Por fin chegou Noiteboa!
Estamos por aquí para contarvos que, nos últimos días de clase, tivemos varias visitas especiais. Queredes velo?
A primeira delas, directo dende a Serra do Courel... chegou o APALPADOR!
Por fin chegou Noiteboa!
Estamos por aquí para contarvos que, nos últimos días de clase, tivemos varias visitas especiais. Queredes velo?
A primeira delas, directo dende a Serra do Courel... chegou o APALPADOR!
Esta semana, os alumnos/as de 1º baixamos á biblioteca na sesión de inglés para escoitar o conto Room on the broom contado por Maggie, a nosa auxiliar de conversa americana.
Despois sacamos unhas fotos co chroma subidos á vasoira. E aquí tedes o resultado...
O martes 21 de setembro ás 16:30 h terá lugar no Salón de Actos unha reunión informativa para as familias do alumnado de 2º de Primaria na que se falará sobre a organización do novo curso escolar. Para evitar aglomeracións, recomendamos puntualidade e asistencia dun único familiar por neno/a.
O mércores 8 de setembro ás 11h terá lugar no Salón de Actos unha reunión informativa para as familias do alumnado de 1º de Primaria na que se falará sobre a organización do novo curso escolar. Para evitar aglomeracións, recomendamos puntualidade e asistencia dun único familiar por neno/a.
Pasiño a pasiño chegamos á última semana deste particular curso 2020-2021. E coma durante todo o curso, tamén o final está condicionado pola pandemia que nos tocou vivir. Non podemos facer festival e festa todos xuntos, non poden entrar as familias e compartir a última xornada con nós... Pero sen algo especial non podiamos quedar! Hoxe, luns 21, o tempo non acompañou e impediu levar a cabo algunha das actividades que tiñamos proxectadas, coma a andaina por un tramo do Camiño Inglés que ía facer o alumnado de 5º e 6º ou a saída ao Carboeiro de 3º e 4º. Pero bueno, quen si puideron divertirse foron os nenos e nenas de Infantil e 1º e 2º de Primaria. Pasárono en grande cantando e bailando con Javier Solla. Que diversión!
Arrancamos coas actividades para a celebración das Letras Galegas con un contacontos que nos achega a ANPA para 1º, 2º e 3º. Que ben o pasamos con Caxoto que nos ensinou dunha maneira moi divertida moitas cousas sobre Xela Arias. Chamounos a atención cando, de pequena, foi ver o mar por prmeira vez acompañada de súa avoa, que contiño tan bonito.
Os nenos/as de primeiro coñecen o traballo dos mariñeiros a través do poema “ O meu barco” de Manuel María.
1º Educación Primaria
Os nenos/as de 2º Educación Primaria explícannos que os peixes son un recurso moi saudable do mar co poema “ O mar” de Manuel María.
2º Educación Primaria
O martes 8 de setembro ás 11h terá lugar unha reunión informativa nas gradas do patio de Primaria na que se falará sobre a organización do novo curso escolar e as medidas de hixiene e seguridade a tomar no centro en relación á situación COVID 19. Para evitar aglomeracións, recomendamos puntualidade e asistencia dun único familiar por neno.
O luns 7 de setembro ás 12h terá lugar unha reunión informativa nas gradas do patio de Primaria na que se falará sobre a organización do novo curso escolar e as medidas de hixiene e seguridade a tomar no centro en relación á situación COVID 19. Para evitar aglomeracións, recomendamos puntualidade e asistencia dun único familiar por neno.
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | |
7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 |
14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 |
21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 |
28 | 29 | 30 | 31 |
CEIP de Sigüeiro - Xunta de Galicia - Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, 2016 |