MARES DE LIBROS

MEUS AMIGOS, MIÑAS AMIGAS, AQUÍ ESTOU DE NOVO.

SON DANIEL.

DESPOIS DUNS MESES SEN SABER DE NÓS, NESTE MES DE NOVEMBRO DO NOVO CURSO, A BIBLIOTECA DE ASADOS AGÁRDANOS ATEIGADA DE AUGA.

PERO NON TEMADES...

A AUGA DA NOSA BIBLIOTECA ESTÁ EMBALSADA NOS LIBROS E, SÓ Ó ABRILOS DESCUBRIREMOS A SÚA PRESENZA.

AGÁRDANNOS LIBROS DE NUBE, LIBROS DE NEVE, LIBROS DE MARES, MARES DE LIBROS...

VINDE MERGULLARVOS NA BIBLIOTECA! EMPAPÁDEVOS DOS SEUS LIBROS! VINDE NAVEGAR COMIGO NESTE NOSO CLUB DE LECTORES E LECTORAS...

E QUE TEÑAMOS BOA TRAVESÍA!!!

QUEREMOS EMPAPARNOS DE

QUEREMOS EMPAPARNOS DE LIBROS!!!!!!!!!!!!ROCIO  E TODOS NOS

Travesía

Gosto de travesías atrevidas, con ondas que se erguen por riba da proa, con mar embravecido, nun barco gabeador e brincadeiro.

O testartelado.

SEÑOR TESTARTELADO, CONVIDÁMOSCHE NESTA TRAVESÍA

Señor testartelado,se es tan atrevido como dis atrévete a viaxar connosco nesta arriscada aventura : chegaremos ata a casa da choiva, rescatarémola das fauces dun furibundo dragón que a ten secuestrada, provocando a sequía. O sol sorrirá.

Pero coidado mariñeiro! porque unha vez vencido ao dragón choverá e aparecerá o arco da vella e xa sabes que os barcos que pasan por debaixo del quedan malfadados... Tranquilo, non temas, nós faremos del un arco triunfal, con sete guerreiros que a ninguén fan mal.

Logo choverá e choverá..., nos campos, nas vilas, nas cidades, nas rúas, nos tellados, nas vereas, nos ollos, nos corazóns, nos sentimentos, nas emocións. En definitiva, choverá nos versos.

Estarías disposto a sentir tantas emocións señor testartelado ou tería medo de quedar destartalado ?.

DATAS DA TRAVESÍA : luns, 15, martes, 16 e mércores 18 de novemb ro de 9 a 13 da mañá na Sede do CRA de Rianxo.

É necesario facer reserva de praza.

Boa viaxe,

Daniel

QUEN ES TI QUE TES FAS

QUEN ES TI QUE TES FAS CHAMAR O TESTARTELADO?????nenos e nenas e mestra do Cruceiro