WANGARI, OUTRO PERSONAXE DE PAZ

WANGARI MAATHAI, OUTRO PERSONAXE DE PAZ

FOI UNHA MULLER QUE LOITOU POLA CONSERVACIÓN DO MEDIOAMBIENTE, O QUE LLE CUSTOU IR AO CÁRCERE EN VARIAS OCASIÓNS.

CANDO ERA PEQUENA, O SEU PAÍS, KENIA, ERA VERDE, MOI VERDE : MOITAS ÁRBORES DABAN FERMOSURA Á PAISAXE, AO MESMO TEMPO QUE SOMBRA E FROITOS; OS ANIMAIS FACÍAN NELAS OS SEUS NIÑOS E MADRIGUERAS. NESE TEMPO, APRENDEU A AMAR E RESPECTAR A VIDA, POR ISO, CANDO MEDROU, MARCHOU AOS ESTADOS UNIDOS,  A ESTUDIAR "BIOLOXÍA", A CIENCIA DA VIDA, PARA SABER COIDAR MELLOR A NATUREZA.

 

PERO CANDO VOLVEU, PÚXOSE MOI TRISTE : TALARAN AS ÁRBORES PARA CONSTRUÍR EDIFICIOS. 

COMEZOU POUCO A POUCO A PLANTAR UNHA ÁRBORE, E DESPOIS OUTRA, E OUTRA...., E CONVENCEU ÁS MULLERES DA ALDEA PARA QUE FIXERAN O MESMO.

 FUNDOU O MOVEMENTO "CINTURÓN VERDE", RESPONSABLE DA PLANTACIÓN DE MÁIS DE 30 MILLÓNS DE ÁRBORES POR TODO O PAÍS, EVITANDO ASÍ A EROSIÓN DO CHAN, AO MESMO TEMPO QUE MELLORANDO A CALIDADE DE VIDA DAS MULLERES QUE O LEVABAN A CABO.

 FOI AO CÁRCERE EN MOITAS OCASIÓNS, POR FACER O QUE TIÑA QUE FACER, DEFENDER A NATUREZA,  POÑÉNDOSE FRENTE AS MÁQUINAS , PROTEXENDO ÁS ÁRBORES, PROTEXENDO A VIDA.

TAMÉN GANDHI ESTIVO PRESO POR FACER O QUE TIÑA QUE FACER, E NELSON MANDELA, E TANTOS OUTROS.

E SE OBSERVADES BEN, WANGARI ESTÁ METIDA NUN CÁRCERE CUIA SILUETA É UNHA POMBA: PODERÁN APRESAR O SEU CORPO PERO NON O SEU ESPÍRITU QUE VOA LIBRE , E O SEU EXEMPLO ESPALLOUSE POLO MUNDO ENTEIRO, E DENDE A SÚA MORTE, NO ANO 2011, LÉVANSE PLANTADAS MÁIS DE 45 MILLÓNS DE ÁRBORES POR TODO O MUNDO. CHAMÁRONLLE "A MULLER ÁRBORE", E TAMÉN , COMO NOUTROS CASOS, PASOU DO CÁRCERE A  FORMAR PARTE DO GOBERNO, COMO MINISTRA DE MEDIOAMBIENTE. 

NÓS TAMÉN SEGUIREMOS O SEU EXEMPLO, E CANDO NOS MEDREN AS ARBORIÑAS QUE XA COMEZAN A SAÍR DAS SEMENTES DOS FROITOS DO OUTONO, PLANTARÉMOLAS NO NOSO PATIO, NO NOSO PEQUENO BOSQUE, POR DONDE SE CÓA O VENTO E O FRÍO POLAR, CONVERTÉNDONOS EN "CABALOS DE VENTO E BOLBORETAS DE NEVE".