADES SAUDABLES.

ver a xornada no

DEPARTAMENTO DE EDUCACIÓN FÍSICA

VISITA ÓS CENTROS RECEPTORES

O XOVES 30 DE MAIO E O LUNS 4 DE XUÑO O ALUMNADO QUE ESTÁ A CURSAR O SEU DERRADEIRO ANO ACADÉMICO NO CRA REALIZOU UNHA VISITA ÓS CENTROS RECEPTORES PARA O VINDEIRO CURSO, O CEIP "CASTELAO", DE RIANXO E O CEP "BREA SEGADE", DE TARAGOÑA .
*
navega polas páxinas web do

CEIP " A.D.R. CASTELAO

CEP "XOSÉ Mª BREA SEGADE"

Distribuir contido