OS CASTROS DE NEIXÓN
OS NENOS E NENAS DE PRIMARIA FOMOS
DE VISITA ÓS CASTROS DE NEIXÓN
VIMOS O CASTRO PEQUENO E...
O FOXO, QUE USABAN COMO CONCHEIRO
NO MUSEO VIMOS ESTOS RESTOS QUE ATOPARON OS ARQUEÓLOGOS,
COMO A TAPADEIRA, O PERFUMARIO...
E, CAMIÑO DO CASTRO PEQUENO, ATOPAMOS
MOITOS COGOMELOS
E TAMÉN ALGUNHA FLOR.
PASÁMOLO MOI BEN!!!
»
- APIs de Blogue
SAÚDOS
Hola amig@s:
Son Marta, a profe de Lugo que tanto se acorda de vós e das vosas mestras.
Todas as semanas miro o portal do cole. Non vos imaxinades a envidia que me da comprobar que seguides a facer e a aprender tantas cousas: a visita ao Castros de Neixón, a interpretación do Castelo da Rocha Vella en Santiago, o magosto, a aula de música/biblioteca, o polideportivo, etc.
Sempre vos levo na miña cabeza e falo moito de vós e das cousas que aprendín estando con vós. ¿Acordádesvos da historia do Xaxileo Azul?
¿Ninguén veu as festas do SAN FROILÁN?, ¿Nin sequera tí, Ana?. Este ano tivemos concertos como o de Amaral ou Revólver e monicreques para os máis noviños, ademais de degustar o polbo.
Seguiremos en contacto.
Biquiños para Pazo Infantil e Primaria.
OLA MARTA: COMO NON VAMOS A
OLA MARTA: COMO NON VAMOS A ACORDARNOS DE TI CO QUE NOS GUSTARA O CONTO DE XAXILEO AZUL?
FOI UN CONTO PRECIOSO CON UNS DEBUXOS MARABILLOSOS (VICENTE)
ALGÚN DIA VOLVERAS A VISITARNOS?(AINHOA E CARLA)
MOITOS BICOS DE TODOS NOS.
OLA MARTA: GUSTOUNOS
OLA MARTA:
GUSTOUNOS MOITO QUE NOS ESCRIBIRAS E QUE TE ACORDES DE NOS. Lidia
TAMÉN O PASAMOS MOI BEN CONTIGO E GUSTOUNOS MOITO QUE ESTIVESES CON NOS O CURSO PASADO. Alex
ESPERAMOS QUE ESTEAS MOI CONTENTA E MOI BEN NO TEU COLE DESTE ANO.
MOITOS BICOS DOS NENOS E NENAS E PROFE DE PAZO INFANTIL