ABRIL, MES DO LIBRO

A historia dun Lume que non ha de queimar...

A historia dun Becho estraño que non ha de acabar...

Unha chea de aloumiños para nos acompañar...

... Historias e aloumiños que nos chegan dos libros.

  

  

Este ano, para que nos acompañen neste mes de abril, mes do libro, e en todos os que han de vir despois, Daniel quere agasallarnos con algún destes exemplares da súa biblioteca para que os poidamos ter sempre nas nosas escola.

Así poderannos acompañar calquera día do ano a historia do lume que non ha de queimar, a do becho estraño que non ha de acabar, os alouminños que nos han acariñar...

Porque a Daniel e mais a nós gústanos que todos os meses sexan o mes do libro.

DANIEL O CONTO QUE MAIS ...

DANIEL O CONTO QUE MAIS ME GUSTOU FOI O DE LUME.ROCIO

O QUE MAIS    ME GUSTOU  A MIN FOI 1 CHEA DE  ALOUMIÑOS.Borja

A MIN GUSTOUME 1 BECHO       ESTRAÑO.PAULA    

DANIEL A MIN GUSTARONME TODOS OS LIBROS QUE NOS MANDACHES E NOS TAMEN CHE VAMOS REGALAR.ELOY 

 

OLA DANIEL, QUERÉMOSCHE

OLA DANIEL, QUERÉMOSCHE DAR AS GRAZAS POR O TEU AGASALLO. GÚSTANNOS MOITO OS LIBROS QUE NOS REGALACHES. XA LEMOS ALGÚNS POEMAS DE "UNHA CHEA DE ALOUMIÑOS" QUE SABÍAMOS DO ANO PASADO. TAMÉN ESTAMOS MOI CONTENTOS POR TER NA NOSA ESCOLA O CONTO QUE NUNCA SE ACABA (UN BECHO ESTRAÑO) E OUTRA HISTORIA QUE NON COÑECÍAMOS DA LANDRA.

                  Unha aperta dos nenos e nenas de Pazo I.