Escola de Outeiro

O VECIÑO, OS NEN@S E O GATO DOS 1000 NOMES.

OS NEN@S DAS ESCOLAS DE CUVIDE, CRUCEIRO, OUTEIRO E CAPELA, FIXERON NO TALLER DE LINGUAXE UN OBRADOIRO DE CREACIÓN DE CONTOS CO PROFE PABLO.

FIXERON ENTRE TOD@S UN CONTO CREANDO A HISTORIA, OS MURALES PARA ILUSTRAR O TEXTO, E POR SUPOSTO GRABARON AS SÚAS VOCES CONTANDO O SEU CONTO. 

EN CADA ESCOLA CREOUSE UN CONTIÑO DIFERENTE, ONDE CADA UN APORTOU O SEU GRAN DE AREA.

AQUÍ VOS DEIXAMOS O DA ESCOLA DE OUTEIRO.

APERTAS LINGÜÍSTICAS!

 

O LUME NOVO E A FESTA DE FIN DE CURSO

O LUME NOVO E A FESTA DE FIN DE CURSO

AÍNDA NON CHEGARA O SOLSTICIO DE VERÁN PERO NÓS DECIDIMOS FACER UNHA "ALIANZA DE CIVILIZACIÓNS" E DE XEONLLOS, COMO NON PODÍA SER DE OUTRA MANEIRA, FIXEMOS UNHA "SALUTACIÓN" AO SOL EN ÁRABE

ARANSANSAM, ARANSANSAM,

CULI, CULI, CULI, CULI, CULI, ARANSANSAM

(BIS)

ARAAAMI, ARAAAMI !!!

CULI, CULI, CULI, CULI, CULI, ARANSANSAM

(BIS)

O DÍA ANTERIOR Á FESTA, EN HOMENAXE AO NOSO POETA MANUEL MARÍA, TRABALLAMOS O POEMA TITULADO "LUME NOVO", ADICADO ÁS FOGUEIRAS DE SAN XOÁN NAS QUE QUEIMAMOS TODO AQUILO QUE NOS FAI DANO ; O MAL COMPORTAMENTO, AS GUERRAS, AS ARMAS, OS CORAZÓNS ROTOS.....

AO DÍA SEGUINTE, NA FESTA ENSINÁMOSLLELA ÁS FAMILIAS E SALTAMOS A FOGUEIRA ESCOITANDO O POEMA MUSICADO E ASÍ ESCORRENTAMOS O MEIGALLO

LOGO ANTONIO, O PAPÁ DE RAFA PREPAROUNOS A AUGA DE SAN XOÁN CON HERBAS QUE ULÍAN MOI BEN

INVITARAMOS ÁS FAMILIAS A QUE FIERAN UNHA VIAXE POLA MEMORIA E NOS OFRECERAN ALGÚN XOGO DA SÚA INFANCIA E VAIA SE NOLOS OFRECERON :

JOSÉ, O PAPÁ DE SARA, ENSINOUNOS UN CIRCUITO DEBUXADO NUN FOLIO POLO QUE HABÍA QUE DESLIZAR UN BOLÍGRAFO PRESIONÁNDOO DESDE ARRIBA. SE TOCABA UNHA BEIRA, NA QUENDA SEGUINTE NESE LUGAR TERÍA QUE COMEZAR .

LOGO PREPARAMOS AS MESAS PARA XOGAR UNHA PARTIDA DE RELEVOS CON AUGA

CHEGOU A HORA DE LAVAR A CARA COA AUGA DE SAN XOÁN, SOPRAR AS VELAS, COMER A TARTA, APAÑAR AS CHUCHES DA PIÑATA E XOGAR COS GLOBOS

E PARA FINALIZAR INÉS E RAFAEL, OS AVÓS DE TAHIRA, ENSINÁRONOS COMO XOGABAN CANDO ERAN PEQUEN@S CUN ARO DUNHA RODA DE BICICLETA QUE GUIABAN CUN PAU E TAMÉN O XOGO DAS CANICAS

   
   

 

QUE PASEDES UN BO VERÁN E QUE A NOEMÍ E A TAHIRA LLES VAIA MOI BEN NO SEU NOVO COLE (ESTOU SEGURA DE QUE LLES IRÁ MOI REQUETEBÉN).

ANTONIO, PAI DE RAFA, MÚSICO

ANTONIO, PAI DE RAFA, MÚSICO

O MÉRCORES PASADO TIVEMOS CON NÓS A ANTONIO; TOCA O SAXOFÓN NUNHA ORQUESTRA NAS FESTAS, SOBRE TODO NO VERÁN. ÁS VECES TOCA NALGÚN PROGRAMA DA TELEVISIÒN DE GALICIA.

TROUXO O SEU SAXO E  FOINOS DICINDO AS SÚAS PARTES : A PARTE QUE NON SE DESMONTA SE CHAMA "CORPO"; É UN TUBO CHEO DE BURATOS QUE REMATA NUN ENSANCHAMENTO EN FORMA DE CAMPÁ , POR DONDE SAE O SON, QUE SERÁ DIFERENTE SEGUNDO OS BURATOS QUE TAPEMOS.

PARA ALONGAR O CORPO SE LLE ENGADE UNHA PEZA CURVA CHAMADA TUDEL, E NESTA PEZA SE COLOCA A PARTE MÁIS IMPORTANTE : A BOQUILLA NA QUE SE INTRODUCE UNHA CANA  QUE PODE SER DE MADEIRA DE BAMBÚ OU DE METAL; FAISE A PARTIRES DUNHA DAS MATERIAS PRIMAS DAS QUE NOS FALABA RAFAEL, O AVÓ DE TAHIRA.

 

UNHA VEZ SUXEITA POR MEDIO DUNHA PECIÑA CHAMADA ABRAZADEIRA XA PODEMOS EMPEZAR A TOCAR.

NON É NADA FÁCIL. ANTONIO COMENTOUNOS QUE A MÚSICA ERA UNHA DAS ARTES MÁIS DIFÍCILES PORQUE NON TE PODES EQUIVOCAR : SE TE EQUIVOCAS NUNHA NOTA A MELODÍA DEIXA DE SELO.

SE TE EQUIVOCAS NUNHA ESCULTURA, PODES RECTIFICAR, PERO A MÚSICA VAI UNIDA AO TEMPO E NON SE PODE RECTIFICAR.

TAMÉN NOS COMENTOU QUE A MÚSICA É A COMBINACIÓN DE SETE NOTAS : DO, RE, MI, FA, SOL, LA, SI E OS SILENCIOS. DEPENDENDO DE COMO ESTEAN COLOCADAS, ASÍ SERÁ A MELODÍA.

ESCRIBIMOS AS NOTAS, COLOCÁMONOS DE DIFERENTES FORMAS E ANTONIO ÍA TOCANDO DISTINTAS MELODÍAS

 

TAMÉN NOS DIXO QUE A MÚSICA PODE SOAR  DOCE E MELANCÓLICA, ALEGRE E NERVIOSA E QUE DEPENDE MOITO DA PERSONALIDADE D@ INTÉRPRETE, PERO ISO SÓ SERVE CANDO SE TOCA POR PRACER PERO CANDO SE TOCA POR TRABALLO TEN QUE SOAR DUNHA MANEIRA DETERMINADA E SE ESTÁS TRISTE, TE AGUANTAS E TOCAS ALEGRE SE ESTÁS NUNHA VERBENA.

NÓS CERRAMOS OS OLLOS E XOGAMOS A IDENTIFICAR CANDO TOCABA DUNHA MANEIRA OU DOUTRA

E REMATAMOS ESCOITANDO UNHA PEZA DE CARLOS JOBIN UN MÚSICO BRASILEIRO QUE FUSIONOU A BOSSA NOVA CO JAZZ.

FOI UNHA SESIÓN MOI BONITA. MOITAS GRAZAS ANTONIO

 

RAFAEL, AVÓ DE TAHIRA, EXPERTO EN MINERAIS

RAFAEL, AVÓ DE TAHIRA, EXPERTO EN MINERAIS

HAI CATRO ANOS A CRISE XOGOULLE UNHA MALA PASADA A RAFAEL; QUEDOU SEN TRABALLO,  PERO AFORTUNADAMENTE SACOU FORZAS DE FRAQUEZA, E NACEU NEL UNHA GRANDE AFECCIÓN POLOS TESOUROS QUE SE AGOCHAN NA TERRA, E HAI UNS DÍAS VEU Á ESCOLA A ENSINARNOS E COMPARTIR CON NÓS UNHA PEQUENA MOSTRA DA SÚA FANTÁSTICA COLECCIÓN.

FALOUNOS DOS ÚTILES QUE UTILIZA CANDO VAI ÁS CANTEIRAS OU ÁS MINAS.

DUNHA MOCHILA VERMELLA , COMA SE DUN MAGO SE TRATASE, FOI FACENDO AGROMAR UN CASCO, UNHA "MACETA", UN MARTELO, UN CINTURÓN ESPECIAL, UNHAS GAFAS, UNHA LANTERNA, UNHA LUPA CON LUZ.... E FOI EXPLICANDO A UTILIDADE DE CADA UN, A SÚA FUNCIONALIDADE.

FALOUNOS DAS MATERIAS "PRIMAS" QUE ESTÁN INCRUSTADAS NA ROCHA NAI OU NODRIZA, COAS QUE SE PODEN FACER MOITAS DAS COUSA QUE NOS RODEAN; DEBEN DE CHAMARSE "PRIMAS" PORQUE ALGO DE FAMILIAR DEBEN DE TER COS OBXECTO OU FERRAMENTAS QUE MANS ARTESANAS FAN CON ELAS.

O MARTELO NON ESTÁ INCRUSTADO NA ROCHA PERO SI O MINERAL DE FERRO CO QUE SE FAI. LOGO ALGO DE PARENTESCO DEBEN DE TER.

QUIXEMOS DESCUBRIR ESAS MATERIAS PRIMAS E OBSERVAMOS AS ROCHAS CUNHA LUPA CON LUZ.

LOGO FOMOS VISITAR A EXPOSICIÓN  QUE CON TANTO CARIÑO E COIDADO NOS TIÑA PREPARADO, DESCUBRINDO OS MINERAIS AGOCHADOS E MARABILLÁNDONOS COAS FERMOSAS CRISTALIZACIÓNS , ALGUNHAS DAS CALES, VÍANSE A SIMPLE VISTA E TIÑAN FORMA DE CUBOS.

 LOIS E SARA, RECIBIRON COMO REGALO UN ESTOXO DIVIDIDO EN COMPARTIMENTOS , CON MINERAIS. AO RESTO DOS NENOS E NENAS XA LLELO REGALARA O CURSO PASADO.

TAMÉN A ESCOLA RECIBIU UN AGASALLO. MOITOS DOS MINERAIS DAS PRIMEIRAS FOTOS DESTA NOVA, FORMAN PARTE DEL, E ESTÁN  COLOCADOS NA ENTRADA .

A RAFAEL GUSTARÍALLE DISPOÑER DUN LOCAL HABILITADO CON VITRINAS PARA PODER EXPOÑER DE MANEIRA PERMANENTE  A SÚA COLECCIÓN. SUPORÍA UN GRAN BENEFICIO PARA O POBO EN XERAL E PARTICULARMENTE PARA O ALUMNADO DOS COLEXIOS E DOS INSTITUTOS.

A VIVENDA , HOXE TAPIADA, A CARÓN DA ESCOLA, PODERÍA SER UNHA OPCIÓN.

SERÍA UNHA BOA IDEA E  PLAUSIBLE  QUE O SEÑOR ALCALDE A TIVERA EN CONTA.

FARÍALLE MOITO BEN A RAFAEL PERO TAMÉN   AO CONCELLO.

AÍ VAI O NOSO APOIO.

MOITAS GRAZAS RAFAEL, FOI MOI INTERESANTE A TÚA VISITA E OGALLÁ O ALCALDE SEXA SENSIBLE AOS TEUS DESEXOS.

MANOLO, PAI DE LUCÍA B. , MEMBRO DE PROTECCIÓN CIVIL

MANOLO, PAI DE LUCÍA B., MEMBRO DE PROTECCIÓN CIVIL


MANOLO XUNTO CUN COMPAÑEIRO, ESTIVERON NA ESCOLA PARA FALARNOS DOS SEUS TRABALLOS, E TROUXÉRONNOS A FURGONETA CON TODO O EQUIPO DE APAGALUMES, DE DESENCARCELACIÓN E ATA UN DESFIBRILADOR.

DIXÉRONNOS QUE AXUDAN AOS BOMEIROS CANDO HAI UN INCENDIO IMPORTANTE.

CANDO SE PRODUCE UN ACCIDENTE DE COCHE E AS PERSOAS QUEDAN DENTRO SEN PODER SAÍR, CUNHAS FERRAMENTAS QUE PARECEN ANIMAIS PREHISTÓRICOS, CORTAN AS PORTAS E A PARTE DE ARRIBA NUN MOMENTIÑO E LIBERAN A XENTE.

CANDO UNHA PERSOA TEN O MOVEMENTO DO CORAZÓN "FIBRILANTE", ÉSTE NON PODE MANDAR O SANGUE AO RESTO DO CORPO E PODE MORRER ASÍ QUE CO DESFIBRILADOR LLE COLOCAN UNS ELECTRODOS E LLE DAN UNHAS DESCARGAS ELÉCTRICAS PARA QUE O CORAZÓN RECOBRE A NORMALIDADE.

CARAMBA, QUE IMPORTANTE É O TRABALLO DOS MEMBROS DE PROTECCIÒN CIVIL.

 

QUE BEN O PASAMOS E CANTAS COUSAS APRENDIMOS.

GRAZAS MANOLO , GRAZAS MOISÉS, O VOSO TRABALLO É REALMENTE IMPORTANTE

NATALIA, FISIOTERAPEUTA, NAI DE LOIS

NATALIA, FISIOTERAPEUTA, NAI DE LOIS

ESTES DÍAS ESTÁN SENDO MOI AGRADABLES E INTERESANTES POIS ESTÁN VINDO POLA ESCOLA AS FAMILIAS PARA FALARNOS DOS SEUS TRABALLOS.

NATALIA É A MAMÁ DE LOIS, É FISIOTERAPEUTA, ALIVIA AS DORES CON MASAXES, CALOR E PEQUENAS CORRIENTES ELÉCTRICAS.

TIVO QUE ESTUDIAR MOITO , E SABE MOITAS COUSAS DO CORPO: DOS OSOS, DOS MÚSCULOS E DO FUNCIONAMENTO INTERNO.

TRABALLA NUN CENTRO DE SAÚDE E TAMÉN NUN XIMNASIO. CANDO ALGUÉN SE LESIONA, CHÁMANA POR TELÉFONO PARA QUE VAIA LIXEIRA A ALIVIAR A DOR.

APARECEU CUNHA MALETA MISTERIOSA QUE SE CONVERTEU NUNHA CAMILLA DONDE NOS DEU UNS MASAXES QUE NOS DEIXOU MOI RELAXAD@S

 

FOI MOI AGRADABLE E INTERESANTE

MOITAS GRAZAS NATALIA

SUM, SUM SUM, ABELLIÑA SUM

A ABELLIÑA

SUM, SUM, SUM

ABELLIÑA SUM.

NON SE PARA NON SE CANSA

VAI E VEN NUNCA SE CANSA

SUM, SUM, SUM

ABELLIÑA SUM

COA CHEGADA DA PRIMAVERA OS CAMPOS ÉNCHENSE DE FLORES

        
           
        

 

 

AS ABELLIÑAS VAN VISITAR AS FLORES PARA LIBAR O SEU NÉCTAR .

LOGO, NA COLMEA, PÁSANO DE BOCA EN BOCA PARA FABRICAR O MEL

PARA CURAR O CATARRO CON EL.

 

 

 

 

"DÍA DAS LETRAS GALEGAS" : FACER VISIBLE O COTIÁN

 

"DÍA DAS LETRAS GALEGAS" : FACER VISIBLE O COTIÁN

DA UNIÓN DAS LETRAS XURDEN PALABRAS, DAS PALABRAS VERSOS, POEMAS, IDEAS, CANTIGAS, CONTOS..., E TODO ISO ESTÁ PRESENTE NO DÍA A DÍA DAS NOSAS AULAS.

O PASADO 16 DE MAIO AS AULAS TRASLADÁRONSE A CAMPOMANEIRO E ATA ALÍ LEVAMOS UNHA PANCARTA, A BANDEIRA GALEGA, CHEA DE RECOMENDACIÓNS DE LIBROS DE CONTOS E DE POESÍA.


 

LOGO FIXEMOS UNHA CARREIRA NA QUE GAÑAMOS TOD@S CUIO LEMA ERA : "MOVÉMONOS POLO DEPORTE E A CULTURA", PARA ANIMAR AOS ESCRITORES E ESCRITORAS A QUE SIGAN ESCRIBINDO LIBROS TAN BONITOS COMO OS QUE TEMOS NAS NOSAS ESCOLAS.

PERO ANTES DA CARREIRA FIXEMOS UN QUECEMENTO PARA DESENTUMECER OS MÚSCULOS E AS ARTICULACIÓNS PORQUE AÍNDA QUE NA CARREIRA NON SE TRATABA DE CHEGAR @S PRIMEIR@S, CANDO SE  VAI FACER ALGO DE DEPORTE ALEX, O NOSO PROFE DE EDUCACIÓN FÍSICA, NOS PREPARA BEN PARA EVITAR LESIÓNS.




OS ADULTOS TAMÉN PARTICIPARON E MOITOS, CON LIBROS NAS MANS, E NÓS COA NOSA PANCARTA ANIMABAMOS BERRANDO  : LETRAS GALEGAS! LETRAS GALEGAS!.....



E RAFA CAEU NA SÚA CARREIRA, PERO NON CREADES QUE SE DESANIMOU: CANDO LLE TOCOU A QUENDA AO GRUPO D@S ADULT@S EL, CORREU CO SEU PAPÁ.


SARA CORREU CUNHA NENA DE CUVIDE E LUCÍA BLANCO  E LOIS TAMÉN CORRERON


E TAHIRA IMAXINABA QUE CANDO A PANCARTA ESTABA ENROLADA ERA UNHA PISTOLA QUE DISPARABA BOMBAS DE COLORES E PALABRAS, SÓ QUE CANDO O REPRESENTOU CUN DEBUXO, COMO É UN POUCO APREGUICEIRA E XA CHEGABA TAMARA PARA A CLASE DE INGLÉS, SE QUEDOU EN BOMBAS, AÍNDA QUE AS PALABRAS SI AS ESCRIBÍU.


A CONTINUACIÓN, @S NEN@S DE PRIMARIA DE PAZO PRESENTARON A XOSÉ Mª DÍAZ CASTRO, O POETA HOMENAXEADO ESTE ANO, E DESPOIS NOEMÍ E TAHIRA, AS MAIORES DA CLASE, COS SEUS 5 ANIÑOS, LERON MOI REQUETEBÉN UN DOS SEUS POEMAS  TITULADO "PENÉLOPE", CONSIDERADO COMO UN DOS MELLORES POEMAS DA NOSA LITERATURA, MALIA PRESENTAR "UNHA VISIÓN PESIMISTA DE RESIGNACIÓN EN ETERNA ESPERA DE REDENCIÓN" EN PALABRAS DUN POETA CONTEMPORÁNEO CHAMADO CLAUDIO RODRÍGUEZ FER.


LOGO FÍXOSE A ENTREGA DE MEDALLAS FEITAS POR TOD@S @S NEN@S DAS ESCOLAS

E CADA UNHA, LEVABA A RECOMENDACIÓN DUN LIBRO, ASÍ QUE MOI CONTENT@S, LEVANTMOS A NOSA PANCARTA E LOGO FOMOS BUSCAR AOS NENOS E NENAS QUE NOS REGALARAN AQUELAS MEDALLAS TAN INTERESANTES E CONSEGUIMOS COÑECEL@S A TOD@S. AO EQUIPO D@S ADULT@S ENTREGÁRONLLE UN DIPLOMA E ESTABAN MOI FELICES E ORGULLOS@S


POR CERTO, SE NOS ESQUECÍA DICIR QUE @S NE@S DE PRIMARIA DE PAZO LERON UN ROMANCE QUE FALA DA HISTORIA DA LINGUA GALEGA DE DARÍO XOHAN CABANA QUE VEN SER "UN CANTO SOLEMNE Á LINGUA MILENARIA QUE @S GALEG@S HERDAMOS E PODEREMOS TRANSMITIR A@S QUE VEÑAN DESPOIS DE NÓS". PODEDES LELO EN INTERNET PORQUE É MOI FERMOSO E CLARIFICADOR DO QUE PASOU CO NOSO IDIOMA AO LONGO DA HISTORIA.

 

E NON FALTOU O HIMNO GALEGO QUE @S ADULT@S CANTARON ACOMPAÑADOS DA MÚSICA QUE TOCABAN RUBÉN, TAMARA, UNHA NAI E O PAI DE RAFA COAS GAITAS E OS BOMBOS RESPECTIVAMENTE, AÍNDA QUE RAFA NOS DIXO QUE O SEU PAPÁ NON TOCARA O SEU INSTRUMENTO QUE É O SAXOFÓN OU MELLOR DITO, O SAXO QUE É COMO EL DI.

FOI UN DÍA BEN BONITO NO QUE NON FALTOU NADA, ATA O TEMPO NOS ACOMPAÑOU CUN SOL RADIANTE, E XA PARA FINALIZAR AS FAMILIAS DELEITÁRONOS CON SABOROSOS MANXARES : TORTILLAS, BOCADILLOS, BISCOITOS, MAGDALENAS, SANDÍAS.... E TODO ESTABA RIQUÍSIMO. PÓDESE PEDIR ALGO MÁIS?

SE QUEREDES VER MÁIS FOTOS SEGUIDE MIRANDO ABAIXO E GRAZAS A TOD@S POLA NOSA PARTICIPACIÓN. NOLA MERECEMOS. "POLAS LETRAS GALEGAS E POLO ENSINO PÚBLICO"

 

 

 

 

 

 

GUÁ: ESTELA GRITA MOI FORTE!

 

GUÁ!!!   "ESTELA GRITA MOI FORTE !"

 

O PASADO VENRES FOMOS AO AUDITORIO DE RIANXO E ASISTIMOS A MGANÍFICA POSTA EN ESCENA DO CONTO TITULADO "ESTELA GRITA MOI FORTE! POR PARTE DE TERO, A PRESIDENTA DA ANPA, ACOMPAÑADA DE HELENA, QUE PUXO A SÚA MELODIOSA VOZ E DE JOSÉ, QUE A ACOMPAÑOU COA SÚA GUITARRA.

É UN CONTO QUE TRATA DE DESVELAR  DISTINTAS SITUACIÓNS DE VIOLENCIA, DAS QUE NENOS E NENAS PODEN SER VÍTIMAS EN CALQUERA ÁMBITO DA VIDA, PARA ESTAR EN CONDICIÓNS DE DETECTAR SITUACIÓNS DE RISCO E DICIR NON! CON AMABILIDADE, CANDO ALGÚEN  LLES FAGA ALGO QUE NON LLES GUSTE, E BERRAR BEN FORTE ATA CONVERTERSE NUN GRITO SE FORA NECESARIO.

 

 

 

 

GRAZAS TERO

GRAZAS HELENA

GRAZAS JOSÉ

VOZ NATURA : O NOSO XARDÍN

VOZ NATURA : O NOSO XARDÍN

HOXE POR FIN, APROVEITANDO UN TEMPO QUE ESTIVO SEN CHOVER, PUIDEMOS FACER O NOSO XARDÍN PLANTANDO PLANTAS VARIADAS :

  • AROMÁTICAS E CULINARIAS : LAVANDA, ROMERO, TOMILLO LIMÓN E INCIE NSO

  

  • ORNAMENTAIS : GERBERAS, VERBENAS E DISTINTOS TIPOS DE XERANIOS - ZONAIS, PELARGONIMUN E XITANILLA.

  • ARBUSTIVAS : ERIOSTEMUM, CHAMATEACIUM UNCINATUM (FLOR DE CERA), LEPTOESPERMUM, AZALEA E PSEUDANTHUS PIMELEA


 

TAMÉN TEMOS PETUNIAS RESERVADAS, PARA OFRECER UNHA SORPRESA A ALGUÉN IMPORTANTE PARA NÓS. É UN SEGREDO.

TIVEMOS QUE FACER UNHAS PANTUFLAS CON BOLSAS DE PLÁSTICO PARA PODER IR SACHAR PORQUE A HERBA ESTABA MOI MOLLADA.

  

E ASÍ BEN PERTRECHAD@S FOMOS SACHAR PARA FACER O NOSO XARDÍN

  

  

  

  

 

 

SE QUEREDES VER TODO O TRABALLO ACOMPAÑAD@S DO VALS DAS FLORES DE TCHAIKOVSKY PREMEDE ABAIXO

 MOITAS GRAZAS A INÉS, A AVÓA DE TAHIRA POLA SÚA AMABLE COLABORACIÓN E DISCULPAS AO RESTO  DAS FAMILIAS POR NON AVISALAS CON ANTELACIÓN ; SEI QUE ESTARÍAN ENCANTADAS DE PARTICIPAR PERO NON FOI POSIBLE.

 

Distribuir contido