O luns 19 os nenos e nenas de 2ºB tivemos unha visita moi especial: Braulio, un dos irmáns Bolechas. Veu gravar un capítulo dos Bolechas: Braulio Tuber para a Televisión de Galicia.
Foi moi emocionante cando Braulio chegou á aula. Entrevistounos a todos/as e a entrevista xirou en torno ao mundo da fotografía. Por grupos fomos falando de quen inventou a fotografía (Joseph Nicéphore Niépice, que era francés), que empregamos para sacar fotos... Tamén lle ensinamos cal era a nosa foto favorita de cada un de nós. Ata tivemos tempo para cantar unha canción.
Gustoulle moito o noso agasallo: un libro con fotos das actividades que facemos na aula.
Pasámolo moi ben e agora estamos agardando vernos na tele. Que emocionante!
No álbum tedes tamén algúns dos nosos debuxos de Braulio.