1º ciclo

Christmas cards

O alumnado de 2º de Primaria intercambiou postais de Nadal con alumnos/as do colexio Blackshaw Primary School de Bolton, preto de Manchester (UK).

Aquí están as que nós escribimos...

 

... e as que eles nos enviaron.

 

Saída ao Auditorio Abanca

O pasado xoves, 28 de novembro, o alumnado de 1º e 2º de primaria acudiu ao Auditorio Abanca para ver a obra musical «A nena e o grilo máis aló», de Magín Blanco. Gozaron do teatro con música en directo e cunha historia que os levou, entre medos e risas, a un mundo de maxia e de fantasía.

EXPOSICIÓN ARGALLAR - 1º PRIMARIA

O venres, 18 de outubro, o alumnado de 1º de Educación Primaria achegouse ata a Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela, para visitar a exposición ARGALLAR, na cal divertíronse e aprenderon xogando coa arquitectura. 

3.jpg

Saída á Cidade da Cultura

O martes, 8 de outubro, o alumnado de 2º de primaria visitou a exposición Argallar na Cidade da Cultura. Alí puideron xogar coa arquitectura construíndo diferentes formas xeométricas coma cubos ou pirámides. Pasárono xenial!

Reunión inicio de curso 1º e 2º Primaria

24/09/2019 16:30

 martes 24 de setembro, ás 16:30, terá lugar no salón de actos do CEIP Plurilingüe de Sigüeiro unha reunión informativa coas familias do alumnado que cursa 1º e 2º de E. PrimariaAgardámosvos.

Visita de Anxo Fariña

O ilustrador Anxo Fariña estivo cos pequenos de 1º e 2º para contarlles como plasma no papel os seus personaxes e tamén para ensinarlles algunhas técnicas á hora de debuxar.

Durante a visita, tivo tempo de debuxar ao noso compañeiro Manu. Mirade que detalles e que precisión!

  

Dende o noso horto á túa mesa...

Mirade cantas leitugas temos no noso invernadoiro! Mara, Manu e Carla de 2º foron a recollelas. Case non cabían nas cestas...

 

Como di o noso lema: Son boas, son sans e son de Hortocol!

E como todo o bo se acaba, axiña non quedou ningunha. Pero tranquilos/as, o próximo martes haberá máis!!!

 E mirade como medran as nosas patacas...

Easter cards

Year 2 continues exchanging cards with their penpals at Highfields Primary in Rowley Regis.

This time, we made Easter Bunnies.

 

And they sent us Easter eggs and chicks.

 

Thank you very much!!! We'll keep in touch.

Braulio Tuber

Se o venres se emitía a entrevista aos nosos alumnos/as no programa "Fun polo aire" sobre o cambio de hora, o luns a clase de 2ºB foi a protagonista no espazo televisivo "BraulioTuber". Ese día emitiron a reportaxe que Braulio Bolechas gravou no 1º trimestre sobre a fotografía! Dádelle ao "play".

Os nosos alumnos/as en "Fun polo aire"

O pasado mércores, algúns alumnos/as de 1º, 2º e 3º responderon unhas preguntas ante as cámaras do programa da Galega "Fun polo aire". Mirade que saben do cambio de hora... (min 57:12)