DANIEL INVÍTANOS Á BIBLIOTECA, E CARAMBA!, QUE BEN O PASAMOS!
DANIEL INVÍTANOS Á BIBLIOTECA E CARMABA!, QUE BEN O PASAMOS!
É BEN CERTO QUE ESTAMOS NUN MOMENTO MÁXICO DO ANO : ÁBRENSE AS PORTAS
"DOUTROMUNDO" PARA QUE AS ÁNIMAS DOS DEFUNTOS VISITEN AOS VIVOS, E
TAMÉN... OS PROFES JUAN E ALEX CONVERTÉRONSE NO REI SINDO E NA RAÍÑA
ADOLFINA PARA CONTARNOS O CONTO DE "PELOSTORTOS" E MESMO APRENDERNOS O
SEU RAP, CON COREOGRAFÍA INCLUÍDA.
NOTÁBASE QUE ESTABA COCIÑADO CON MOITO CARIÑO E POR ISO PASÁMOLO TAN
BEN; ADEMÁIS, O REI SINDIÑO LEU O CONTO COLECTIVO QUE FIXEMOS OS
NENOS E NENAS DAS ESCOLAS DE CRUCEIRO, CUVIDE E OUTEIRO E QUE TITULAMOS
"O BOSQUE ENCANTADO", E ABOFÉ QUE QUEDOU BEN BONITO.
DANIEL, NON TE QUEIXARÁS , QUE COMO SABEMOS QUE CHE GHUSTA MOITO LER,
FIXÉMOLO PARA TI, E BEN QUE CHE GHUSTOU , QUE ALÍ DESDE DONDE ESTABAS ,
BOTÁBASNOS UN SORISO... , QUE BEN O VIMOS, NON CREAS, E POR RIBA, CO
PROFE RUBÉN, TOCAMOS INSTRUMENTOS QUE NON TEMOS NAS ESCOLAS, E CANTAMOS
E ACOMPAÑAMOS UNHA MÚSICA BEN BONITA DE JOHAN SEBASTIAN BACH, UNHA
MÚSICA ANTIGA QUE EL DI QUE NON SE ESCOITA NA RADIO HABITUALMENTE, E TEN
RAZÓN, AÍNDA QUE DEBERÍA.
GRACIÑAS DANIEL POR INVITARNOS, E MOITOS BICOS
- APIs de Blogue
BIBLIOTECA DE DANIEL
HOLA A TODOS!! GRACIAS POR FACER TODO ESTO PARA OS NENOS. SON A MAMÁ DE RITA E CREO QUE O REI SINDO E A RAÍÑA ADOLFINA ESTUVERON ESTUPENDOS!!! POLO QUE ESCOITEI OS NENOS VIÑERON MOOI CONTENTOS.
OLA ERES A MAMA DE RITA DE
OLA ERES A MAMA DE RITA DE OURILLE QUE VEN A ESCOLA DE CRUCEIRO?
RITA DE CRUCEIRO E TODOS NOS
SON A MAMA DE RITA QUE VAI A
SON A MAMA DE RITA QUE VAI A CRUCEIRO ACABO DE DESCUBRIR OS COMENTARIOS PERO CREO QUE NON O PUXEN ONDE DEBÍA. AÍNDA NON SEI MOI BEN COMO VAI ESTO NIN QUEN PODE VER OS COMENTARIOS PERO VALORO MOITO A LABOR QUE FACEDES NO CRA DE TER ESTA PÁXINA ACTUALIZADA. PROCURO VISITALA CASE TODOS OS DÍAS E SEGUIR UN POUCO O QUE FACEDES, E UNHA MANEIRA DE ESTAR UN POUCO MÁIS CERCA XA QUE POR MOTIVOS LABORALES ESTOU FÓRA TODO O DÍA. SAÚDOS!!!
Ola, mamá de Rita
Ola, Rosa María!
Seguro que Rita ha de contarche o contentos que nos puxemos ó ver que tamén estás con nós a través do portal. Os comentarios podes poñelos en calquera nova que estea publicada na nosa web, sexa subida polas distintas escolas, polos departamentos e equipos docentes ou pola Anpa do centro. Todos os familiares e membros da comunidade educativa poden participar deste xeito con nós neste proxecto de páxina "web dinámica". Para poder facelo só teñen que pedirlle a un mestre do CRA o nome e contrasinal de usuario .
Tamén podedes participar suxerindo e aportando vos mesmos novas ou imaxes de interese para a aula do voso fillo ou filla ou para o centro en xeral. Neste caso a información ha de ser "subida" ó portal por un docente ou por un responsable da Anpa, únicos usuarios que están autorizados a crear contido
Todas as aportacións publicadas, sexan novas ou comentarios, son visibles para calquera persoa que visite a nosa páxina, agás a sección de foros e algúns dos apartados da sección "profesorado" que teñen limitado ó seu uso e visualización ó equipo docente
Espero, Rosa María, que esta breve explicación che serva para moverte con máis seguridade polo noso portal e agradecémosche sinceiramente o interese que amosas polo traballo que se desenvolve no noso centro
Recibe un afectuoso saúdo
Sol
P.D:: Rosa, para que Rita e todos os compañeiros da aula te sintamos aínda máis preto de nós, vou copiar estes comentarios realizados nunha nova publicada pola escola de Outeiro (e na que aparecemos tamén nós!) e pegalos nunha aportación equivalente subida pola aula da túa filla. Deixoche o enlace ó Convite de Daniel
É RECONFORTANTE SENTIR QUE AS
É RECONFORTANTE SENTIR QUE AS FAMILIAS VALORADES O TRABALLO QUE O PROFESORADO FAI CON TANTO CARIÑO E ABNEGACIÓN.