1º ciclo

Os Maios

Hoxe, 5 de maio, celebramos a Festa dos Maios no cole. Xa comezamos onte a elaboración de dous maios, un para Infantil e 1º e outro para o resto de Primaria. Foi sorprendente ver como as estructuras de madeira se iban cubrindo de ramas verdes e de flores e tornándose cada vez máis bonitas. Todo unha explosión de Primavera. Xa no día de hoxe trasladámolos á pista e cantamos as coplas á vez que xiramos arredor deles. Foi moi divertido!

    

    

UN CONTO CON NÓS

Hoxe o alumnado de 1º e 2º asistimos a unha sesión de Contacontos na que nós fomos os protagonistas. Foi no salón de actos do colexio e pasámolo xenial.

DÍA DA PAZ

Hoxe, 30 de xaneiro, celebramos o Día Escolar da Non Violencia e da Paz e comezamos a mañá coa actuación do grupo de teatro de 2ºA, que representou A pelexa das cores. Despois o alumnado de 3ºA interpretou a canción Que canten los niños  e para rematar Alicia fíxonos gozar con Imagine de John Lennon. 

 

O Camiño Francés: O Miño e o Sil

O alumnado de 2º de Primaria estivo traballando sobre o Camiño Francés, a ruta principal entre as distintas variantes que ofrecen os Camiños de Santiago. Seguindo o trazado deste camiño podemos percorrer o río Miño e o río Sil. Fai clic nunha das seguintes páxinas para acceder á guía:

 

O poeta Manuel María escribiu estes poemas aos ríos Miño e Sil. 

PROXECTO VEXO VEO

Este curso o centro participa no PLAN PROXECTA dentro do programa VEXO VEO XACOBEO. O venres 8 de abril o alumnado de 4 anos e 1º de primaria puideron gozar dun contacontos e un pequeno obradoiro. Aquí algún momento desa sesión.

 

A Vía da Prata - O cigarrón e o Castelo de Monterrei

Seguimos ampliando a nosa Guía do Camiño centrándonos agora nas diferentes rutas a Santiago de Compostela. Os nenos e nenas de 1º de Primaria móstrannos os lugares e festas de interese da Vía da Prata.

  

SAÍDA SANTIAGO - CATEDRAL

Este venres, día 1 de abril, as nenas e os nenos de 1º de Primaria visitamos Compostela para realizar a última parte do Camiño de Santiago.

Descubrimos moitas curiosidades e segredos que esconde a cidade. Ó rematar, puidemos entrar na Catedral e tamén no Hostal dos Reis Católicos para seguir coñecendo datos históricos sobre estes lugares. Sabiades que alí se bautizou Rosalía de Castro?

Álbum: Curso 2021 - 2022 -> Saída Santiago - Catedral - 1º Primaria

Escornabot and tablets in English

Esta semana o alumnado de 1º traballou con tablets e tamén con escornabots na clase de inglés. Foi unha maneira diferente de afianzar contidos ao mesmo tempo que se traballaron as destrezas dixitais.