O 8 de marzo é o Día Internacional da Muller declarado polas Nacións Unidas en 1975. Esta data conmemórase en moitos países do mundo. As mulleres dos diferentes continentes, separadas por fronteiras nacionais e diferencias étnicas, lingüísticas, culturais, económicas e políticas, únense neste día na loita en pro da igualdade, a xustiza e a participación en todos os ámbitos da sociedade.
No noso colexio quixemos lembrar ás mulleres que cada un de nós eliximos como GUÍA NO NOSO CAMIÑO CARA SANTIAGO E ACOMPAÑANTE NA TRAXECTORIA DA NOSA VIDA.