Este luns 19 de xuño os alumnos e alumnas de 1º e 2º de primaria visitamos o Centro Etnográfico do río Mandeo da man de Pobo Aventura. Fixemos un montón de xogos e ata unha pequena andaina na que tivemos que realizar moitas probas ao mesmo tempo que aprendemos diferentes curiosidades sobre o río Mandeo. Pasámolo xenial!!!!