CONTOS PARA OS REFUXIADOS SAHARAUIS

MEUS AMIGOS, MIÑAS AMIGAS:
HAI UNS DÍAS  REALICEI UNHA VIAXE MOI ESPECIAL.

NALGUNHA DAS NOSAS ESCOLAS OS NENOS TIÑANME FALADO DOS REFUXIADOS SAHARAUIS E DO SEU DESEXO DE TER CONTOS COMO OS QUE TEMOS NÓS NAS NOSAS BIBLIOTECAS.

EU PUIDEN SABER QUE UN AUTOBÚS COMEZOU HAI CATRO ANOS A PERCORRER ALGÚNS DOS CAMPAMENTOS ONDE HABITAN TRASLADANDO UNHA FERMOSA BIBLIOTECA SOBRE RODAS E QUE MESMO SE PUIDO INAUGURAR ESTE CURSO UNHA  BIBLIOTECA  FIXA, DAS QUE ESTÁN SEMPRE NO MESMO SITIO,  AGARDANDO POR QUEN ESTÁ DISPOSTO A DESCUBRIR O TESOURO QUE AGOCHA NO SEU INTERIOR.

ANIMADO POLO QUE ME DIXESTES E O QUE FUN DESCUBRINDO, DECIDÍN EMPRENDER UNHA VIAXE ATA OS CAMPAMENTOS QUE OS REFUXIADOS LEVANTARON NA HAMMADA ALXERIANA E LEVARLLE ATA AS SÚAS ESCOLAS UN ANAQUIÑO DA NOSA BIBLIOTECA E UN SAÚDO DE TODOS NÓS,
OS AMIGOS E AMIGAS DE DANIEL


PARABÉNS EMPRENDEDORES

Encántame a labor que facedes.

Nai de Xoel.

OLA DANIEL, TE QUEREMOS

OLA DANIEL, TE QUEREMOS MUCHO,

VIMOS O TEU VIDEO DO SAHARA E E MOI BONITO. NOS TEMOS AMIGOS NO SAHARA  E BOTAMOLOS DE MENOS E A TI TAMEN.

GRAZAS POR TRAERNOS A NOS O CONTO DE WANGARI  E POR LEVARLLE O SAHARA CONTOS TAMEN. FIN Beso

GABI, FRAN, FABIOLA, EVANGELINA, PAULA, HELENA, ABEL, CLARA, SABELA, CARLOS, BREOGAN E FROILAN

que viaxe tan bonito!

Que viaxe tan bonita fixo Daniel porque non só lle levou  contos e material a estes nenos que o necesitan tanto senón que tamén lle levou todo o noso cariño verdade chicos? Espero que todos pensemos na sorte que temos de vivir aquí, ainda que agora estexamos en crisis, somos moi afortunados, só quero expresar un desexo oxalá todos os nenos do mundo disfrutaran das mesmas oportunidades.

Un bico, profe Celia

AMIGAS E AMIGOS, ALEGRAME

AMIGAS E AMIGOS, ALEGRAME VOLVER A DESCUBRIR NOS VOSOS COMENTARIOS O SENTIMENTO SOLIDARIO.
ESTES DÍAS O XORNAL "A VOZ DE GALICIA" RECOLLÍA OUTRA NOVA SOLIDARIA COS REFUXIADOS SAHARAUIS:

Alumnos de Barbanza envórcanse en paliar a fame no Sahara

E HOXE, O MESMO XORNAL, ANÚNCIANOS A CHEGADA A GALICIA DUNHA MASA DE PÓ PROCEDENTE DO SÁHARA.
É OUTRA FORMA DE SENTIRSE CERCA DELES...

DANIEL