Escola de Outeiro

PRIMAVERA

 

Mirade que fermosas están as árbores en Outeiro!

O PRIMEIRO DÍA

11 de setembro de 2.008. Hoxe na Escola de Outeiro, como nas demais escolas do C.R.A. e nos demais colexios de Rianxo e de Galicia, comezou o curso  escolar 2.008-09.

Achegáronse á escola por primeira vez, Ruth, Miguel e Nicolás, e tamén estiveron, Marcos, Paula, Gloria, Miguel e Carla.

A profesora Carla, falou cos papás e coas mamás e lembroulles as normas de funcionamento da Escola.

Despois sentamos onda a colchoneta, lembramos os nosos nomes e logo miramos  a escola e todas as cousas que ten: os baños, os colgadores, as estanterías, as mesas e os recunchos.

Tamén nos ensinou varios cadros que debuxamos e titulamos: axudámonos, atendemos, levantamos a man para avisar, escoitamos.

O debuxo que está arriba deste texto representa o cadro "Axudámonos".

En Rianxo a 11 de setembro de 2.008

Tobías Betanzos Rego

 

 

 

Distribuir contido