Equipo DLG

Regueifando de Correlingua

Este ano participamos no Regueifando de Correlingua co alumnado de sexto de primaria.

O noso reto era facer tres coplas, que se unirán as coplas doutros centros, para facer unha

regueifa colectiva que vai percorrer o noso país de lado a lado. Foi unha experiencia nova e divertida,

na que nos quedou claro que temos bos regueifeiros neste cole. Neste video popodes comprobalo.

Agora 5º e 6º con XELA

Na semana das Letras, seguimos a aprender máis cousas sobre Xela Arias. Hoxe fomos os nenos e nenas de 5º e 6º os participantes dun obradoiro que levou a cabo Xandobela por proposta do Concello. A través do xogo Quen dis que é? puidemos descubrir algo novo de Xela. Como nos divertimos!

 

 

A FESTA DA NOSA LINGUA

A nosa lingua está de festa e no colexio levamos a cabo un montón de actividades durante todo o mes de maio. Amais das que nos ofreceron o Concello, a ANPA e a Asociación de Escritores en Lingua Galega, ou o videoclip que realizamos da canción de Paco Nogueiras "Meu o mundo é"; fixemos un concurso de caricaturas de Xela Arias e decoramos marcapáxinas sobre a homenaxeada. A gañadora da caricatura foi Adriana de 6º C, e con ela elaboramos unha chapa que repartimos a todo o persoal do colexio. Parabéns Adriana!

   

  

   

  

  

Pedro Brandariz "Senlleiras"

Hoxe tocoulle a Infantil participar dunha das actividades que nos ofreceu o concello. Estivo no colexio Pedro Brandariz con "Senlleiras" achegándonos ás mulleres que foron homenaxeadas no día das Letras Galegas ao longo da súa historia. Tan só catro foron as escollidas ata Xela; Rosalía de Castro, Francisca Herrera, María Mariño e Mª Victoria Moreno. Fenomenal coma sempre!

 

Letras Galegas 2021

ESTAMOS DE FESTA!  O luns, 17 de maio, homenaxeamos o noso idioma. 

Para conmemor o DÍA DAS LETRAS GALEGAS, no CEIP Plurilingüe de Sigüeiro representamos a canción "Meu o mundo é" de Paco Nogueiras.

Esperamos que vos guste!

 

Ademais o alumnado de primaria coa profesora Daisy, decidiu interpretar a peza "Muñeira de Pontesampaio" con palillos. Aquí o resultado: 

OBRADOIRO DE XELA

Hoxe tivo lugar outra das actividades para conmemorar a figura de Xela Arias. Esta vez foi o alumnado de 4º o partícipe dun obradoiro sobre Xela, que nos ofreceu a Asociación de escritores en Lingua Galega con Andrea como guía. Achegámonos á Xela Nai a través do seu libro "Dario a diario" e soubemos que a súa poesía se caracteriza polo verso libre. Nada mellor que levalo á práctica para descubrir de que se trata, e en nada, convertímonos en poetas. Tivemos que traer ao colexio unha fotografía con alguén da nosa familia a quen lle escribimos un poema. Fixemos unhas composicións xeniais!!!

  

  

PREMIOS "ESCRIBE UNHA CARTA..."

No día de hoxe fíxose entrega dos galardóns do concurso que organiza o concello de Oroso "Escribe unha carta...", para promocionar o Camiño Inglés. Este ano o personaxe histórico que peregrinou a Compostela en 1531 e ao que se lle escribiu a carta, foi o cabaleiro suízo Heinrich Schömbrunner von Zug. A gañadora do 1º premio do noso colexio foi Lola Fernández Lojo de 6º A e o 2º premio recaeu en Martín Otero Barriuso de 6º C. Así mismo resultaron finalistas os alumnos/as: Hugo Camaño Mira de 5º A, Aldara García Martínez de 6º A, Xiana Vázquez Fernández de 6º B e Martiño Miramontes López de 6º C. 

PARABÉNS para todos e especialmente para LOLA.

  

 

 

XELIÑA FALA GALEGO

Arrancamos coas actividades para a celebración das Letras Galegas con un contacontos que nos achega a ANPA para 1º, 2º e 3º. Que ben o pasamos con Caxoto que nos ensinou dunha maneira moi divertida moitas cousas sobre Xela Arias. Chamounos a atención cando, de pequena, foi ver o mar por prmeira vez acompañada de súa avoa, que contiño tan bonito. 

  

RECURSOS LETRAS GALEGAS 2021. XELA ARIAS CASTAÑO.

Seminario  Galán  

Neste enlace atoparedes as unidades didácticas, en papel e en liña, por cursos para traballar a Xela Arias

Real Académia Galega. Primavera das Letras

Na Primaveira das Letras temos fichas interactivas e descargables.

Video da Vida e obra de Xela Arias Castaño.