Equipo DLG

SEMANA DO LIBRO

LIBROS + NATUREZA = COMBINACIÓN PERFECTA

ESCRIBIMOS O NOSO LIBRO FAVORITO:

 

NA BIBLIOTECA ESPERÁBANOS UNHA SORPRESA:

CONTACONTOS PARA INFANTIL:

 

 

 

ENTREGA DE AGASALLOS DO CONCURSO: COMO SE DI?

 

 

CORRE CORRE Á HORTA.

Esta semana os nenos e nenas de 5 anos estiveron traballando na aula o conto Corre Corre Cabaciña. Cando

remataron de lelo correron á horta como a protagonista do conto, a plantar as cabazas e cabaciñas das que

fala o libro. Para completar a súa parcela tamén plantaron berenxenas e leitugas.

 

 

 

LETRAS GALEGAS 2021

Este ano o Día das Letras Galegas está dedicado a Xela Arias (Sarria, 1962-Vigo, 2003), poeta, tradutora e editora.

El Día das Letras Galegas 2021 será para Xela Arias en 2021 | Letras, James  joyce, Roald dahl

 Nestes enlaces podedes atopar máis información dela.

Real Academia Galega.Primaveira das Letras

O Portal da Lingua Galega

Real Academia Galega

Xerais

DIPLOMA DA REAL ACADEMIA GALEGA

Despedimos este segundo trimestre do curso cunha moi boa noticia que nos comunicaron no día de hoxe. A Real Academia Galega a través do seu Presidente, Victor Freixanes, felicítanos polo traballo feito a prol da difusión da digura e da obra de Ricardo Carballo Calero como protagonista das Letras Galegas 2020. Como recoñecemento concédenos un DIPLOMA.

Dende o centro felicitamos aos verdadeiros artífices, o noso alumnado. PARABÉNS!

 

FALADOIRO CON UXÍA SENLLE

O mércores pasado tivemos a sorte de contar coa visita de Uxía Senlle, de xeito virtual. Contestou todas as preguntas da entrevista que lle fixo Lola e os seus compañeiros/as. Pero non todo quedou aí, agasallounos con varias cancións entre elas "Alala das mariñas", ensinounos a súa casa, para rematar cantou  con nós "No bico un cantar" e "Como chove miudiño".  Foi unha mañá moi especial, esperamos que se repita e poidamos vela de xeito presencial.

   

 

 

 

 

 

 

SABER O MAR

Hoxe, disfrutamos dun obradoiro que nos transportou ao MAR. Dende a Sala do Mar do Museo do Pobo Galego, chéganos ao centro un educador cunha maleta chea de elementos mariñeiros. E non só iso, ademais puidemos conectarnos en directo coa mesma Sala do Mar do Museo. Foi moi divertido!

      

MARUXA E AVÓS

MARUXA

Maruxa e Pepiño vivían na aldea.

Maruxa cosía, varría e labraba.

Pepiño cantaba, folgaba e durmía.

Mais un bo día...

AVÓS

Avós relata a tenra historia de dous velliños, Manuel e Manuela. 

1º ENTREGA DE AGASALLOS DO CONCURSO "COMO SE DI?"

PARABÉNS PARA AROA 1ºB E ALBA 5ºB

     

SEGUIDE PARTICIPANDO!  HABERÁ MÁIS AGASALLOS!

HORTOCOLIÑA FEBREIRO 21

Ola rapaces, aquí tedes o último número da nosa revista Hortocoliña. Bótalle un ollo, a ver se atopas a túa aportación!