CASTAÑAS ASADAS E LEITE CON MEL

 

DESPOIS DE TANTA ESPERA CHEGOU O GRAN DÍA... "A FESTA DO MAGOSTO". QUE BEN O PASAMOS! ESTE ANO O FESTEXAMOS TODOS XUNTOS NA ESCOLA DE VACARIZA. ALÍ:

- Bailamos as cantigas de Roda coa axuda da mestra María, que coa axuda do leite con mel ata cantou afónica :). GRACIÑAS!!

- Participamos dos xogos tradicionais que non debemos esquecer: as culleres coas castañas, cantigas de roda, paracaídas, zancos, bolos... e ata sacamos puntería co comecastañas.

- Coa axuda dos papás/mamás comimos castañas asadas quentiñas, que sabrosas que estaban!

 AQUÍ VOS DEIXAMOS UNHA PEQUENA LEMBRANZA DESTE DÍA TAN ESPECIAL

 

PRECIOSO !, NON HAI MÁIS

PRECIOSO !, NON HAI MÁIS QUE VER AS CARIÑAS PARA DARSE CONTA DO BEN QUE O PASAMOS. EN VERDADE FOI UN DÍA MOI ESPECIAL E OGALLÁ BUSQUEMOS MÁIS OPORTUNIDADES PARA XUNTARNOS E DISFRUTAR TODAS AS ESCOLAS.

BIQUIÑOS DE LUME DE CASTAÑA,

MARÍA