Escola de Outeiro
LUCÍA HERMO , BIBLIOTECARIA
LUCÍA HERMO, BIBLIOTECARIA
A FIN DE SEMANA PASADA COMEZAMOS CO PRÉSTAMO DE LIBROS QUE LEVARÁN OS VENRES. NUNHA PEQUENA CAIXA, CUN RÓTULO QUE DI : QUE LIBRO ME TOCARÁ? SORPRESA!!!! HAI GARDADOS SETE SOBRES CO NOME DE CADA UN DOS NENOS E NENAS DA ESCOLA. NO INTERIOR DE CADA UN HAI UNHA TARXETA QUE LEVA ESCRITO O TITULO DO CONTO QUE LLES TOCARÁ CADA VENRES ,(SEMPRE SERÁ UN LIBRO XA LIDO NA ESCOLA) E QUE DEBERÁN DESCUBRIR. TAMÉN ESTÁN AS LETRAS MÓBILES CORRESPONDENTES AOS TÍTULOS, PARA ILAS ORDENANDO MIRANDO POLA TARXETA OU NON, E XOGAR UN POUCO COS SONS QUE VAIAN DESCUBRINDO. LOGO ANOTARÁN NUN PEQUENO CADERNO O TÍTULO COA DATA DE ENTREGA E TAMÉN QUEDARÁ REXISTRADO NUN CADRO DE DOBRE ENTRADA SITUADO NABIBLIOTECA NO QUE COLOCARÁN UNHA PEGATINA NO LUGAR CORRESPONDENTE.
O LUNS DEBERÁN ENTREGALO AO BIBLIOTECARIO OU BIBLIOTECARIA CORRESPONDENTE, SEGUNDO SEXA ENCARGADO OU ENCARGADA ESE DÍA, QUEN RECOLLERÁ O LIBRO E POÑERALLE A DATA DE ENTREGA CUN CUÑO DATADOR, FACÉNDOLLES OBSERVAR QUE ESA DATA É DIFERENTE DA DATA QUE POÑEMOS TODOS OS DÍAS : UNHA É CURTA, SÓ EMPREGA NÚMEROS DE DÚAS CIFRAS AGRUPADAS EN TRES BLOQUES, CORRESPONDENTES AO DÍA DA SEMANA, MES E ANO; A OUTRA É LONGA E EMPREGA PALABRAS E NÚMEROS.
LUCÍA HERMO FOI A PRIMEIRA BIBLIOTECARIA DA TEMPORADA QUEN UNHA VEZ REALIZADO O TRABALLO DE REXISTRO E AS PEQUENAS RUTINAS DE COMEZO DO DÍA, NOS CONTOU O CONTO QUE LEVOU DE FIN DE SEMANA, E FÍXOO MOI BEN.
- APIs de Blogue
DEBUXOSDE PELOSTORTOS
DEBUXOS DE PELOS TORTOS
HOXE DESPOIS DA CLASE DE ATENCIÓN EDUCATIVA, LEMBRAMOS A SESIÓN DE BIBLIOTECA DE ONTE E
BAILAMOS NOVAMENTE O "RAP" DE PELOSTORTOS E FIXEMOS O NOSO DEBUXO NO CADERNO DE AMIGAS
E AMIGOS DE DANIEL. CANDO VOLVAMOS Á BIBLIOTECA E LLO ENSINEMOS HASE POÑER BEN CONTENTO.
O MALO É QUE FALTABA TAHIRA.
- APIs de Blogue
DANIEL INVÍTANOS Á BIBLIOTECA, E CARAMBA!, QUE BEN O PASAMOS!
DANIEL INVÍTANOS Á BIBLIOTECA E CARMABA!, QUE BEN O PASAMOS!
É BEN CERTO QUE ESTAMOS NUN MOMENTO MÁXICO DO ANO : ÁBRENSE AS PORTAS
"DOUTROMUNDO" PARA QUE AS ÁNIMAS DOS DEFUNTOS VISITEN AOS VIVOS, E
TAMÉN... OS PROFES JUAN E ALEX CONVERTÉRONSE NO REI SINDO E NA RAÍÑA
ADOLFINA PARA CONTARNOS O CONTO DE "PELOSTORTOS" E MESMO APRENDERNOS O
SEU RAP, CON COREOGRAFÍA INCLUÍDA.
NOTÁBASE QUE ESTABA COCIÑADO CON MOITO CARIÑO E POR ISO PASÁMOLO TAN
BEN; ADEMÁIS, O REI SINDIÑO LEU O CONTO COLECTIVO QUE FIXEMOS OS
NENOS E NENAS DAS ESCOLAS DE CRUCEIRO, CUVIDE E OUTEIRO E QUE TITULAMOS
"O BOSQUE ENCANTADO", E ABOFÉ QUE QUEDOU BEN BONITO.
DANIEL, NON TE QUEIXARÁS , QUE COMO SABEMOS QUE CHE GHUSTA MOITO LER,
FIXÉMOLO PARA TI, E BEN QUE CHE GHUSTOU , QUE ALÍ DESDE DONDE ESTABAS ,
BOTÁBASNOS UN SORISO... , QUE BEN O VIMOS, NON CREAS, E POR RIBA, CO
PROFE RUBÉN, TOCAMOS INSTRUMENTOS QUE NON TEMOS NAS ESCOLAS, E CANTAMOS
E ACOMPAÑAMOS UNHA MÚSICA BEN BONITA DE JOHAN SEBASTIAN BACH, UNHA
MÚSICA ANTIGA QUE EL DI QUE NON SE ESCOITA NA RADIO HABITUALMENTE, E TEN
RAZÓN, AÍNDA QUE DEBERÍA.
GRACIÑAS DANIEL POR INVITARNOS, E MOITOS BICOS
A FESTA DO SAMAÍN
FESTA DO SAMAÍN
XA TIÑAMOS TODO PREPARADO : COÑECIDA A LENDA, SABIDAS AS COPLAS OU
CANTARES DE CEGOS, AS CANTIGAS, OS XOGOS, FIXEMOS UN FERMOSO CARTEL PARA
INVITAR ÁS FAMILIAS A FESTEXAR CON NÓS ESTA FESTA QUE QUEREMOS RECUPERAR E
PASÁMOLO MOI BEN.
- APIs de Blogue
PREPARANDO O SAMAÍN
PREPARANDO O SAMAÍN
ANTIGAMENTE OS NENOS E NENAS QUE AXUDABAN NAS LABORES DO CAMPO RECOLLENDO O MILLO E AS CABAZAS QUE ENTRE EL MEDRABAN, RECIBÍAN COMO AGASALLO UNHA CABAZA NA QUE TALLABAN , NA COMPAÑÍA DAS SÚAS FAMILIAS, UNHA CAVEIRA ARREPIANTE , SEGUINDO A TRADICIÓN DOS VELLOS POBLADORES CELTAS.
OS CELTAS DO BARBANZA, NA FESTA DO SAMAÍN ASUSTABAN CON CAVEIRAS AOS QUE ANDABAN POR ALÍ. |
NA ESCOLA DE OUTEIRO, SEGUIMOS A TRADICICIÓN, PERO AGORA UTILIZAMOS CABACIÑAS E MELÓNS. |
- APIs de Blogue
O SEÑOR MAGO E A FOLLA
O SEÑOR MAGO E A FOLLA
"OS RECORDOS SON COMA POMBIÑAS BRANCAS QUE ANIÑAN NA MEMORIA"
OS CONTOS DA AVÓA CARME A CARÓN DA LAREIRA NAS LONGAS NOITES DE OUTONO E
DO INVERNO, ALÁ POLOS ANCARES, FORON FORNECENDO EN TONO NÚÑEZ UN
AUTÉNTICO POMBAL CHEO DE TENRURA E SENSIBILIDADE, QUE AGROMA NESTE
FERMOSO CONTO, ILUSTRADO POR SUSO CUBEIRO, NO QUE UNHA FOLLA DE OUTONO,
POR MOR DAS TÉMPERAS DO SEÑOR MAGO, ANTÓN, VAISE CONVERTER NUNHA
FERMOSA MENIÑA, ANTÍA; ANTÍA, A FILLA DE ANTÓN.
NÓS TAMÉN COLLIMOS FOLLAS SECAS E DEBUXAMOS NELAS FERMOSAS MENIÑAS.
AGORA ESTAMOS A ESPERAR UNHA NOITE DE LUAR PORQUE SÓ ASÍ, O FEITIZO FARASE
REALIDADE, E QUIZÁIS UNHA MAÑÁ, AO CHEGAR Á ESCOLA, TEÑAMOS NOVAS
COMPAÑEIRAS NA CLASE.
- APIs de Blogue
CAIN AS FOLLAS
"CAIN AS FOLLAS"
COA CHEGADA DO OUTONO ADENTRÁMONOS NA SERRA DO COUREL DA MAN DO SEU
POETA UXÍO NOVONEYRA QUEN, CO SEU POEMA "CAIN AS FOLLAS" FERMOSAMENTE
MUSICADO POR EMILIO CAO, FÍXONOS SENTIR AS SÚAS CARICIAS E TAMÉN OS SONS
DA TARDE, QUE NOS FALA BAIXIÑO : AUUUH, AUUUH....!, CRI, CRI....!, UH, UH...!,
XXX.....!, GUAU, GUAU....!, PÍO, PÍO...!.
SABEDES QUEN ESTÁ DETRÁS DE CADA UN DESES SONS?
SABEDES QUE OUTROS SONS PODEN AGOCHARSE NUNHA TARDE DE OUTONO NA
SERRA DO COUREL, OU MESMO DO BARBANZA ?
- APIs de Blogue
QUEN EDUCA É A TRIBO
QUEN EDUCA É A TRIBO
O PROCESO DE CREACIÓN É LENTO E NECESITA CELO, COIDADO; O DE DESTRUCCIÓN É FULMINANTE E IMPLICA FALTA DE APEGO E DESPRECIO CARA O QUE NOS RODEA.
SEGÚN UN VELLO PROVERBIO QUEN EDUCA É A TRIBO E ACTOS DE VANDALISMO COMO OS PERPETRADOS ESTA FIN DE SEMANA NA ESCOLA DE OUTEIRO HAINOS QUE INTERPRETAR EN CLAVE DE FRACASO :
- FRACASO DA ESCOLA `PORQUE SEGURAMENTE QUEN SE DEDICA A FACER BOTELLÓN SEMANALMENTE NOS ESPACIOS ESCOLARES DEIXANDO TODO ESPALLADO, ROMPENDO O MURAL FEITO POR NENOS E NENAS DE 3,4 E 5 ANOS CON TODA A ILUSIÓN PARA RECIBIR ÁS FAMILIAS E CELEBRAR A FESTA DO SAMAÍN, E ARRANCANDO ASIMESMO TAMÉN AS NOTAS INFORMATIVAS DA PORTA..., FORMOU PARTE DO ALUMNADO DESTA ESCOLA.
- DAS SÚAS FAMILIAS QUE, OU BEN DESCOÑECEN CALES SON AS ACTIVIDADES DOS SEUS FILLOS E FILLAS NO TEMPO DE LECER OU BEN , COÑECÉNDOAS, RÉSTANLLES IMPORTANCIA.
- DA VECIÑANZA QUE NON É QUEN DE IMPLICARSE E CHAMARLLES A ATENCIÓN.
- DAS INSTITUCIÓNS, QUE SE MANTEÑEN AO MARXE OU NON FAN O NECESARIO POR SALVAGARDAR E MIMAR OS ESPAZOS ONDE SE EDUCA O ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL ÁVIDO EN INTERPRETAR TEXTOS ALFABÉTICOS , PERO SOBRE TODO TEXTOS EN IMAXES, TEXTOS AMBIENTAIS, QUE SON OS QUE VAN FORMANDO PERSONALIDADES SENSIBLES E RESPECTUOSAS CO MEDIO AMBIENTE.
DICÍA O POETA WILIAM WORDSWORTH QUE "O NENO É O PAI DO HOME" AO QUE ENGADIRÍA QUE A NENA É A NAI DA MULLER. LOGO COIDEMOS A INFANCIA SE QUEREMOS TER UNHA SOCIEDADE MELLOR, MÁIS LIBRE , QUE NON LIBERTINA, MÁIS REFLEXIVA, CULTA E RESPECTUOSA COAS PERSOAS E COS ESPACIOS NOS QUE SE DESENVOLVEN.
ACTOS COMA ÉSTES HAINOS QUE INTERPRETAR EN CLAVE DE FRACASO DA SOCIEDADE E TEMOS A OBRIGA DE ENMENDAR, E FACER VISIBLE O COTIÁN É O PRIMEIRO PASO PARA REACCIONAR.
- APIs de Blogue
O XOGO DO VIÑO
A VER SE CONSEGUIMOS QUE ISTO SAIA Á LUZ
"O XOGO DO VIÑO CONSISTE EN PISAR
AS UVAS MORADAS QUE HAI NO LAGAR"
- APIs de Blogue
POR CUATRO ESQUINITAS DE NADA.
Os nenos e nenas de Outeiro tras ver o conto "Por cuatro esquinitas de nada", decidimos facer a nosa versión persoal do conto e construílo con materiais que tiñamos na nosa clase. Pasámolo moi ben grabando as nosas voces...aínda que nos custou un pouquiño porque nos poñíamos nerviosos!
Aquí volo deixamos e esperamos que vos guste moito a todos e todas!!
Un bico e un abrazo moi pacífico de todos os nenos e nenas da Escola de Outeiro!!
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- seguinte ›
- última »