DIPLOMA DA REAL ACADEMIA GALEGA

Despedimos este segundo trimestre do curso cunha moi boa noticia que nos comunicaron no día de hoxe. A Real Academia Galega a través do seu Presidente, Victor Freixanes, felicítanos polo traballo feito a prol da difusión da digura e da obra de Ricardo Carballo Calero como protagonista das Letras Galegas 2020. Como recoñecemento concédenos un DIPLOMA.

Dende o centro felicitamos aos verdadeiros artífices, o noso alumnado. PARABÉNS!