Os días 6 e 7 deste mes o alumnado do 1º ciclo de primaria fixo unha visita guiada ao Museo de Historia Natural da USC. Alí puideron coñecer máis sobre os animais e o seu hábitat así como algunha curiosidade que lles chamou a atención. Por exemplo, sabiades que a curuxa caza pola noite porque o seu voo é silencioso debido a que o vento non penetra entre as fibras das plumas? Ou que o cuco é un paxaro moi listo que pon os ovos no niño doutro para que llos coide? Ou que as píntegas, que viven en lugares húmidos, se andan pola zona é un bo indicador de que a auga está limpa?
Sen dúbida a visita foi do máis interesante porque, ademais, puideron ver diferentes minerais e ata observar varias pedras preciosas adentrándose nunha grande caixa forte!