GANDHI E A DESOBEDIENCIA CIVIL
GANDHI E A DESOBEDIENCIA CIVIL
SE UN DÍA ALGUÉN SE METERA NAS NOSAS CASAS, NOS COLLERA OS XOGUETES E NOS DIXERA QUE A PARTIR DE AGORA SE QUEREMOS XOGAR CON ELES, TEMOS QUE PAGAR UNS CARTOS PORQUE ASÍ O DI A LEI...., CARAMBA!!!!, ESA LEI QUE CONVIRTE AS NOSAS CASAS EN "COLONIAS" DE ALGUÉN DE FÓRA, SEGURAMENTE NO NOS GUSTARÍA, E SEGURO QUE A DESOBEDECERIAMOS PORQUE SERÍA UNHA LEI INXUSTA.
POIS ISO FIXO GANDHI : O IMPERIO BRITÁNICO CONVERTIRA A INDIA NUNHA "COLONIA", APROPIÁNDOSE DA PRODUCIÓN DE SAL QUE ATA ESE MOMENTO ERA UN ACTO LIBRE DE CADA QUEN; QUEN A NECESITARA PODERÍA PRODUCILA COLLENDO AUGA DO MAR NUNHA CUNCA E DEIXÁNDOA EVAPORAR.
O SAL ERA MOI IMPORTANTE PARA CONSERVAR OS ALIMENTOS XA QUE POR AQUEL ENTÓN, NON HABÍA NEVERAS, ASÍ QUE GANDHI ORGANIZOU O QUE SE CHAMOU "A MARCHA DO SAL" PERCORRENDO 3OO KM. A PÉ EN 25 DÍAS ATA CHEGAR AO OCÉANO INDICO. ALÍ, METÉNDOSE NO MAR COLLEU UNHA CUNCA DE AUGA, E NUN ACTO SIMBÓLICO DIXO : A SAL É NOSA. MOITA XENTE SE LLE UNÍU E FIXERON AS SÚAS PROPIAS SALINAS. OS CÁRCERES ENCHÉRONSE DAQUELAS PERSOAS A QUEN SE LLES CHAMOU "OS LADRÓNS DO SAL"; GANDHI TAMÉN.
O MESMO PASABA COA ROUPA : NA INDIA HABÍA ALGODÓN QUE O IMPERIO BRITÁNICO LEVABA PARA INGLATERRA; ALÍ, NAS FÁBRICAS, CO ALGODÓN FACÍAN A ROUPA QUE LOGO VENDÍAN AOS HINDÚES.
GANDHI NEGOUSE A COMPRAR A ROUPA A INGLATERRA E ANIMOU Á XENTE A FACELA POR SÍ MESMOS. EL TAMÉN A FACÍA.
E COA "DESOBEDIENCIA CIVIL" CONSEGUÍU A INDEPENDENCIA DA INDIA, É DICIR, OS BRITÁNICOS MARCHARON PARA O SEU PAÍS E A INDIA DEIXOU DE SER UNHA "COLONIA" DO IMPERIO BRITÁNICO.
- APIs de Blogue