Escola de Outeiro

Samaín!!

                  

MAGOSTO!

                             

 

 

VOZ NATURA : INVESTIGAMOS SOBRE O SOLO

VOZ NATURA : INVESTIGAMOS O SOLO

UNS DÍAS DESPOIS DA CELEBRACIÓN DO SAMAÍN, AO CHEGAR Á ESCOLA, AS CABAZAS E OUTROS

FROITOS TIÑAN MOFO, PERO A BANDEXA DE PORISPÀN  NON.

DECIDIMOS VER QUE PASABA SE OS CORTABAMOS EN ANAQUIÑOS E OS PLANTABAMOS.

TIÑAMOS TRES BOTELLAS GRANDES DE AUGA. MARÍA CORTOUNAS E COAS PARTES QUE SOBRABAN

FIXEMOS UNS GORROS DE CIENTÍFIC@S E ALE, A TRABALLAR!!!

CORTAMOS ANAQUIÑOS DE CABAZA E DOUTROS FROITOS E PLANTÁMOLOS NUNHA DAS BOTELLAS

NOUTRA BOTELLA, ANAQUIÑOS DE BANDEXA, PLÁSTICOS, TAPAS DE METAL...,

PERO ANTES XOGAMOS A IMMAXINAR : AVIÓNS, HELICÓPTEROS, ILLAS...

NA TERCEIRA SEMENTAMOS UNHA MAZAROCA ENTEIRA DE MILLO

OS TROZOS GRANDES DO QUE CHAMAMOS "MATERIA ORGÁNICA"(A QUE É BOA PARA A TERRA)

LEVÁMOLOS AO COMPOSTEIRO COMO FACEMOS HABITUALMENTE COAS FOLLAS DO NOSO PATIO

LOGO DEBUXAMOS

PASADOS UNS DÍAS...

OS GRANS DA MAZAROCA AGROMARON!!!

REMEXEMOS PARA ATOPAR A MATERIA ORGÁNICA E ESTABA MÀIS DESFEITA.

A MATERIA INORGÁNICA (A QUE É MALA PARA OS ANIMALIÑOS) ESTABA  IGUAL.

 

SEGUIREMOS INVESTIGANDO.

E SE QUEREDES VER O BEN QUE O PASAMOS DURANTE TODA A MAÑÁ, PREMEDE NA PRESENTACIÓN.

 

UNHA VERSIÓN DO "OUTONO" DE ARCIMBOLDO

UNHA VERSIÓN DO "OUTONO" DE ARCIMBOLDO

A ARTE TEN MÚLTIPLES MANIFESTACIÓNS:

  • UXÍO NOVONEYRA, "DICIDOR DA FALA", PINTA O OUTONO COA PALABRA, COA POESÍA, "CAIN AS FOLLAS".
  • ARCIMBOLDO PINTA O SEU ROSTRO,O RETRATO DO OUTONO, CUN COMPENDIO DE FOLLAS CAÍDAS, SETAS E FROITOS DA ESTACIÓN.
  • VIVALDI, NO SEU CONCERTO, OFRÉCENOS NUN 1º MOVEMENTO UNHA DANZA ALEGRE UNIDA ÁS LABORES DO CAMPO PARA PASAR NUN 2ºMOVEMENTO, AOS EFECTOS DO VIÑO, AO BORRACHIÑO QUE ESTÁ UN POUCO "PIRIPI" ÉNTRALLE SOPOR, SOMNOLENCIA,  SONO, SONO NO QUE PODEMOS IMAXINAR A CALIDEZ DAS CORES QUE PINTAN A PAISAXE E POR ÚLTIMO , NO AMENCER, A BATIDA DOS CAZADORES, COA PERSECUCIÓN E MORTE DO ANIMAL QUE FUXE.

NÓS, COS ALOUMIÑOS DAS FOLLAS  NUNHA TARDE TRANQUILA DO COUREL SOÑAMOS QUE NOS TRANSFORMABAMOS EN OBRAS DE ARTE, NUNHA VERSIÓN DO "OUTONO" DE ARCIMBOLDO.

E ASÍ FÓMOLO FACENDO

"CAIN AS FOLLAS" UXÍO NOVONEYRA

CAIN AS FOLLAS...

SINTO UNHA COUSA

QUE SE APOUSA EN MIN E NON ME TOCA...

E CHOVE PRA QUE EU SOÑE

PRA QUE EU SOÑE,

FALA A TARDE BAIXIÑO

UXÍO NOVONEYRA : "OS EIDOS"

 

E COS FROITOS DO OUTONO E OBXECTOS DA AULA... FACEMOSAUTÉNTICOS RETRATOS "ARCIMBOLDESCOS"

E COS FROITOS DO OUTONO E OBXECTOS DA AULA... FACEMOS AUTÉNTICOS RETRATOS "ARCIMBOLDESCOS"

 

OS FROITOS DE OUTONO

OS FROITOS DE OUTONO

COMO CADA ANO, CANDO CHEGA O OUTONO,A CLASE ÉNCHESE DE RICOS FROITOS DA ESTACIÓN QUE NOS OFRECEN A OPORTUNIDADE DE ESPERTAR OS CINCO SENTIDOS : VISTA (COLORES, FORMAS, TAMAÑOS), OLFACTO (ATA CHEGAMOS A SABER SE A FROITA ESTÁ EN SAZÒN OU DEMASIADO MADURA), OIDO (GÚSTANOS ESCOITAR COMO SÓAN AS CABGAZAS AO GOLPEALAS SUAVIÑO OU RODALAS POLA MESA POÑENDO A ORELLA PEGADA Á ELA), GUSTO (DOCE COMO OS GRANS DA GRANADA E AMARGO COMO A PEL AMARELA QUE OS RECUBRE;ACEDO COMO O LIMÓN QUE NOS FAI POÑER CARIÑAS SIMPÁTICAS; SECOS COMA AS CASTAÑAS, CARNOSOS COMA AS MAZÁS, ETC.) E TACTO  (SUAVE COMA A PEL LISADA CABAZA CANDO NON TEN VERRUGAS, RUGOSO COMA A ESPIGA DE MILLO) . 

 

A GUADALUPE : MUSICOGRAMA,CALIGRAMA E FOGOS ARTIFICIAIS

A FESTA DAGUADALUPE : MUSICOGRAMA, CALIGRAMA E FOGOS ARTIFICIAIS

QUE MELLOR COUSA QUE COMEZAR O CURSO CUNHA FESTA E CUNHA CANTIGA QUE XA É TODO UN HIMNO : A RIANXEIRA

CANTÁMOLA MIRANDO POLO MUSICOGRAMA QUE NON É NIN MÁIS NIN MENOS QUE A REPRESENTACIÓN DA MÚSICA MEDIANTE DEBUXOS. ASÍ É DOADO APRENDELA.

LOGO FIXEMOS OS CALIGRAMAS. CADA QUEN O SEU, QUE NON É OUTRA COUSA QUE IR COLOCANDO AS PALABRAS DA CANCIÓN DÁNDOLLE UNHA FORMA, ONDAS, A LARANXEIRA ...

PARA FINALIZAR APRENDEMOS UNHA CANTIGA EN FRANCÉS "LES FEUX D'ARTIFICE" (OS FOGOS ARTIFICIAS) E PINTÁMOLOS TAMÉN

A CARIÑA REDONDIÑA.....

A CARIÑA REDONDIÑA

TEN OLLIÑOS E NARIZ

E TAMÉN UNHA BOQUIÑA

PARA CANTAR E SORRIR

........

COS OLLIÑOS BEN ABERTOS E O SORRISO PRENDIDO NOS LABIOS COMEZAMOS O CURSO E ASÍ QUEREMOS CONTINUAR ATA O FINAL.

Distribuir contido