O LUME NOVO E A FESTA DE FIN DE CURSO
O LUME NOVO E A FESTA DE FIN DE CURSO
AÍNDA NON CHEGARA O SOLSTICIO DE VERÁN PERO NÓS DECIDIMOS FACER UNHA "ALIANZA DE CIVILIZACIÓNS" E DE XEONLLOS, COMO NON PODÍA SER DE OUTRA MANEIRA, FIXEMOS UNHA "SALUTACIÓN" AO SOL EN ÁRABE
ARANSANSAM, ARANSANSAM,
CULI, CULI, CULI, CULI, CULI, ARANSANSAM
(BIS)
ARAAAMI, ARAAAMI !!!
CULI, CULI, CULI, CULI, CULI, ARANSANSAM
(BIS)
O DÍA ANTERIOR Á FESTA, EN HOMENAXE AO NOSO POETA MANUEL MARÍA, TRABALLAMOS O POEMA TITULADO "LUME NOVO", ADICADO ÁS FOGUEIRAS DE SAN XOÁN NAS QUE QUEIMAMOS TODO AQUILO QUE NOS FAI DANO ; O MAL COMPORTAMENTO, AS GUERRAS, AS ARMAS, OS CORAZÓNS ROTOS.....
AO DÍA SEGUINTE, NA FESTA ENSINÁMOSLLELA ÁS FAMILIAS E SALTAMOS A FOGUEIRA ESCOITANDO O POEMA MUSICADO E ASÍ ESCORRENTAMOS O MEIGALLO
LOGO ANTONIO, O PAPÁ DE RAFA PREPAROUNOS A AUGA DE SAN XOÁN CON HERBAS QUE ULÍAN MOI BEN
INVITARAMOS ÁS FAMILIAS A QUE FIERAN UNHA VIAXE POLA MEMORIA E NOS OFRECERAN ALGÚN XOGO DA SÚA INFANCIA E VAIA SE NOLOS OFRECERON :
JOSÉ, O PAPÁ DE SARA, ENSINOUNOS UN CIRCUITO DEBUXADO NUN FOLIO POLO QUE HABÍA QUE DESLIZAR UN BOLÍGRAFO PRESIONÁNDOO DESDE ARRIBA. SE TOCABA UNHA BEIRA, NA QUENDA SEGUINTE NESE LUGAR TERÍA QUE COMEZAR .
LOGO PREPARAMOS AS MESAS PARA XOGAR UNHA PARTIDA DE RELEVOS CON AUGA
CHEGOU A HORA DE LAVAR A CARA COA AUGA DE SAN XOÁN, SOPRAR AS VELAS, COMER A TARTA, APAÑAR AS CHUCHES DA PIÑATA E XOGAR COS GLOBOS
E PARA FINALIZAR INÉS E RAFAEL, OS AVÓS DE TAHIRA, ENSINÁRONOS COMO XOGABAN CANDO ERAN PEQUEN@S CUN ARO DUNHA RODA DE BICICLETA QUE GUIABAN CUN PAU E TAMÉN O XOGO DAS CANICAS
QUE PASEDES UN BO VERÁN E QUE A NOEMÍ E A TAHIRA LLES VAIA MOI BEN NO SEU NOVO COLE (ESTOU SEGURA DE QUE LLES IRÁ MOI REQUETEBÉN).
- APIs de Blogue