CircoPeta e Visita a Correos Santiago

Hoxe os nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria desprazámonos a Santiago para asistir á actuación especial do "CircoPeta", un circo que como nos contaba Ruliño pouco a pouco foi quedando sen público ata que chegaron os percusionistas Chicho, Chuchi e Chachi e lle puxeron o seu toque musical. Con obxectos que había polo circo, como vasoiras, lixas, botellas, tubos de plástico, animais de madeira... crearon melodías sorprendentes. Despois convidaron a alumnos/as e mestres a subir ao escenario e demostrar as súas cualidades musicais. Morriamos coa risa!!!

  

E aproveitando a viaxe, achegámonos ata as oficinas de Correos na rúa do Franco. Moi amablemente mostráronnos todas as súas instalacións e explicáronnos todo o proceso que conleva enviar unha carta ata que chega ao seu remitente. Despois puxemos o selo e o mataselos ás nosas cartas e deixámosllas para que nolas entreguen canto antes. E sabedes cando chegarán? Dixéronnos que tardarían tan só un día en envialas a calquera punto de España. Rápido, verdade?

Cantas cousas aprendemos!

Máis fotos na Galería de Imaxes

Álbum: Curso 2017 - 2018 -> Circo Peta e Visita a Correos Santiago