PEDRO E O LOBO
PEDRO E O LOBO
É UN CONTO MUSICAL PARA NARRADOR E ORQUESTRA COMPOSTO POR SERGEI PROKOFIEV EN 1936 NO QUE A PALABRA E A MÚSICA SE FUSIONAN, CREANDO UN RESULTADO MÁXICO QUE NOS CHEGA AO MESMO TEMPO Á MENTE E AO CORAZÓN.
DESPOIS DE VARIOS ANOS FORA DE RUSIA, AO SEU REGRESO, A QUE ERA ENTÓN RESPONSABLE DO TEATRO INFANTIL DE MOSCÚ E DIRECTORA DA ORQUESTA SINFÓNICA , NATALIA SAZ, PROPONLLE A PROKOFIEV QUE COMPOÑA UNHA MÚSICA PARA FAMILIARIZAR AOS NENOS E NENAS COS SONS E INSTRUMENTOS DA ORQUESTRA .SINFÓNICA E PROKOFIEV CREOU UNHA OBRA MESTRA, UN CONTO CUIOS PERSONAXES ESTIVERAN REPRESENTADOS POR INSTRUMENTOS COAS MELODÍAS CORRESPONDENTES.
ASÍ PEDRO ESTARÍA REPRESENTADO POLA FAMILIA DOS INSTRUMENTOS DE CORDA
O PAXARO, POLA FRAUTA VOADORA
O PATO, POR UN OBOE NUN ESTANQUE
O GATO, UN FELINO CLARINETE
O AVÓ, UN FAGOT UN POUCO GRUÑÓN
OS CAZADORES... ATRONADORES !!!
UNHA TROMPA QUE OUVEA??? É O LOBO !!!
PROKPFIEV, SENTOU A BASE QUE SERVIRIA A OUTROS COMPOSITORES PARA CREAR CONTOS MUSICAIS:
- IDENTIFICACIÓN DE ALGÚNS DOS INSTRUMENTOS DA ORQUESTRA CON TEMAS MUSICAIS E COS PERSONAXES DO CONTO.
-A DESCRIPCIÓN ARGUMENTAL SUXERIDA POLAS DIFERENTES MELODÍAS E SECUENCIAS RÍTMICAS
- EQUILIBRADA PROPORCIÓN ENTRE MÚSICA E TEXTO
- APIs de Blogue