Escola de Outeiro

PARAUGAS DIVERTIDOS

PARAUGAS DIVERTIDOS

POFE, POFE...!

   

POFE, POFE....!

"POFE, POFE...! Á CALABAZA ESTALLE SAINDO PELO DE CONEJO" (LOIS).

CARAMBA!,PARECE QUE AGORA, COMO ESTAMOS PRETO DO ENTROIDO..., ATA AOS FUNGOS SE LLES DÁ POR DISFRAZAR ÁS CABAZAS DE COELLO.

 

 

   

E PARA O INVERNO... UN BO APORTE DE VITAMINAS

E PARA O INVERNO... UN BO APORTE DE VITAMINAS

AINDA QUE COMEMOS FROITA TODOS OS DÍAS DO ANO, ESTA SEMANA É UN POUCO ESPECIAL PORQUE A COMEMOS DE FORMA DIFERENTE : EN ZUME, EN MACEDONIA E CADA DÍA É UNHA SORPRESA O QUE IMOS COMER.

NECESITAMOS COLLER ENERGÍAS PARA COMBATIR OS VIRUS DA GRIPE PERO TAMÉN PARA RECOLLER TODA A PORQUERÍA QUE APARECE NO PATIO PORQUE NON NOS GUSTA ESTAR EN LUGARES SUCIOS E DESCOIDADOS.


E CO INVERNO CHEGOU....


E CO INVERNO CHEGOU O FRÍO E CO FRÍO....,A NEVE, E COA NEVE..., OS BONECOS DE NEVE E TAMÉN AS ANDORIÑAS REZAGADAS QUE NON SE DERON PRESA EN MARCHAR A FINAIS DO OUTONO, COMO LLES TOCABA, E AGORA HAN QUEDAR APEGADIÑAS AS PAREDES DA ENTRADA DA ESCOLA PARA DE CANDO EN VEZ RECITARLLE O POEMA QUE PARA ELAS COMPUSO ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO, E DE PASO APRENDELO E TAMÉN XOGALO.

 

OS REGALOS DOS REIS

OS REGALOS DOS REIS

E VIÑERON OS REIS E NOS DEIXARON NA ESCOLA UN LIBRO DE CONTOS QUE SE TITULA "PELOSTORTOS", QUE NOS GUSTA MOITO E TAMÉN UN XOGO DE "GUSANITOS XIGANTES" QUE SE PEGAN CON AUGA E SERVEN PARA CONSTRUÍR MOITAS MOITAS COUSAS , E UNHAS MADEIRIÑAS COAS QUE CONSTRUIR UNHA TORRE DA QUE LOGO HAI QUE IR SACANDO DE UNHA EN UNHA SEN QUE SE CAIA, UN XOGO DE CARTAS DE FAMILIAS DE 7 PAÍSES E UNHA CAIXA CON 10 CREBACABEZAS; VIÑAN TODAS AS PEZAS MESTURADAS E AS DE CADA UN TIÑAN UNHA MARQUIÑA DIFERENTE POLA PARTE DE ATRÁS; DEUNOS MOITO TRABALLO CLASIFICALAS PERO AGORA XA  TEMOS AS PEZAS DE CADA UN METIDIÑAS EN CARPETAS DIFERENTES . ESTAMOS APRENDENDO A FACELOS TODOS.

SABEMOS QUE OS TEMOS QUE COIDAR, ASÍ NOLO PEDIRON OS REIS NUNHA CARTA QUE NOS DEIXARON E PROCURAREMOS FACELO.

BO NADAL

BO NADAL

DESDE OUTEIRO VOS DESEXAMOS UN BO NADAL

O OUTONO DE ARCIMBOLDO, E OS NOSOS TAMÉN

O OUTONO DE ARCIMBOLDO, E OS NOSOS TAMÉN

NESTA ESTACIÓN COÑECIMOS A GIUSEPPE ARCIMBOLDO (1527-1593), PINTOR ITALIANO FAMOSO POLOS RETRATOS QUE PINTABA, MOITOS DELES DE PERFIL, A PARTIR DE FLORES, FROITOS, ANIMAIS E OBXECTOS.

ASÍ,ENTRE OUTROS CADROS, PINTOU AS CATRO ESTACIÓN , CADA UNHA DELAS DISTRIBUÍNDO SOBRE O LENZO OS FROITOS CORRESPONDENTES, DE TAL MANEIRA QUE CONSEGUÍA CON GRAN MAESTRÍA QUE DESA COMPOSICIÓN XURDIRA A PRIMAVERA, O VERÁN, O OUTONO E O INVERNO.

NÓS TAMÉN FIXEMOS OS NOSOS OUTONOS UTILIZANDO FOLLAS SECAS E TÉMPERAS: O OUTONO DE SARA, DE LOIS, DE LUCÍA BLANCO, DE LUCÍA HERMO, DE RAFA, DE NOEMÍ E DE TAHIRA.

ESPERAMOS QUE VOS GUSTEN

 


 

O BOSQUE ENCANTADO

 O BOSQUE ENCANTADO


CANDO VISITAMOS A BIBLIOTECA DE "DANIEL", LEVÁMOSLLE UN CONTO QUE FIXEMOS ENTRE OS NENOS E NENAS DAS ESCOLAS DE CRUCEIRO, CUVIDE E OUTEIRO. COMEZOU CRUCEIRO E CANDO CHEGOU A NÓS, ATOPÁMONOS NO MEDIO DUN BOSQUE, E CLARO!, XA SE SABE QUE O BOSQUE É O LUGAR IDÓNEO PARA QUE COMECEN A SAÍR DISTINTOS PERSONAXES COAS SÚAS VOCES CORRESPONDENTES, CHEAS DE INTERSECCIÓNS, PARA DARLLE Á LINGUAXE UN TON EXCLAMATIVO. TAMÉN APARECERON OS PUNTOS SUSPENSIVOS, PALABRAS INVENTADAS, ONOMATOPEAS, O XOAH... XOAH...! DO BATER DAS ALAS DO MORCEGO; PALABRAS SUXERIDAS COMO O PI... PI... DA PANTASMA CANDO SAE "PITANDO", BOCADILLOS COMA OS DOS COMICS, TODA UNHA FESTA RUIDOSA DE SONS, AVENTURA E MOITO DIVERTIMENTO, E TAMÉN DE ACHEGA A MOITOS RECURSOS ESTILÍSTICOS DA LINGUAXE SEN DEIXAR DE LADO A PROPIA ILUSTRACIÓN E COMPOSICIÓN COAS DISTINTAS APORTACIÓNS DE CADA QUEN.

 

 

25 DE NOVEMBRO,STOP Á VIOLENCIA DE XÉNERO

 

 

25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL CONTRA AVIOLENCIA DE XÉNERO

HOXE COÑECIMOS A MALALA, ESA NENA PAKISTANÍ QUE POR DEFENDER O SEU DEREITO DE IR Á ESCOLA FOI TIROTEADA POLOS TALIBÁNS, E ESTAMPAMOS AS NOSAS MANS LARANXAS PARA DICIR STOP Á VIOLENCIA DE XÉNERO PALABRA QUE APRENDIMOS HOXE E COMO DICÍA TAHIRA ,TEMOS QUE DEFENDER ÁS MULLERES E TAMÉN AS ÁRBORES, UNHA BOA ASOCIACIÓN. AMBAS RELACIONADAS COA VIDA E AMBAS AMEAZADAS.

 

 

DE NOVO NA VACARIZA , CELEBRANDO O NOSO MAGOSTO

 

DE NOVO NA VACARIZA, CELEBRANDO O NOSO MAGOSTO

 

QUIXEMOS CELEBRAR CON VÓS, QUE SENTIRADES A CALOR DA BORRALLA, PERO TAMÉN A NOSA. BICOS, VACARIZA

 

Distribuir contido