A CANDELORIA

En Galicia, a data da candeloria era considerada coma un preludio da chegada da primavera e con ela o renacer da natureza.

Dicíase que era a época do casamento dos paxaros e para os mariñeiros tamén era o comezo da navegación despois da longa espera no período invernal, no cal a maior parte das embarcacións non saían dos portos.