MUSICA E BIBLIOTECA
O mércores estivemos na sede do CRA en Asados. Coa profe María mergullámonos nos contos e poemas que nos estaban agardando na biblioteca do noso amigo Daniel e co profe Rubén bailamos e tocamos ao ritmo da Carolina.
Pasámolo moi ben!
»
- APIs de Blogue
vaia músicos
son a mamá de Beltrán , encantoume ver as fotos ,están todos feitos un músicos
Parabéns...
Bos días, son o papá de Uxía Moares e encantoume ver como traballades na escola. Espero que sigades así coa mesma ilusión e ganas. Un bico e unha aperta moi grande.
AOS NENOS DA ESCOLA QUNTÁNS
AOS NENOS DA ESCOLA QUNTÁNS GUSTOULLES MOITO VER AS FOTOS DO DÍA QUE FORON A ASADOS, PARA RECORDARMOS TODO O QUE FIXERON ESE DIA E VOLVER VER OS AMIGOS DAS OUTRAS ESCOLAS.
GRACIAS POR FACER ESTE VIDEO NO QUE PUIDEMOS VER AS FOTOS.
MOITOS BICOS DOS NENOS E A MESTRA DA ESCOLA DE QUINTÁNS
DIEGO
LARA
NATALIA
SARA
SAMUEL
CELIA
SUSANA
QUE BEN !
ALÉGROME MOITO DE QUE O PASARADES TAN BEN. EU DISFRUTEI MOITO E DANIEL TAMÉN.
FALANDO OS DOUS PENSAMOS QUE PODERIADES SEGUIR DIVERTÍNDOOS NA ESCOLA XOGANDO COAS PALABRAS, CREANDO NOVOS VERSOS A PARTIR DO POEMA DE GARCÍA TEIJEIRO :
CHOVE EN NOVEMBRO
SOBRE CAPELA
CHOIVA VERMELLA,
CHOIVA AMARELA
CHOVE EN NOVEMBRO
SOBRE ABEL,
TITIRITAIRO
TITIRITEL.
PODE CHOVER SOBRE O QUE QUEIRADES E SOBRE QUEN QUEIRADES. SEGURO QUE SE VOS OCORRERÁN MOITAS IDEAS E AS ILUSTRACIÓNS ABOFÉ QUE NON TERÁN NADA QUE ENVEXAR ÁS DE LÁZARO ENRIQUEZ , ESE FANTÁSTICO ILUSTRADOR QUE TIÑA TANTO RITMO NO CORPO E QUE O DEIXABA REFLECTIDO NA FORMA DE ILUSTRAR OS POEMAS DE "CHOVE NOS VERSOS".
NON DEIXEDES DE AMOSARNOS OS VOSOS TRABALLOS NESTA VENTAÍÑA QUE É O NOSO PORTAL.
UN BIQUIÑO,
MARÍA