Letras Galegas 2020

Ola a tod@s, como xa sabedes estamos na semana das Letras Galegas, este ano adicadas a Ricardo Carballo Calero, unha semana moi especial no noso cole, este ano non vai ser posible celebralo xuntos, pero podemos facelo desde as nosas casas e para iso dende os equipos da Biblioteca e Dinamización da Lingua Galega deixámosvos esta selección de recursos:

 - Vídeo vida e obra de Ricardo Carballo Calero.

- Preguntoiro Musical.

- Xogo letras.

- Escape Room Primaria.

- Primavera das Letras, recursos para traballar Ricardo Carvallo Calero.

- Materiais para as Letras Galegas.

Agora que xa coñecedes un pouco máis a vida e obra de Ricardo Carballo Calero propoñémosvos que escollades un poema, pode ser un da escolma de poemas ou calquera outro que saibades, recitádelo, gravádelo e enviádenolo ao correo de dinamización edlgsigueiro@gmail.com

Esperamos a vosas achegas. Ánimo.

 

Escolma de poemas

 

O meu cabalo piafa no curro do castelo.

O seu casco escrebe sobre o po,

sobre a area, sobre a auga, sobre a neve,

sobre o vento, poemas que eu transcrebo

en clave de lúa, en lingua de non.

Circulación da cadro do seu caracoleo.

Cadratura do círculo. O centauro arquitecto.

Cantigas de amigo e outros poemas

 

Non llo preguntarei, non, aos pardais

nin á cachorra, nin ao paporrubio

non llo preguntarei á lavandeira

que decote uns, outros de cando en cando,

ao meu terrazo acoden, comer

as miúdas migallas que lles boto.

Reticências

 

Durme, meniño, no teu berce;

durme, que os montes están cheos de neve.

Durme, meniño, no teu barrelo;

durme , que os montes están cheos de medo.

Durme, meu neno. Durme, que cando sexa primavera

ti choutarás polas floridas veigas

 

Cantos de berce ou arrolos. O fillo (Teatro)