Escola de Outeiro
E QUE VIVA O SAMAÍN!!
OS NENOS E NENAS DA ESCOLA DE OUTEIRO VOLCÁMONOS NO SAMAÍN E ENTRE TODOS FIXEMOS A PUCHI E PEPITO! AS NOSAS CAVEIRAS DE CABAZA.
O NOME FOI ESCOLLIDO POR VOTACIÓN POPULAR ENTRE MOITAS PROPOSTAs. DESPOIS, FIXEMOS UNHA FOTO CON CARA DE MEDO CON ELAS!
E FINALMENTE SAIMOS COA PROFE DAVINIA E O PROFE PABLO A PLANTAR NOS ARREDORES DA ESCOLA A PULPA E AS PEPITAS DAS CABAZAS...A VER SI CUN POUQUIÑO DE SORTE NACE ALGO!!
PASÁMOLO MOI BEN TRABALLANDO NO SAMAÍN!!
BICOS E APERTAS PARA TODOS E TODAS DE PARTE DOS NENOS DE OUTEIRO!
OS MARIÑEIROS DE OUTEIRO
NAMORADO TIÑA COUSAS
COUSAS QUE A AUGA SABÍA
MARIÑEIRO, E TI, COMO É QUE TE METICHES NUNHA BOTELLA?
COMO FIXECHES?
O AMOR DOS NENOS E NENAS DE OUTEIRO NAVEGA POR PAISAXES INVENTADAS
- APIs de Blogue
SAMAÍN EN OUTEIRO
OLA AMIGOS E AMIGAS!
TEMOS MOITAS COUSAS QUE CONTARVOS, LEVAMOS UNS DÍAS MOI OCUPADOS E POR ISO NON POIDEMOS ENSINARVOS O BEN QUE O PASAMOS NO SAMAÍN. SABEDES O QUE FIXEMOS? POIS CLARO CABAZAS, NON UNHAS CABAZAS CALQUERAS EH! APROVEITAMOS A GRAN IDEA DE HÉCTOR E O SEU PAPÁ DE FACER DAS CABAZAS PERSOAXES, MIRADE O QUE FIXERON
SÍ, SÍ! É OBELIX.
A ESCOLA DE OUTEIRO PÚXOSE MANS A OBRA, CADA NENO/A TROUXO A SÚA CABAZA, UNHAS GRANDES, OUTRAS PEQUENAS, VERDES, LARANXAS E COMEZAMOS POR VALEIRALAS, PERO…OLVIDÁRONSENOS AS CULLERES!, NON PASA NADA, ENSEGUIDA CHAMAMOS A MAMÁ DE MIGUEL O. E ACHEGOUSE ATA A ESCOLA
ESTÁBAMOS AGOTADOS, TAMÉN AS PROFES, LUCÍA E Mª CARMEN ASÍ QUE DECIDEMOS TOMARNOS UN RATIÑO E SAÍMOS AO MARAVILLOSO PATIO DE OUTEIRO. Á VOLTA COMEZOU O OBRADOIRO DE CREATIVIDADE, PUXEMOS NUNHA MESA MOITO MATERIAL, TELAS, LÁ, PALLAS, PINTURA, FROITOS DE OUTONO…E DEIXAMOS VOAR A IMAXINACIÓN
DESPOIS DE TANTO TRABALLAR TOCA DECIDIR QUE IMOS FACER COAS CABAZAS, ENTRE TODOS CHEGAMOS AO ACORDO DE FACER UNHA EXPOSICIÓN E PEDIRLLES ÁS FAMILIAS QUE VIÑERAN A VELAS, ASÍ QUE COLOCAMOS VELAS, APAGAMOS AS LUCES, ESCONDÍMOS E….AAH!!
QUE SABEMOS DOS CASTELOS?
Despois da nosa excursión a Santiago para ver a obra de teatro O CASTELO DE ROCHA VELLA, organizamos toda a información que tiñamos e recollimos o que sabiamos dos castelos:
PAULA: Nos castelos viven os reis.
NICO: E os cabaleiros.
MIGUEL B.: As princesas.
MIGUEL: Están feitos de pedras.
NICO: Hai tesouros.
MARCOS: Ouro.
GLORIA: O Castelo de Rocha Vella está destruido porque lle tiraron pedras.
MIGUEL: É un lugar onde hai cousas antigas.
NICO: Espadas.
MIGUEL B.: Os castelos teñen un río.
GLORIA: Tamén teñen xardín.
MIGUEL B.: Teñen espadas para loitar. Para que non lle collan as cousas os malos.
PAULA: Hai pontes para cruzar os ríos sen que caian.
MIGUEL B.: Os cabaleiros para protexerse necesitan cabalos.
Ó final entre tod@s fomos capaces de facer unha definición de castelo con toda a información que tiñamos:
" UN CASTELO É UNHA EDIFICACIÓN CONSTRUIDA NAS MONTAÑAS CON PEDRAS QUE TEN TORRES, UN FOSO E UNHA PONTE ELEVADIZA.
NOS CASTELOS VIVEN AS PRINCESAS E OS PRÍNCIPES E ONDE MANDAN OS REIS.
ESTÁN VIXIADOS POLOS GARDAS PARA QUE NON VEÑAN OS ENEMIGOS A ROUBARLLE OS TESOUROS.
OS GARDAS VIXÍAN DENDE AS TORRES E SE VEÑEN OS MALOS AVISAN CUNHA CORNETA.
OS QUE LOITAN CHÁMANSE CABALEIROS E OS NOMÉAOS O REI.
OS BUFÓNS SON OS QUE FAN RIR AOS REIS."
Logo miramos no diccionario a palabra castelo e a súa definición é:
"EDIFICIO OU CONXUNTO DE EDIFICIOS, CERCADOS DE MURALLAS, BALUARTES, FOSOS E OUTRAS EDIFICACIÓNS."
Como ben se pode ver, fixemos unha definición moi próxima a do diccionario, grazas a todo o que traballamos e chegamos aprender.
Pero o mellor de todo é o ben que o pasamos e A LEDICIA DE TRABALLAR EN GRUPO.
PARA RECORDO NOSO ESTAS FOTOS DE GRUPO:
MOITAS GRAZAS O PERSOAL QUE NOS ATENDEU NO AUDITORIO, O CONDUCTOR DO AUTOBUS (QUE AS VECES TEN QUE TER MOITA PACIENCIA), O COLE E AS MESTRAS E MESTRES QUE FIXERON POSIBLE ESTA SAÍDA A SANTIAGO.
ESTAMOS DESEXANDO REPETIR EXPERIENCIA!!!
A EXCURSIÓN!!!
Por fin chegou o día!!!
E despois de tanto falar e aprender sobre os castelos, fomos a Santiago de Compostela,o Auditorio de Galicia, a ver a obra de teatro:
O CASTELO DA ROCHA VELLA
Fomos moi ilusionad@s, e non só por ir de excursión, senón tamén por ir cos nosos compañeir@s de Pazo e de Capela. Ademais tamén fomos en autobus, QUE MOITO NOS GUSTA!.
Mirade as nosas caras no autobus e no autobus, e xa saberedes o ben que o pasamos e nos divertimos:
A obra de teatro estivo musicada por unha Orquesta na que había instrumentos de percusión, vento e corda.
CANTO APRENDEMOS!!!
- APIs de Blogue
OS MELLORES CASTELOS DE ESPAÑA
Tamén estivemos vendo videos de Internet de castelos, este é o que máis nos gustou:
Fixádevos no Castelo- Palacio Real de Navarra (Olite) do S.XIV, é impresionante!!!
QUEREDES SABER COMO ERA UN CASTELO DA ÉPOCA MEDIEVAL POR DENTRO??
MIRADE O VIDEO:
CAL VOS GUSTA MÁIS A VÓS?
CONTESTÁDENOS!!
- APIs de Blogue
O CASTELO DA ROCHA VELLA
OLA AMIGAS E AMIGOS!!!
Na escola de Outeiro levamos uns días falando dos castelos porque limos un conto titulado
O CASTELO DA ROCHA VELLA, xa que imos ir ó Auditorio ( en Santiago) a ver unha obra de teatro sobre o conto.
Observamos diferentes fotos para clasifica as que nos parecían castelos ou non.
Mirade!!!
Despois de observa as fotos comentamos:
QUE HAI NESTAS FOTOS?
- Castelos.
- Non, todos non. Ese é o do pequeno Dalí.( Miguel Barros recoñeceu o Museo de Dalí porque temos o conto na aula).
- Tamén hai unha igrexa.
- A igrexa é a máis rica de todas porque está feita de ouro.( rá`pidamente Carla replica que parece ouro pero que é o reflexo do sol).Especificamos que esa igrexa é a Catedral de Santiago e seguimos falando dos castelos.
- Os castelos son máis grandes.
- Chegan ata o ceo.
- O da Rocha Vella non porque está destruido.
- Nos castelos hai cousas moi antigas.
- Están cheos de pedras.
- Nos castelos vivían os romanos.
- Príncipes.
- Cans malos para atacar aos que ían destrozalos.
Despois de tanto falar buscamos diferentes castelos en Internet. Algúns parecían embruxados, tamén os hai de area.
Os nenos e nenas solicitan facer os seus propios castelos:
Ademáis durante os próximos días axudámonos de páxinas webs doutros colexios que estudaron a Idade Media (é a época dos castelos) e através delas aprendemos e xogamos moito.
Botádelle unha ollada!!!
http://ceipseara.blogspot.com/2009/04/xogo-lim-sobre-idade-media.html
http://nea.educastur.princast.es/caballeros/
- APIs de Blogue
O OUTONO EN OUTEIRO
Xa estamos en outono, e aínda que este ano temos un outono atípico, igualmente é tempo de castañas, de landras, de améndoas, de abelás, de uvas, de mazás, laranxas e peras, tempo de cogumelos, de cabazas, de maíz ...
É TEMPO DAS COLLEITAS!!!
E CAEN AS FOLLAS DAS ÁRBORES!!!
Na escola de Outeiro os nenos e nenas de Ed. Infantil ata fixeron unha pizza do outono, cada un puxo os ingredintes que quixo referidos ó outono.
Tamén fixemos un mural do outono entre tod@s e este foi o resultado:
Agora poderedes saber cómo comezou a existir o outono con este pequeno video:
A ver se vos gusta:
Tamén queremos compartir con tod@s vós un vídeo de Puchiko, que anda na procura do outono, a ver se o atopa... vos que pensades? Descubrídeo XA!!!
EN CURSO
Como ben sabedes tod@s xa comezou o curso e sen darnos conta xa estamos en OUTONO.
Na escola de Outeiro, temos mestras e mestre novo:
A nosa titora é Silvia, pero tamén temos unha profe nova de inglés que se chama Martina que ten que coidarse moito porque vai ter unha filla e por iso agora ven Marina, a súa sustituta.
O profe de música é Rubén e a profe de apoio é Mª Carmen.
Seguimos tendo a profe de Relixión, Celia e a profe de psicomotricidade e de alternativa que é Jose.
Tamén temos dous compañeiros novos de 3 anos: Laura e Héctor. Coma nós xa somos maiores axudámolos moito, sobre todo, os primeiros días, porque todos os comezos son difíciles.
Os primeiros días de escola estivemos coñecéndonos mellor tod@s, acordando as normas de clase,ordeando as nosas cosas e o mobiliario de aula, DECORANDO A ESCOLA ...
Tod@s os que veñades á nosa escola seredes BENVIDAS E BENVIDOS!!!
Segueredes tendo novas nosas ó longo do curso e esperamos que nos visitedes e nos fagades comentarios, mentres nós seguiremos pasándoo moi ben e aprendendo moitas cousas:
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- seguinte ›
- última »