1º ciclo

Recitando poemas na Casa de Manuel María

Unha representación de alumnos de 1ºA desprazáronse esta mañá a Casa Museo de Manuel María en Outeiro de Rei para participar na fase final da IV edición do concurso de recitado de poemas "Rosalía Sempre Viva". Recitaron "A Vaca", poema de Os Soños na Gaiola de Manuel María. 

Recepción de Melgasar

Chegou o día. Por fin lle poderiamos entregar as nosas cartas en man a Melgasar, o carteiro real das súas Maxestades Os Reis Magos de Oriente. Saímos ao patio e fixemos un corredor para recibilo e saudalo. Cando por fin vimos chegar o coche que traía a Melgasar, a emoción invadiunos por completo. Despois de darnos a man e saudarnos, convidámolo a entrar ao noso cole. Encantoulle a decoración de Hogwarts e a nosa árbore de Harry Potter. En fila e por orde démoslle as nosas cartas e el preguntounos se nos portaramos ben este ano. "Claro que si!" dixemos. Díxonos que, entón teriamos algún agasallo. Despois sacamos algunha foto con el.

 Actualizadas as fotos do album:

Álbum: Curso 2017 - 2018 -> Recepción Melgasar 2017

Á espera de Melgasar!

Xa temos todo listo para a visita de Melgasar, o carteiro real, ao noso cole. E vós tedes as vosas cartas preparadas? Pois a rematalas axiña porque mañá xoves ás 10 en punto comezará a recepción no edificio de Infantil. De seguro que Melgasar repara na nosa árbore decorada con obxectos de Harry Potter. 

    

Precisarán as súas maxestades dun lentes para ler tantas cartas? E de bufandas para recorrer climas menos cálidos que os de Oriente? E se tiveran variñas máxicas ou algunha das nosas vasoiras voadoras? Igual lles podemos emprestar algo.

Pero iso non é todo, tamén seguiremos cos obradoiros de maquillaxes e peiteados de Nadal, teremos contos, teatro e concertos e, para os de Primaria, o espectáculo Pistacatro no Salón de Actos. Non o perdades!

CircoPeta e Visita a Correos Santiago

Hoxe os nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria desprazámonos a Santiago para asistir á actuación especial do "CircoPeta", un circo que como nos contaba Ruliño pouco a pouco foi quedando sen público ata que chegaron os percusionistas Chicho, Chuchi e Chachi e lle puxeron o seu toque musical. Con obxectos que había polo circo, como vasoiras, lixas, botellas, tubos de plástico, animais de madeira... crearon melodías sorprendentes. Despois convidaron a alumnos/as e mestres a subir ao escenario e demostrar as súas cualidades musicais. Morriamos coa risa!!!

  

E aproveitando a viaxe, achegámonos ata as oficinas de Correos na rúa do Franco. Moi amablemente mostráronnos todas as súas instalacións e explicáronnos todo o proceso que conleva enviar unha carta ata que chega ao seu remitente. Despois puxemos o selo e o mataselos ás nosas cartas e deixámosllas para que nolas entreguen canto antes. E sabedes cando chegarán? Dixéronnos que tardarían tan só un día en envialas a calquera punto de España. Rápido, verdade?

Cantas cousas aprendemos!

Máis fotos na Galería de Imaxes

Álbum: Curso 2017 - 2018 -> Circo Peta e Visita a Correos Santiago

Reunión coas familias do alumnado de 1º e 2º de E. Primaria

03/10/2017 16:30

O martes 3 de outubro, ás 16:30, terá lugar no salón de actos do CEIP de Sigüeiro unha reunión informativa coas familias do alumnado que cursa 1º e 2º de E. Primaria. Agardámosvos.

EXCURSIÓN FIN DE CURSO 1º E 2º DE PRIMARIA

Este luns 19 de xuño os alumnos e alumnas de 1º e 2º de primaria visitamos o Centro Etnográfico do río Mandeo da man de Pobo Aventura. Fixemos un montón de xogos e ata unha pequena andaina na que tivemos que realizar moitas probas  ao mesmo tempo que aprendemos diferentes curiosidades sobre o río Mandeo. Pasámolo xenial!!!!

 

UN COVO IMPRESIONANTE!!!

Non hai moito que nos visitaron no cole algúns enxames. Concretamente viñeron dous que foron sacados por un experto no tema. Que mundo tan interesante o das abellas. E aproveitando o acontecemento... os nenos e nenas de 1º tivemos unha gran sorpresa. Nada máis e nada menos que unha colmea ou covo de cristal! Sabedes o que eso supón? Pois que puidemos ver as abellas dentro da súa casiña, traballando. Foi fantástico! Ensináronnos e explicáronnos como fan o mel e a cera. Emocionante!