Equipo DLG

EDUEMPRENDE "Grand Prix Financeiro"

Estes días o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria estivo participando na actividade "Grand Prix" de educación financeira de Afundación, obra social Abanca, dentro do Programa da Consellería EDUEMPRENDE. Un dos obxectivos deste programa é desenvolver o espírito emprendedor dos nosos rapaces e rapazas. Dúas monitoras estiveron durante tres días no colexio levando a cabo diversas actividades e xogos para que o alumnado aprenda, dun xeito activo e en primeira persoa, as primeiras pautas de como adaptarse a un orzamento e á importancia do aforro na vida.

  

 

 

VISITA DE HECTOR CAJARAVILLE

Maio, o mes das flores e das Letras Galegas. Onte tivemos o privilexio de escoitar a Héctor Cajaraville presentando o libro "Florencio Delgado Gurriarán. Polos vieiros da saudade", autor homenaxeado este ano nas Letras Galegas.

Tod@s estivemos moi atentos, xa que Héctor ten unha gran capacidade para comunicar e transmitir oralmente os seus coñecementos.

Gracias Héctor pola túa colaboración e gracias ao Concello de Oroso pola ofrecernos esta actividade.

Esperámoste na próxima visita.

LETRAS GALEGAS. FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN

                                                       

Neste ano 2022, queremos conmemorar unha das datas máis significativos para a nosa lingua; o 17 de Maio, DÍA DAS LETRAS GALEGAS,  e nesta ocasión, da man do escritor e poeta FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN.

Para coñecer un pouco da súa vida e obra compartimos estes enlaces nos que podedes atopar diversas actividades.

No enlace do Seminario Galán  hai actividades interactivas, en formato genially, actividades en PDF, carteis da exposición, cuestionarios, marcapáxinas, biografía, escolma de texto, fotos, canción poema "Pandeirada...

    http://www.seminariogalan.org/   

Pola súa parte no enlace,  da Real Academia Galega, "A primavera das Letras" , pode descargarse a biografía do autor escrita por Ledicia Costas e ilustrada por Blanca Millán.

   primaveradasletras.gal                                                       

 

CONTACONTOS KALANDRAKA

Comezamos o mes de Abril con un Contacontos. Hoxe visitounos Paco Nogueiras para contar e cantar uns contiños de KALANDRAKA ( ANIMAIS, ANIMAIS DA GRANXA, OS RATOS DA CASA, ELMER E BECHOS) Clica na imaxe para ollar algunha fotiño:

 

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

O 8 de marzo é o Día Internacional da Muller declarado polas Nacións Unidas en 1975. Esta data conmemórase en moitos países do mundo. As mulleres dos diferentes continentes, separadas por fronteiras nacionais e diferencias étnicas, lingüísticas, culturais, económicas e políticas, únense neste día na loita en pro da igualdade, a xustiza e a participación en todos os ámbitos da sociedade.

No noso colexio quixemos lembrar ás mulleres que cada un de nós eliximos como GUÍA NO NOSO CAMIÑO CARA SANTIAGO E ACOMPAÑANTE NA TRAXECTORIA DA NOSA VIDA.

  

  

DÍA DE ROSALÍA

Neste Día de Rosalía o alumnado preparou e recitou uns poemas de "Cantares  Gallegos" e "Parece unha Rosa".  Olládeo neste vídeo:

 

Para completar o día participamos na lectura colectiva de poemas no Concello

 

    

 

O alumnado de Infantil plantou camelias para a nosa Rosalía.

  

No recreo do comedor 

os nenos e nenas fixeron un recitado de poemas de Rosalía