1º ciclo

Concerto de Nadal

O alumnado de Infantil e 1º e 2º de Primaria asistiu este luns á primeira actividade de Nadal, un concerto no Salón de Actos. Que ben o pasaron!

 

1º e 2º visitamos o Melga

O venres 14 de decembro os nenos/as de 1º e 2º foron ao Museo Etnolúdico de Galicia, coñecido como Melga, que está en Ponteceso.

 

Ricardo, o dono do museo, explicounos moitas cousas sobre os xogos e deportes tradicionais de Galicia, España e o mundo, expostos na sala. Xogamos á silla da reina (agora sabemos colocar ben os brazos), á ra, ao varapau, ao tirafungueiro... Tocamos a trécola, máis coñecida como a carraca ou o tastarabán. Tamén nos ensinou o roncollo, que fai un ruído moi parecido ás rás.

   

O tempo pasou moi rápido pero pasámolo moi ben. Os nosos pais e avós non tiñan xoguetes coma nós, pero pasábano en grande con todos estes xogos. 

Álbum: Curso 2018 - 2019 -> 1º e 2º en Melga

Día Internacional das Persoas con Discapacidade

O día 3 de decembro, Día Internacional das Persoas con Discapacidadeos nenos e nenas de 2ºB visionaron a curtametraxe "Cuerdas" que trata o tema da discapacidade.

Logo de ver o video, estivemos falando sobre esta tenra historia. Fixemos unha chuvia de ideas do que era para nós a discapacidade. Como actuariamos se fósemos María, a nena protagonista da historia? entre outras moitas máis que xurdiron durante a sesión.

A través desta curta pretendemos fomentar a inclusión dentro da aula.

  

Visita de Braulio Bolechas

O luns 19 os nenos e nenas de 2ºB tivemos unha visita moi especial: Braulio, un dos irmáns Bolechas. Veu gravar un capítulo dos Bolechas: Braulio Tuber para a Televisión de Galicia.

Foi moi emocionante cando Braulio chegou á aula. Entrevistounos a todos/as e a entrevista xirou en torno ao mundo da fotografía. Por grupos fomos falando de quen inventou a fotografía (Joseph Nicéphore Niépice, que era francés), que empregamos para sacar fotos... Tamén lle ensinamos cal era a nosa foto favorita de cada un de nós. Ata tivemos tempo para cantar unha canción.

Gustoulle moito o noso agasallo: un libro con fotos das actividades que facemos na aula.

Pasámolo moi ben e agora estamos agardando vernos na tele. Que emocionante!

No álbum tedes tamén algúns dos nosos debuxos de Braulio.

Álbum: Curso 2018 - 2019 -> Visita dos Bolechas

REUNIÓN INICIO DE CURSO 1º E 2º PRIMARIA

09/10/2018 17:00

martes 9 de outubro, ás 16:30, terá lugar no salón de actos do CEIP de Sigüeiro unha reunión informativa coas familias do alumnado que cursa 1º e 2º de E. Primaria. Agardámosvos.

Xelís de Toro visita o noso cole

Hoxe visitou a biblioteca do noso cole Xelís de Toro, autor da obra O trompetista e a lúa, que están lendo os alumnos/as de 2º de Primaria. Amais de contarnos o conto e tocar a trompeta, asinounos o seu libro. Moitas grazas por compartir este día con nós!

  

Máis fotos no seguinte álbum:

Álbum: Curso 2017 - 2018 -> Xelís de Toro

Actividade interxeracional: costureiras

Coa chegada da celebración do Día das Letras Galegas, o alumnado de infantil e 1º ciclo de primaria, tivemos unha visita moi especial no cole... Coñecedes a Uxía? A boneca protagonista da obra de Mª Victoria Moreno "A festa no faiado"? Pois con Uxía coñecemos o faiado da súa casa e todas aquelas "cousiñas" que nel estaban gardadas e que estaban relacionadas cun oficio moi tradicional: "AS COSTUREIRAS"

Coas personaxes desta obra, gato, rato, Teodosia e Uxía, percorremos unha chea de xogos que nos acercaron aínda máis a este oficio. Cal foi a nosa sorpresa cando, para rematar a xincana de xogos, a mesma Mª Victoria Moreno, nos adicou un diploma personalizado na nosa biblioteca.

Moitas grazas a todos os que fixestes posible esta actividade, disfrutamos moitísimo con todos vós.

  

  

Todas as fotos no seguinte álbum

Álbum: Curso 2017 - 2018 -> Actividade interxeracional: costureiras

Nós tamén programamos...

Que temos que facer para que o noso robot se desprace cara adiante 40 cm e despois se deteña? E para que se deteña cando detecte un obstáculo a menos de 10 cm de distancia? E para que esquive ese obstáculo xirando e continúe avanzando? Estes son algúns dos retos que resolve o noso alumnado de 1º e 2º de Primaria nas sesións de robótica. Son todos uns expertos!

 

Convivindo

Bota a andar a liña da mellora da convivencia dentro dos Contratos Programa concedidos a este centro. O alumnado de educación infantil e o de 1º e 2º de primaria, asistiu este venres no salón de actos ao contacontos "O segredo de Flora" no que se traballaron conceptos como o da ira e o enfado. O alumnado de 3º e 4º de primaria visualizou fragmentos da película "Quero ser como Beckham" acerca dos roles e os estereotipos.

  

O vindeiro xoves tócalle o turno aos nenos/as de 5º e 6º. Máis fotos no seguinte álbum:

Álbum: Curso 2017 - 2018 -> Mellora da Convivencia

Máis leitugas

O alumnado de 2º de primaria tamén se animou a plantar unhas leitugas dentro do noso invernadoiro. Agora, a mimalas moito para que medren axiña!