Equipo DLG

PRIMEIRA SESIÓN CONTOS DO SAMAÍN

COMEZAMOS COA LECTURA DE CONTOS DE SAMÁIN. HOXE FOI O ALUMNADO DE TERCEIRO DE PRIMARIA QUEN GOZOU COS CONTOS DOS SEUS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS DE 6ºA E 5ºB.

                                                                                        

ROTEIRO POLO CAMIÑO INGLÉS

O pasado venres, 17 de setembro, o alumnado e profesorado de 5º e 6º percorremos o tramo do Camiño Inglés, dende Carrás (Ordes) a Sigüeiro (Oroso).

Comezamos o roteiro con moita ilusión aínda que o tempo non nos acompañou.

Nos carteis puidemos ver os lugares por onde transcorreo o camiño.

Pasamos pola Fonte da Santiña

E aproveitamos o roteiro para mellorar a nosa contorna recollendo lixo (plásticos, latas, …)

Que como podedes comprobar non foron poucos.

Así non só gozamos da natureza, tamén a coidamos.

 

SEMANA DOS XOGOS POPULARES

Anda que anda, case sen darnos conta chegamos á penúltima semana do curso, semana que imos dedicar aos xogos populares. Grazas a Cándido Mascato e ao Concello de O Grove podemos contar cunha colección de 25 xogos durante toda a semana. O alumnado poderá divertirse con xogos como: mourón das ras, solitario celta, taboleiro do gato, xogo dos castelos, laberinto cooperativo, mourón da cruz, argolas no tallo, colgadoiro de ferraduras... A pasalo ben nenos e nenas que o curso remata!!! 

  

                                             

  

  

Álbum: Curso 2020 - 2021 -> Xogos Populares

David Navarro con nós

Hoxe acompañounos no colexio David Navarro ex xogador do Obradoiro. Presentounos o seu libro "O Soño de Liam" e firmou os exemplares que tiñamos. Aprendemos que os soños se os perseguimos pódense cumprir. Grazas David

 

 

XORNADA DE CONVIVENCIA CRA DE OROSO

Hoxe recibimos no colexio a familias e alumnado do CRA de Oroso, que se incorporarán ao centro no vindeiro curso. Foi unha xornada moi agarimosa. Primeiro tivo lugar unha recepción no salón de actos, alí alumnado noso de 4º de Primaria, que tamén viñeron no seu momento do CRA, puideron trasladarlle a súa experiencia no cambio de centro. Por outra banda alumnado de 6º de Primaria agasallounos cun par de representacións, estiveron xenial! Xa despois visitamos algunha aula, a biblioteca... e no comedor esperábanos unha merendiña. Nada máis e nada menos que pizza e unha copa de chocolate!!! Por último visitamos os patios, onde descubrimos que había un montón de nenos e nenas no recreo. E para rematar volta para as nosas casas cunha bolsiña que nos deron cun zume e magdalenas.    

   

ROSCO Ó RESCATE

O alumnado de 3º e 4º celebramos o Día do medio ambiente con Rosco, co que aprendemos un montón de boas prácticas para protexer a natureza, grazas á Casa Grande de Xanceda.

Deunos consellos tan bos coma: levar unha bolsa de tea á compra, recoller o lixo cando saiamos de paseo pola natureza, apagar as luces cando non son precisas, pechar a billa mentres lavamos os dentes, plantar unha árbore, reciclar... Ah! e ensináronnos un precioso robot feito con material de refugallo, basicamente con latas de conservas. E ademais, agasalláronnos cun lapis moi especial que... Contiña sementes!!!

 

 

CHARLA CON LEDICIA COSTAS

 Este xoves os nenos e nenas de 5º e 6º tivemos a sorte de falar cunha das nosas escritoras favoritas:

Ledicia Costas. Falamos de Señorita Bubble, de Escarlatina, Esmeraldina, de todos os libros que lemos e

que moito nos gustaron. Contounos que empezou a escribir de moi nova, que a primeira novela que escribiu

foi Unha estrela no vento e moitas cousas máis porque foi moi amable e contestou a todas as nosas

preguntas. Gracias Ledicia, esperamos verte para o próximo curso de xeito presencial.