MAIO

Colocar ramos o primeiro de maio nas portas das casas, cortes, carros e agora coches, ven de moi antigo ( segundo nos contan foi  prohibido no Concilio de Braga no ano  570 ).

Un ano máis moitas familias de Rianxo manteñen esta antiga tradición de poñer os maios nas súas casas, nos seus coches e tamén nas escolas dos seus fillos.

Noraboa por manter vivo este tesouro da nosa cultura e ... de hoxe nun ano!!

O MAIO E N PAZO

NOS TAMÉN PUXÉMOS O MAIO NOS COCHES, NOS PORTAIS,

NAS PORTAS DAS NOSAS CASAS,...ALGÚNS DE NOS RECOLLEMOS

AS XESTAS COS NOSOS AVÓS, PARA QUE TRAIAN O

BEN TEÑEN QUE COLLERSE  ANTES DA POSTA DO SOL.

                                     Nenos e nenas de Pazo

GRAZAS, AMIGOS

HOXE LEMOS NA ESCOLA O COMENTARIO QUE FIXECHEDES Á NOTICIA DOS MAIOS. E TÉÑOVOS QUE DICIR QUE FOI MOI PROVEITOSO PORQUE A PARTIR DEL CREAMOS A NOSA ESTROFA PARA A CANTIGA DOS MAIOS.

DEDICÁMOVOLA A TODOS VÓS:

"POÑEDE MAIOS NAS PORTAS,

NOS VOSOS COCHES TAMÉN.

COLLÉDEOS ANTES DA NOITE

PARA QUE FAGAN O BEN! "

 

QUE BONITA!!!

QUE ESTROFA MAIS BONITA E ORIXINAL CONPUXESTES. MAÑÁ LERÉMOLA NA ESCOLA, SEGURO QUE LLES GUSTA MOITO OS NENOS E NENAS DE PAZO. A MIN GÚSTOUME MOITO (e non puiden esperar a mañán para escribirvos).

                                           UNHA APERTA, PAULA