FALADOIRO CON UXÍA SENLLE

O mércores pasado tivemos a sorte de contar coa visita de Uxía Senlle, de xeito virtual. Contestou todas as preguntas da entrevista que lle fixo Lola e os seus compañeiros/as. Pero non todo quedou aí, agasallounos con varias cancións entre elas "Alala das mariñas", ensinounos a súa casa, para rematar cantou  con nós "No bico un cantar" e "Como chove miudiño".  Foi unha mañá moi especial, esperamos que se repita e poidamos vela de xeito presencial.