Escola de Outeiro
PEDRO E O LOBO NO AUDITORIO DE GALICIA
PEDRO E O LOBO NO AUDITORIO DE GALICIA
O PASADO VENRES, 21 DE FEBREIRO, POR FIN, DESPOIS DE ACHEGARNOS AO CONTO MUSICAL "PEDRO E O LOBO", NA CLASE DE MOITAS FORMAS DIFERENTES,TIVEMOS A SORTE DE IR AO AUDITORIO DE GALICIA A REPRESENTACIÓN QUE TIVO LUGAR COA REAL FILHARMÓNICA DE GALICIA BAIXO A DIRECCIÓN DE MAXIMINO ZUMALAVE, E OS TÍTERES DE FÍO DO GRUPO CATALÁN PER POC. UN ESPECTÁCULO DE MARIONETAS DESEÑADO POLA ILUSTRADORA ROSER CAPDEVILA.
PASÁMOLO MOI BEN NO AUTOBÚS E GOZAMOS CO ESPECTÁCULO EN DIRECTO. TODO UN LUXO
- APIs de Blogue
PEDRO E O LOBO
PEDRO E O LOBO
É UN CONTO MUSICAL PARA NARRADOR E ORQUESTRA COMPOSTO POR SERGEI PROKOFIEV EN 1936 NO QUE A PALABRA E A MÚSICA SE FUSIONAN, CREANDO UN RESULTADO MÁXICO QUE NOS CHEGA AO MESMO TEMPO Á MENTE E AO CORAZÓN.
DESPOIS DE VARIOS ANOS FORA DE RUSIA, AO SEU REGRESO, A QUE ERA ENTÓN RESPONSABLE DO TEATRO INFANTIL DE MOSCÚ E DIRECTORA DA ORQUESTA SINFÓNICA , NATALIA SAZ, PROPONLLE A PROKOFIEV QUE COMPOÑA UNHA MÚSICA PARA FAMILIARIZAR AOS NENOS E NENAS COS SONS E INSTRUMENTOS DA ORQUESTRA .SINFÓNICA E PROKOFIEV CREOU UNHA OBRA MESTRA, UN CONTO CUIOS PERSONAXES ESTIVERAN REPRESENTADOS POR INSTRUMENTOS COAS MELODÍAS CORRESPONDENTES.
ASÍ PEDRO ESTARÍA REPRESENTADO POLA FAMILIA DOS INSTRUMENTOS DE CORDA
O PAXARO, POLA FRAUTA VOADORA
O PATO, POR UN OBOE NUN ESTANQUE
O GATO, UN FELINO CLARINETE
O AVÓ, UN FAGOT UN POUCO GRUÑÓN
OS CAZADORES... ATRONADORES !!!
UNHA TROMPA QUE OUVEA??? É O LOBO !!!
PROKPFIEV, SENTOU A BASE QUE SERVIRIA A OUTROS COMPOSITORES PARA CREAR CONTOS MUSICAIS:
- IDENTIFICACIÓN DE ALGÚNS DOS INSTRUMENTOS DA ORQUESTRA CON TEMAS MUSICAIS E COS PERSONAXES DO CONTO.
-A DESCRIPCIÓN ARGUMENTAL SUXERIDA POLAS DIFERENTES MELODÍAS E SECUENCIAS RÍTMICAS
- EQUILIBRADA PROPORCIÓN ENTRE MÚSICA E TEXTO
- APIs de Blogue
WANGARI, OUTRO PERSONAXE DE PAZ
WANGARI MAATHAI, OUTRO PERSONAXE DE PAZ
FOI UNHA MULLER QUE LOITOU POLA CONSERVACIÓN DO MEDIOAMBIENTE, O QUE LLE CUSTOU IR AO CÁRCERE EN VARIAS OCASIÓNS.
CANDO ERA PEQUENA, O SEU PAÍS, KENIA, ERA VERDE, MOI VERDE : MOITAS ÁRBORES DABAN FERMOSURA Á PAISAXE, AO MESMO TEMPO QUE SOMBRA E FROITOS; OS ANIMAIS FACÍAN NELAS OS SEUS NIÑOS E MADRIGUERAS. NESE TEMPO, APRENDEU A AMAR E RESPECTAR A VIDA, POR ISO, CANDO MEDROU, MARCHOU AOS ESTADOS UNIDOS, A ESTUDIAR "BIOLOXÍA", A CIENCIA DA VIDA, PARA SABER COIDAR MELLOR A NATUREZA.
PERO CANDO VOLVEU, PÚXOSE MOI TRISTE : TALARAN AS ÁRBORES PARA CONSTRUÍR EDIFICIOS.
COMEZOU POUCO A POUCO A PLANTAR UNHA ÁRBORE, E DESPOIS OUTRA, E OUTRA...., E CONVENCEU ÁS MULLERES DA ALDEA PARA QUE FIXERAN O MESMO.
FUNDOU O MOVEMENTO "CINTURÓN VERDE", RESPONSABLE DA PLANTACIÓN DE MÁIS DE 30 MILLÓNS DE ÁRBORES POR TODO O PAÍS, EVITANDO ASÍ A EROSIÓN DO CHAN, AO MESMO TEMPO QUE MELLORANDO A CALIDADE DE VIDA DAS MULLERES QUE O LEVABAN A CABO.
FOI AO CÁRCERE EN MOITAS OCASIÓNS, POR FACER O QUE TIÑA QUE FACER, DEFENDER A NATUREZA, POÑÉNDOSE FRENTE AS MÁQUINAS , PROTEXENDO ÁS ÁRBORES, PROTEXENDO A VIDA.
TAMÉN GANDHI ESTIVO PRESO POR FACER O QUE TIÑA QUE FACER, E NELSON MANDELA, E TANTOS OUTROS.
E SE OBSERVADES BEN, WANGARI ESTÁ METIDA NUN CÁRCERE CUIA SILUETA É UNHA POMBA: PODERÁN APRESAR O SEU CORPO PERO NON O SEU ESPÍRITU QUE VOA LIBRE , E O SEU EXEMPLO ESPALLOUSE POLO MUNDO ENTEIRO, E DENDE A SÚA MORTE, NO ANO 2011, LÉVANSE PLANTADAS MÁIS DE 45 MILLÓNS DE ÁRBORES POR TODO O MUNDO. CHAMÁRONLLE "A MULLER ÁRBORE", E TAMÉN , COMO NOUTROS CASOS, PASOU DO CÁRCERE A FORMAR PARTE DO GOBERNO, COMO MINISTRA DE MEDIOAMBIENTE.
NÓS TAMÉN SEGUIREMOS O SEU EXEMPLO, E CANDO NOS MEDREN AS ARBORIÑAS QUE XA COMEZAN A SAÍR DAS SEMENTES DOS FROITOS DO OUTONO, PLANTARÉMOLAS NO NOSO PATIO, NO NOSO PEQUENO BOSQUE, POR DONDE SE CÓA O VENTO E O FRÍO POLAR, CONVERTÉNDONOS EN "CABALOS DE VENTO E BOLBORETAS DE NEVE".
- APIs de Blogue
A NOSA SALINA
A NOSA SALINA
NÓS PENSABAMOS QUE O SAL VIÑA DO SUPERMERCADO, PERO DESPOIS DE COÑECER "A MARCHA DO SAL" DE GANDHI, DÉMONOS CONTA DE QUE NON, E DECIDIMOS FACER UNHA.
COMO POR ENTÓN ESTABAMOS EN ALERTA LARANXA, NON PUIDEMOS COLLER A AUGA NO MAR.
FIXEMOS UN POUCO DE TRAMPA. BOTAMOS SAL NA AUGA, REMEXEMOS E REMEXEMOS E PENSAMOS QUE DESAPARECERA O SAL, PERO PROBAMOS, MOLLANDO O DEDO, E NON, A AUGA ESTABA SALGADA, ASÍ QUE DEBERÍA DE ESTAR "DERRETIDA", PERO CANDO ALGO SE DERRETE, VÉMOLO "ESPACHURRADO", ASÍ QUE DESCUBRIMOS QUE O SAL ESTABA "DISOLTO" NA AUGA. |
COMO NA AULA NON TEMOS O SOL, PUXEMOS A CUNCA AO LADO DO RADIADOR UNS CANTOS DÍAS E COMPROBAMOS QUE A AUGA DESAPARECERA, "EVAPORÁRASE", E NO FONDO QUEDARA O SAL E PARECÍA QUE TIÑA FORMA DE CRISTALIÑOS; DISE QUE O SAL "CRISTALIZA".
AGORA SABEMOS QUE O SAL , AÍNDA QUE O MERQUEMOS NO SUPERMERCADO, OBTENSE NAS SALINAS. |
- APIs de Blogue
GANDHI E A DESOBEDIENCIA CIVIL
GANDHI E A DESOBEDIENCIA CIVIL
SE UN DÍA ALGUÉN SE METERA NAS NOSAS CASAS, NOS COLLERA OS XOGUETES E NOS DIXERA QUE A PARTIR DE AGORA SE QUEREMOS XOGAR CON ELES, TEMOS QUE PAGAR UNS CARTOS PORQUE ASÍ O DI A LEI...., CARAMBA!!!!, ESA LEI QUE CONVIRTE AS NOSAS CASAS EN "COLONIAS" DE ALGUÉN DE FÓRA, SEGURAMENTE NO NOS GUSTARÍA, E SEGURO QUE A DESOBEDECERIAMOS PORQUE SERÍA UNHA LEI INXUSTA.
POIS ISO FIXO GANDHI : O IMPERIO BRITÁNICO CONVERTIRA A INDIA NUNHA "COLONIA", APROPIÁNDOSE DA PRODUCIÓN DE SAL QUE ATA ESE MOMENTO ERA UN ACTO LIBRE DE CADA QUEN; QUEN A NECESITARA PODERÍA PRODUCILA COLLENDO AUGA DO MAR NUNHA CUNCA E DEIXÁNDOA EVAPORAR.
O SAL ERA MOI IMPORTANTE PARA CONSERVAR OS ALIMENTOS XA QUE POR AQUEL ENTÓN, NON HABÍA NEVERAS, ASÍ QUE GANDHI ORGANIZOU O QUE SE CHAMOU "A MARCHA DO SAL" PERCORRENDO 3OO KM. A PÉ EN 25 DÍAS ATA CHEGAR AO OCÉANO INDICO. ALÍ, METÉNDOSE NO MAR COLLEU UNHA CUNCA DE AUGA, E NUN ACTO SIMBÓLICO DIXO : A SAL É NOSA. MOITA XENTE SE LLE UNÍU E FIXERON AS SÚAS PROPIAS SALINAS. OS CÁRCERES ENCHÉRONSE DAQUELAS PERSOAS A QUEN SE LLES CHAMOU "OS LADRÓNS DO SAL"; GANDHI TAMÉN.
O MESMO PASABA COA ROUPA : NA INDIA HABÍA ALGODÓN QUE O IMPERIO BRITÁNICO LEVABA PARA INGLATERRA; ALÍ, NAS FÁBRICAS, CO ALGODÓN FACÍAN A ROUPA QUE LOGO VENDÍAN AOS HINDÚES.
GANDHI NEGOUSE A COMPRAR A ROUPA A INGLATERRA E ANIMOU Á XENTE A FACELA POR SÍ MESMOS. EL TAMÉN A FACÍA.
E COA "DESOBEDIENCIA CIVIL" CONSEGUÍU A INDEPENDENCIA DA INDIA, É DICIR, OS BRITÁNICOS MARCHARON PARA O SEU PAÍS E A INDIA DEIXOU DE SER UNHA "COLONIA" DO IMPERIO BRITÁNICO.
- APIs de Blogue
"LA MURALLA"
"LA MURALLA"
A POMBA DA PAZ TROUXO A ESPERANZA DE QUE TODAS AS MANS, NEGRAS E BRANCAS, SE XUNTARÍAN UN DÍA, E ISO É O QUE EXPRESA O POEMA DE NICOLÁS GUILLÉN, POETA CUBANO, TITULADO "LA MURALLA" AO QUE UN GRUPO DE MÚSICA FOLCLÓRICA, CHILENO, CHAMADO QUILAPAYÚN, PUXO MÚSICA PARA QUE NÓS XUNTARAMOS AS NOSAS AO SEU RITMO.
- APIs de Blogue
A POMBA COMO SÍMBOLO DA PAZ
A POMBA COMO SÍMBOLO DA PAZ
EL SEÑOR ENVÍA UN DILUVIO UNIVERSAL POLO MAL COMPORTAMENTO DOS HABITANTES DA TERRA; SÓ SE SALVA NOÉ, A SÚA FAMILIA E UNHA PARELLA DE ANIMAIS DE CADA ESPECIE. PASADOS 4O DÍAS, SERÁ A POMBA QUEN SOBREVOANDO A TERRA, DESCUBRA QUE AS AUGAS VOLVERON AOS SEUS CAUCES, QUE A TERRA VOLVE A DAR FROITOS E COMO PROBA, TRAERÁ UNHA RAMIÑA DE OLIVEIRA NO SEU BICO COA ESPERANZA DE QUE OS HABITANTES DA TERRA SABERÁN SER EN ADIANTE, RESPECTUOSOS COS FROITOS E CON ELES MESMOS.
- APIs de Blogue
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- seguinte ›
- última »