Equipo DLG

RETO CÓMIC E PREMIOS COMO SE DI?

 

ENTREGAMOS OS PREMIOS COMO SE DI? DO PRIMEIRO TRIMESTRE. E OS LIBROS FORON PARA... LUCÍA DE 1º B E ICÍA DE  4º B.

PARABÉNS AS PREMIADAS!

  

 

A SEMANA PASADA COMEZAMOS UN NOVO RETO "ATRÉVETE CO CÓMIC". TRÁTASE DE FOMENTAR A LECTURA EN GALEGO GOZANDO DOS

CÓMICS DE ASTÉRIX E OBÉLIX ENTRE OUTROS.

 

 

DÍA DA PAZ

Para conmemorar o Día da Paz, os 5º animáronse a representar o que é a paz para eles... este é o resultado. 

CONTOS DE NADAL

 

HOXE ESCOITAMOS RELATOS DE NADAL ESCRITOS POLOS NOSOS COMPAÑEIROS. CHEOS DE SOÑOS, ILUSIÓN, ESFORZO E ESPERANZA.

NADA MELLOR QUE OS NOSOS COMPIS PARA LEVARNOS  DE VIAXE POLO NADAL RESPECTANDO A SÚA ESENCIA,  COMPARTIR.

 

  

                                                

 

 

CORRELINGUA. CONTACONTOS DE VERO RILO.

Hoxe recibimos no cole, da man de Correlingua, a Vero Rilo. Unha gran contadora de contos que deixou ao profesorado e ao alumnado de 5º e 6º de infantil encantados. Contou diferentes historias como “Velliñas”, “A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza”, “A vaca que puxo un ovo”... e diferentes contos  de tradición oral, deses que gardan un encanto especial ao conservarse, precisamente, por ter quen os conte, e ao mesmo tempo, quen os escoite para volver contar e así nunca se perdan, como por exemplo "Leite". Todos eles foron contados de xeito oral e acompañados de linguaxe de signos. Foi tal o pracer, que xa nos tarda volver escoitala.

Moitas grazas Vero! Moitas grazas Correlingua!

   

O MAGOSTO

Este venres 5 de novembro celebramos no cole a festa do magosto. A verdade e que xa tiñamos moitas ganas. 

A xornada comezou coa degustación de castañas asadas que nos preparou o castañeiro Bieito. Os primeiros en probalas foron o alumnado de infantil e máis tarde pasaron por orde o resto dos cursos de primaria.

 

 

 

Ás 13:15 horas tivo lugar a entrega de premios do concurso de Samaín. O alumnado premiado  polas mellores cabazas e composicións de cada ciclo, foi agasallado cun conto. Aproveitando a ocasión o alumnado de 6º de primaria foi galardoado co selo de Calidade Europeo polo  Proxecto eTwinning "Web2English" que levaron a cabo o curso pasado.

 

 

 

 


Álbum: Curso 2021 - 2022 -> Magosto