O CURSO ESCOLAR 2020/2021 DARÁ COMEZO O DÍA 10 DE SETEMBRO, PARA O ALUMNADO DE 4º E 5º DE EDUCACIÓN INFANTIL (3 e 4 ANOS) E PARA O ALUMNADO DE 1º,2º E 3º DE PRIMARIA.
Lembra:
- Horas de entrada:
*Durante o período de adaptación, o alumnado de 3 e 4 anos deberá seguir o horario indicado polas titoras tanto para as entradas como para as saídas.
- 9:30: Alumnado de 1º, 2º e 3º de Primaria non transportado.
- 9:40: Alumnado de transporte. Mantense o horario habitual nas paradas.
- 9:50: Alumnado de Infantil 3 e 4 anos non transportado.
- Horas de saída:
- 14:30: Infantil 3 anos e 1º Primaria.
- 14:35: Infantil 4 anos e 2º Primaria.
- 14:45: 3º Primaria.
- Saída do comedor:
- 15:00: Alumnado de Infantil non transportado.
- 15:30-15:40: Alumnado transportado. Chegada ás paradas no horario habitual.
- 15:45: Alumnado de Primaria non transportado.
- Só 1 persoa poderá acompañar ao alumnado de 3 e 4 anos na entrada (tamén ao de 1º durante o mes de setembro) e na recollida do alumnado á hora de saída.
- Desprazamentos seguindo as frechas e mantendo a distancia de seguridade.
- Uso obrigatorio de máscara (en Infantil é recomendable).
- Compromiso de non enviar ao colexio alumnado con sintomatoloxía compatible coa COVID.