HANSEL E GRETHEL

´

" ... De súpeto abriuse a porta e saiu coxeando unha vella revella que se apoiaba nunha muleta. Hansel e Grethel asustáronse tanto que deixaron caer o que tiñan nas mans.

Pero a  vella só meneou a cabeza e lles dixo:

-  Ai, queridos nenos , quen vos trouxo ata aquí ?. Entrade e quedade comigo; non vos farei ningún dano .

Tomounos da man e levounos dentro. Preparoulles unha cea deliciosa, con tortas e azucre, leite, mazás e noces... "

Parecía unha velliña cariñosa, pero vos sabedes que en realidade era unha vella bruxa malvada, non si?

Acompañade unha vez máis a Hansel e á súa irmá Grethel, non os deixedes sós no bosque. Vixiade cos ollos moi atentos para que a bruxa non sexa quen de comelos. Axudádeos a atopar de novo a casa do seu pai e disfrutade con eles o fin da súa pobreza. 

Acompañádeos. Como fixeron antes os nosos pais. E aínda antes, os nosos avós. E moito antes, os novos bisavós, os nosos tataravós, os tatatataravós,... E así dende que os irmáns GRIMM, Jacob e Wilhelm, se esforzaron por conservar a tradición dos contos populares alemáns.

E moito antes diso, xa dende os tempos en que a bruxa levantou a súa casa de pastel e azucre para enganar ós nenos perdidos.

Xa dende aqueles tempos lonxanos, nenos e nenas, nais e pais, avós e avoas acompañamos ós dous pequenos irmáns.

Daniel.