Equipo DLG

"O NOSO OUTONO FOTOGRAFADO"

 

 

Ola a tod@s, este curso, debido á situación na que estamos, temos que celebrar a chegada o outono dun xeito diferente. Por iso dende o Equipo de Dinamización animámosvos a participar na actividade "O noso outono fotografado".

Trátase de que xunto co voso/a fillo/a preparedes a vosa cabaza, fagades a foto dela ou fotografedes unha paisaxe de outono e nola enviedes ao correo do Equipo de Dinamización da Lingua Galega que é edlgsigueiro@gmail.com

No correo que enviedes a foto poñedes o nome e apelidos da alumna/o e o curso.

Cada neno/a explicará na clase aos seus compañeiros que representa a súa cabaza ou a súa foto do outono. Con esta actividade pretendemos fomentar o uso da lingua galega aprendendo a expoñer en público.

Con todas as fotos elaboraremos unha presentación ou libro dixital que publicaremos na web do colexio.

Lembrade que estas fotos poden ser publicadas na web e polo tanto os nenos/as teñen que ter firmada a autorización de publicación de imaxe.

                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                           E.D.L.G

Letras Galegas 2020

Ola a tod@s, como xa sabedes estamos na semana das Letras Galegas, este ano adicadas a Ricardo Carballo Calero, unha semana moi especial no noso cole, este ano non vai ser posible celebralo xuntos, pero podemos facelo desde as nosas casas e para iso dende os equipos da Biblioteca e Dinamización da Lingua Galega deixámosvos esta selección de recursos:

 - Vídeo vida e obra de Ricardo Carballo Calero.

- Preguntoiro Musical.

- Xogo letras.

- Escape Room Primaria.

- Primavera das Letras, recursos para traballar Ricardo Carvallo Calero.

- Materiais para as Letras Galegas.

Agora que xa coñecedes un pouco máis a vida e obra de Ricardo Carballo Calero propoñémosvos que escollades un poema, pode ser un da escolma de poemas ou calquera outro que saibades, recitádelo, gravádelo e enviádenolo ao correo de dinamización edlgsigueiro@gmail.com

Esperamos a vosas achegas. Ánimo.

 

Escolma de poemas

 

O meu cabalo piafa no curro do castelo.

O seu casco escrebe sobre o po,

sobre a area, sobre a auga, sobre a neve,

sobre o vento, poemas que eu transcrebo

en clave de lúa, en lingua de non.

Circulación da cadro do seu caracoleo.

Cadratura do círculo. O centauro arquitecto.

Cantigas de amigo e outros poemas

 

Non llo preguntarei, non, aos pardais

nin á cachorra, nin ao paporrubio

non llo preguntarei á lavandeira

que decote uns, outros de cando en cando,

ao meu terrazo acoden, comer

as miúdas migallas que lles boto.

Reticências

 

Durme, meniño, no teu berce;

durme, que os montes están cheos de neve.

Durme, meniño, no teu barrelo;

durme , que os montes están cheos de medo.

Durme, meu neno. Durme, que cando sexa primavera

ti choutarás polas floridas veigas

 

Cantos de berce ou arrolos. O fillo (Teatro)

RECOMENDACIÓNS LECTORAS

Dende os equipos de Biblioteca e Dinamización da Lingua Galega animámosvos a pasar estes días na casa vivindo aventuras, os libros poden ser esa porta ou xanela aberta ao exterior.

Cun libro pódese soñar, medrar, vivir.

Deixade voar a vosa imaxinación con estas recomendacións lectoras.

Picando nas seguintes ligazóns atoparedes moitos libros gratuítos para ler na rede.

Feliz Feroz, o lobo riquiño. (A partir de 6 anos).

- Fred Quincalla, o nómade do mar. (A partir de 8 anos).

- Vaia tropa. (A partir de 9 anos).

- Dragal IV. A estirpe do dragón. (Xuvenil)

- Outras lecturas da editorial XERAIS.

- Cinco títulos para ler dende a casa, da editorial ANAYA.

- Outras lecturas da editorial BRUÑO.

23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO

Ola a tod@s, como xa sabedes hoxe é o DÍA DO LIBRO, un día que sempre celebramos na escola co noso habitual concurso de marcapáxinas e a nosa lectura continuada dun libro na biblioteca. Este ano non vai poder ser, pero iso non quere dicir que non poidamos compartir lecturas.

Dende a biblioteca propoñémosvos que fagades un vídeo lendo un conto ou facendo unha recomendación dalgún que teñades na casa e que nolo mandedes á seguinte dirección: bibliotecasigueiro@gmail.com

Colgarémolos na conta de youtube do colexio para que tod@s poidamos disfrutar deles.

Tamén, se queredes, e aproveitando que hoxe loce o sol, podedes expoñer na túa xanela algún libro que che guste. Non haberá mellor maneira de alegrar as rúas que cos nosos libros.

Manda unha foto da túa xanela cos libros e seleccionaremos algunhas para colgala na páxina do colexio (bibliotecasigueiro@gmail.com).

ÁNIMO 

#EstamosConVós

LECTURAS EN TEMPOS DE LECER

Neste tempo de descanso non podiamos deixar de animarvos a ler.  Escoller un bo amigo que nos permita viaxar por lugares exóticos, vivir experiencias divertidas, atopar sentimentos agochados, botar unha boa gargallada...Todo é posible cun bo libro. Por iso, seleccionamos estes enlaces para que poidades escoller o que máis vos guste.

Abre unha páxina e déixate levar....

 KALANDRAKA TV: xa coñecedes as fantásticas historias coas que gozan os máis pequen@s.

http://www.kalandraka.tv/gl/index.php 

GaliciaLe: na que poderás acceder a todas as bibliotecas púbicas galegas e acceder ao catálogo completo en galego e en castelán.

https://www.galiciale.gal/

 

Que vaia ben o descanso e saúde para tod@s.

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

O século XXI debe ser o século da igualdade da muller. Contribuamos a que o sexa.   António Guterres

No noso centro levamos a cabo varias actividades para lembrar e reivindicar a igualdade entre homes e mulleres.

Coma cada curso, a ANPA organizou unha actividade na que participou todo o alumnado que quixo, escribindo o nome das mulleres da súa familia nunha folla, que despois formou parte dalgunha das tan necesarias árbores para a nosa vida, en relación co noso proxecto de centro do actual curso "Os bosques".  

 

24 de febreiro, Día de Rosalía

DÍA DE ROSALÍA

A pesar de estarmos en Entroido,  o noso centro non se esqueceu de conmemorar o día de Rosalía de Castro. Por iso, o alumnado do 3º ciclo estivo preparando unha escolma de poemas de Rosalía, para lerllos á rapazada de Ceipp de Sigüeiro. Mirade como locen as nosas Rosalías!

 

Ademais, para manter viva a obra da nosa gran poeta, colocamos algúns dos poemas máis fermosos e recoñecidos de Rosalía, ao pé dos chanzos das escaleiras do noso colexio.

  

 

 

 

Estreamos conta de Instagram con Rosalía!

O equipo de Dinamización da Lingua Galega estrea perfil en Instagram. E que mellor maneira de facelo que homenaxeando á nosa autora máis querida, Rosalía de Castro; cuxa efeméride se conmemora o próximo luns 24 de febreiro. 

Gustaríanos encher as redes coa súa presenza, por iso animámosvos tanto a alumnos/as como a familias a publicar fotos relacionadas coa autora ou videos recitando algún dos seus poemas. Lembrade empregar o cancelo #EusigoaRosalía e etiquetar o noso perfil @edlg_ceipdesigueiro. E ti, segues a Rosalía?

SEGUIMOS ANTROIDANDO

Rematada a semana dos mandados, na que cumprimos fielmente co que o señor Antroido, este ano a señora Árbore, nos indicou; chegou o día grande!

     

 

E aló imos todos; caracois, paxaros, árbores, xoaniñas, píntegas, escornabois, raposos... Todo unha fraga do CEIP plurilingüe de Sigüeiro, a desfilar polo pobo e xuntarnos cos nosos compañeiros e compañeiras dos outros colexios do concello. 

   

      

De volta ao cole, a comer filloas, orellas...! E a xogar, que ben o pasamos!!!

 

GRAZAS a todos e todas os que nos axudaron para poder celebrar o antroido dunha maneira tan divertida: a papás e mamás que puxeron música en vivo coa gaita e pandeireta e que nos fixeron filloas alí mesmo no cole (todo un luxo), á ANPA que nos acompañou no desfile portándonos a pancarta, ao concello que nos brindou a súa axuda a través dos membros de protección civil... Sen a vosa axuda, todo iso non sería posible.

 

 

Ricardo Carballo Calero. Letras Galegas 2020

 Neste enlace podedes atopar información do autor homenaxeado nas Letras Galegas 2020 (clicade na imaxe)